Skip to main content

El presidente de la Xunta apuesta por un sistema portuario gallego único y competitivo

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abogó por crear en Galicia un "sistema portuario único y competitivo" para obtener el mayor beneficio de su situación estratégica en las rutas marítimas internacionales y con el fin de aprovechar la oportunidad de mejorar tráficos con la ampliación del Canal de Panamá. De hecho, el máximo mandatario autonómico auguró que esta infraestructura marítima será "muy importante" para el tráfico marítimo internacional y, especialmente, para "los primeros puertos europeos desde América, que son precisamente los puertos gallegos".

En su visita al puerto de la localidad pontevedresa de Marín, Feijóo destacó que la "efectiva gestión" de este puerto le está permitiendo "aguantar" la crisis mejor que otros, ya que el descenso experimentado en sus tráficos, "del cinco o seis por ciento", es muy inferior al registrado en otros puertos en Galicia y el resto del Estado. Así, sostuvo que el puerto de Marín se está gestionando con "inteligencia", puesto que en él se aplica una política de "austeridad en los gastos corrientes y ahorro del gasto innecesario, que se traslada a una disminución de las tasas y los costes a las empresas que operan en el puerto".

Concretamente, apuntó que, durante este año 2009, los costes de las empresas que operan en este puerto disminuyeron en 500.000 euros. "Para que las empresas sigan aquí" enfatizó Feijóo, quien se mostró "confiado" en que la infraestructura marítima de Marín saldrá de esta situación de crisis "antes que la mayoría".

Con motivo de su primera visita oficial como presidente de la Xunta al Puerto de Marín, Alberto Núñez Feijóo reiteró ante el presidente de la Autoridad Portuaria, José Benito Suárez Costa, que sus características de puerto "seguro, fácil de maniobrar y equilibrado" le confieren una situación privilegiada, ante el reto de futuro de mantener los tráficos actuales y "conseguir más". En este sentido, destacó que cuenta con unas instalaciones "únicas en España", como un dique cubierto para carga y descarga que permite custodiar la pasta de papel con una enorme calidad, sin que le afecten las condiciones meteorológicas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apostou por construír un sistema portuario integral que sitúe Galicia como un punto estratéxico nas rutas marítimas internacionais. Na visita que realizou esta mañá ao porto de Marín, acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, Feijóo avogou por complementar a actividade dos portos galegos e construír un “sistema portuario único”.

“Temos claro que o porto de Marín é un dos cinco primeiros portos de Galicia e que o que temos é que complementar a actividade dun sistema portuario galego único, dun sistema portuario competitivo e que os cinco portos de interese xeral que o conforman se complementen entre si, non só para manter os tráficos estratéxicos que teñen senón, sobre todo, para incrementar. O obxectivo é incrementar, o obxectivo é subir, o obxectivo é conseguir máis tráficos, máis mercadorías, máis actividade económica, máis emprego, en definitiva, facer un mellor porto”, aseverou.

O xefe do Executivo galego considerou que a ampliación do canal de Panamá será “unha oportunidade para mellorar tráficos, para incrementar mercadorías e actividade nos portos galegos” xa que será moi importante para a ampliación do tráfico marítimo internacional e “para os primeiros portos europeos desde América, que son os portos galegos”, remarcou.

Na súa intervención, o mandatario autonómico referiuse ao bo comportamento que está a rexistrar o porto de Marín nas actuais circunstancias económicas. “O porto de Marín é un exemplo de porto equilibrado, dun porto que, a pesar da forte recesión económica, está aguantando mellor que outros a baixada de tráficos”, sinalou lembrando que a diminución dos tráficos foi neste caso de arredor do 5-6 por cento, mentres que outros portos de España teñen rexistrado baixadas que roldan o 20-25 por cen e incluso chegan ao 40 por cen.

O de Marín, explicou Feijóo, “é un porto seguro, ten un abrigo natural; é un porto no que é fácil manobrar; é un porto equilibrado desde o punto de vista das mercadorías que aquí se tramitan; é un porto con actividade industrial, con estaleiros punteiros no que se refire a barcos de recreo; e un porto que xera, entre emprego directo e indirecto, 7.000 postos de traballo”. Na mesma liña, destacou que conta con instalacións “únicas en España”. “Este é o único dique cuberto para carga e descarga; pódese cargar e descargar en calquera momento sen que lle afecten as condicións meteorolóxicas, salvagardando a calidade do produto”, incidiu.

O presidente da Xunta aludiu a que nos momentos de recesión e crise económica os portos poden ser unha alternativa para o abaratamento do transporte e do tráfico de mercadorías. A este respecto puxo como exemplo o porto de Marín que, dixo, está sendo xestionado “con intelixencia”, “aplicando a austeridade no gasto innecesario e trasladándoa ao abaratamento dos custes dos operadores”.

Feijóo agradeceu o traballo da autoridade portuaria nesta dobre vertente: da austeridade e da incentivación dos operadores e das empresas instaladas no porto. “Austeridade nos gastos correntes e aforro no gasto innecesario que se está trasladando a diminuír as taxas e os custes das empresas que operan no porto”, insistiu lembrando que neste ano 2009 xa diminuíron os custos das empresas que operan en Marín en medio millón de euros.

“Isto significa que o porto está afrontando ben a crise, e vese reflectido en que a baixada dos tráficos aquí é unha baixada moi por debaixo da media de toda España”, insistiu Feijóo amosando a súa confianza de que este será tamén un dos primeiros portos en saír da crise económica que sofre o país enteiro.

Por último, o mandatario autonómico incidiu en que a vontade do Goberno galego é profundizar nunha maior competencia e no maior protagonismo da Xunta na xestión dos portos de interese xeral do Estado, sen discriminación algunha. Lembrou que nestes momentos está aberto o debate en toda España sobre o futuro dos portos de interese xeral do Estado e que a Xunta, a medida que avance esta negociación, irá perfilando posturas.
R.