Skip to main content

El presidente de la Xunta pide en Bruselas que los astilleros de Ferrol se abran a la construcción civil

El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, defendió en Bruselas que se levante el veto de la Unión Europea (UE) que impide a los astilleros de la Ría de Ferrol construir buques civiles, según explicó a los medios tras reunirse con el comisario de Asuntos Económicos, Joaquín Almunia. Feijóo subrayó que el fin de la prohibición a los astilleros públicos de Ferrol de construir buques civiles «respetaría las leyes de competencia», ya que los diques «vacíos» se destinarían a las actividades de compañías privadas. Así, instó a que se desvincule del astillero ferrolano de Navantia, los diques que no se utilizan para, de este modo, adjudicarlos, mediante un sistema de concesión pública, a otros astilleros que «quieran crear empleo».

El presidente gallego señaló que ya hay empresas privadas interesadas en construir buques en la Ría de Ferrol, pero subrayó que antes de iniciar los contactos, es necesario conseguir la aprobación de la UE. Además, confirmó que el presidente del Gobierno central, José Luis Rodríguez Zapatero, se ha comprometido a presionar a las autoridades comunitarias para desbloquear la situación de los astilleros durante la presidencia española de la Unión Europea, en el primer semestre de 2010. «Tener un astillero vacío, donde crece hierba y que no se puede utilizar por nadie, no tiene sentido en una España que es el primer país en desempleo de la Unión», concluyó.

También volvió a defender que Galicia no pierda de forma inmediata los Fondos de Cohesión a partir de 2013, cuando dejará de ser considerada como región «objetivo uno». El presidente de la Xunta plantea que se fije un «aterrizaje suave» para aquellas regiones que en 2013 saldrán del conocido como «objetivo uno» de los fondos, destinado a los territorios más desfavorecidos de la Unión Europea (UE). «No podemos perder de forma abrupta los casi seis mil millones de euros que va a recibir Galicia en el periodo 2009-2013 procedentes de estos fondos», dijo. En su opinión, esta cantidad es necesaria para que Galicia «pueda seguir convergiendo con la media de la renta de Europa».

El presidente mostró también su preocupación por la crisis que vive el sector lácteo en toda Galicia por la caída de los precios que impide a los productores cubrir costes. Feijóo criticó la decisión de la Unión Europea de eliminar las cuotas a la producción lechera en 2015, ya que considera que «no tiene ningún sentido» liberalizar el mercado sin ni siquiera haber previsto un «sistema de compensación» para aquellos ganaderos que tuvieron que afrontar en el pasado los pagos de las cuotas. En su primer viaje oficial a Bruselas como presidente de la Xunta, Feijóo se reunió con diferentes autoridades comunitarias como el presidente de la Comisión Europea (CE), José Manuel Durao Barroso, o la presidenta de la comisión de Política Regional, Danuta Hübner, con el fin de «defender los intereses» de Galicia, concluyó.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

“Viñemos defender a Bruxelas os intereses económicos de Galicia respectando as regras da competencia, respectando os antecedentes da UE; viñemos defender os fondos das próximas lexislaturas galegas, 2013 e seguintes; e viñemos defender, loxicamente, os temas que nos preocupan: o sector lácteo, o sector conserveiro, o sector pesqueiro, o sector acuícola, e o sector naval”. Así o asegurou en Bruxelas o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, logo de manter unha xuntanza coa presidenta da Comisión de Política Rexional, Danuta Hübner, e de reunirse co comisario de Asuntos Económicos e Monetarios, Joaquín Almunia.

“Estas son cuestións básicas para nós”, remarcou o mandatario galego, avanzando que se vai “satisfeito” de que tanto o presidente da Comisión Europea, como o presidente do Parlamento Europeo, o presidente da Comité das Rexións, a presidenta da Comisión de Política Rexional e o comisario de Asuntos Económicos se comprometeran a estudar o reparto dos fondos europeos e conten “con dossieres actualizados dos temas que a Galicia lle interesan e nos que a comunidade ten que seguir traballando”.

Segundo destacou o presidente da Xunta, un dos asuntos prioritarios na axenda desta mañá en Bruxelas foi o do reparto dos fondos europeos. Neste sentido, aproveitou as xuntanzas con Hübner e con Almunia para explicarlle que Galicia “se xoga moitísimo diñeiro para seguir converxendo en renda coa media de Europa a partires dos presupostos de 2014 e 2020”. “E aí temos que estar, temos que estar desde o principio, con tempo suficiente, traballando, facendo un lobby entre as dezaseis rexións que poden estar na mesma situación”, explicou Feijóo argumentando que Galicia non pode perder “de forma abrupta case 6.000 millóns de euros dos que ten no período 2009-2013”.

Xunto con isto tamén tratou a posibilidade de incrementar os fondos transfronteirizos. “Temos aínda a posibilidade de permeabilizar máis a antiga fronteira entre Portugal e Galicia pola Rexión Norte, e temos a necesidade de insistir na importancia, para facer unha Europa de verdade, nos fondos transfronteirizos”, afirmou Feijóo.

O presidente da Xunta avanzou que atopou unha “excepcional recepción, tanto da aterraxe suave dos fondos europeos como dos fondos transfronteirizos”, por parte de Danuta Hübner e do comisario Joaquín Almunia que, dixo, “valou positivamente que esteamos a traballar neste asunto con antelación”.

O mandatario galego tamén lle plantexou ao comisario de Asuntos Económicos e Monetarios da UE a necesidade de levantar o veto para a construción civil naval na ría de Ferrol. Nesta liña, Alberto Núñez Feijóo propúxolle a Joaquín Almunia que os diques de Navantia que están en desuso poidan ser utilizados por empresas privadas para a fabricación de barcos. Trataríase, segundo explicou Feijóo, de que “os diques que non utilizan actualmente os estaleiros públicos os poidan utilizar outro tipo de estaleiros privados para fabricar barcos na ría de Ferrol, dar man de obra e non ter que construír barcos fóra de Galicia porque non temos un dique na ría de Ferrol”.

“Temos un dique en desuso”, engadiu, e “o lóxico é que, respectando por suposto as leis de competencia, as infraestruturas que non se utilizan se poidan utilizar”. “Hai estaleiros en Galicia que poderían estar interesados en utilizar esas infraestruturas e o único que pedimos é segregar das instalacións de Navantia as partes que non se utilizan, as partes sobrantes, e que se poidan dedicar, mediante un sistema de concesión pública, a outros estaleiros que queiran crear emprego e facer buques na ría de Ferrol”, concretou.

O mandatario autonómico sinalou que este é un asunto no que o Goberno galego vai seguir traballando e lembrou o compromiso do Goberno de España para tentar desbloquear esta situación durante a súa Presidencia na UE.

No encontro con Joaquín Almunia, Alberto Núñez Feijóo tamén abordou outros temas de especial interese para a comunidade galega: o sector lácteo e o sector pesqueiro e conserveiro e acuícola.

Respecto do primeiro, o presidente galego manifestou a necesidade de que haxa unha solución para as cotas lácteas. “Non ten ningún sentido que un gandeiro tivera que comprar cota para poder producir e agora Europa, que obrigada a comprar esa cota, diga que esa cota non vale nada e que a liberalización total das cotas non vai ter volta atrás, nin sequera un mecanismo de compensación para todos aqueles que se viron na obriga de comprar cota, na obriga de desembolsar moitísimo diñeiro, que moitos deses gandeiros aínda hoxe deben”, abondou. Feijóo indicou que este asunto “foi entendido polo comisario”, a quen lle trasladou a importancia de buscar solución ao tema do dumping que, dixo, “na nosa opinión se está producindo desde algúns países europeos, metendo litros de leite a baixo custe en España, e que está afectando claramente á supervivencia da gandería láctea de Galicia”.

Polo que respecta ao sector conserveiro, o titular da Xunta avogou por ser “moi restritivo coa posibilidade real de converter Papúa-Nova Guinea nunha zona franca da conserva e coa posibilidade de que ese pequeno país sexa utilizado por plataformas conserveiras de Filipinas, China ou Tailandia para exportar masivamente sen aranceis conservas á Unión Europea”. “Creo que este asunto chamou a atención tanto do presidente Durao Barroso como do comisario Joaquín Almunia de que loxicamente hai que monitorizar e tutelar para que Nova Guinea non se converta nunha zona franca da conserva e que desde aí non se sigan as regras da competencia e as regras que afectan á UE”, engadiu.

Feijóo incidiu, ademais, na necesidade de axilizar os fondos da acuicultura, uns fondos que, ao seu entender, “están mal deseñados” e que se deben modificar para posibilitar que máis empresas poidan facer plantas de acuicultura e poidan recibir fondos, concluíu.
R.