Skip to main content

Luz verde al Plan de Vivienda 2009-2012: la Xunta concede ayudas por importe de 600 millones de euros que beneficiarán a más de 50.000 familias

El Consello de la Xunta dio luz verde al decreto que regula todo el Plan de Vivenda 2009-2012 que beneficiará a 50.755 familias gallegas, con ayudas por importe de casi 600 millones de euros. Así lo destacó el máximo mandatario gallego, Alberto Núñez Feijóo, en la rueda de prensa posterior del Consello de la Xunta, celebrado en Ourense. "Este decreto permite calificar como protegidas viviendas y catalogar como vivienda libres acabadas hace un año en cualquier edificio o ciudad, siempre que se sometan a los requisitos de precio y superficie", explicó.

Núñez Feijóo comentó que este decreto permite, asimismo, la calificación individual de viviendas aisladas en edificios en venta, por lo que consideró que supone un "paso claro" para movilizar el mercado de la compra venta de vivienda. De este modo, afirmó que conlleva una inyección de 600 millones de euros que va a generar un volumen de negocio de 3.000 millones entre 2009 y 2015, así como la creación de 40.000 empleos. "Vamos en una dirección adecuada. Ahora está por ver la demanda", aseveró.

Con este plan, todas las familias gallegas que accedan a una vivienda protegida sin haber sido antes propietarios tendrán una ayuda directa de la Xunta de 2.000 euros, siempre que los ingresos familiares no superen 2,5 veces el Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (Iprem). El Gobierno gallego subvencionará también la adquisición de vivienda por menores de 35 años, familias numerosas, familias monoparentales con hijos, familias con dependientes o con miembros con discapacidad, mujeres víctimas de la violencia de género, víctimas del terrorismo y personas separadas o divorciadas que perdieran sus casas.

En cada caso se recoge una ayuda de 2.000 euros, acumulables cuando el comprador se encuentre en más de una de las citadas circunstancias. En el caso de familias numerosas de cinco o más miembros la ayuda se incrementará en otros 2.000, pasando a ser de 4.000 euros. En el caso de grupos en grave riesgo de exclusión social, como chabolistas e emigrantes retornados, que acceden a la vivienda en propiedad, la ayuda será del 25 por ciento, con un límite máximo de 17.000 euros. Esta ayuda, que ya fue introducida por la Xunta en los planes 2002-2005 y 2205-2008, "no es compatible" con el resto de ayudas autonómicas.

Entre las novedades del decreto, se amplía, según la Xunta, de forma "sustancial" la población susceptible de recibir ayudas para la adquisición de vivienda, incluyendo a las familias con ingresos entre 3,5 y 4,5 veces el iprem, que en el plan anterior no tenían derecho a ayudas directas y únicamente podían recibir subsidiación del préstamo cuando se trataba de primer acceso a la vivienda. Las ayudas establecidas por la Xunta son, además, compatibles con las financiadas por el Ministerio de Vivienda, pero gestionadas por la Xunta de Galicia. Pueden alcanzar un máximo de 8.000 euros para todos los compradores de vivienda protegida con ingresos que no superen 2,5 veces el Iprem.

Habrá una ayuda de 11.000 para mujeres víctimas de la violencia de género, víctimas del terrorismo y personas separadas o divorciadas, que perdieron a su vivienda y estén al corriente de pago de las pensiones alimenticias o compensatorias y tiene ingresos que no superen 2,5 veces o Iprem. Estas ayudas no son compatibles entre sí, pero pueden acumularse con las del Gobierno gallego.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou que o Plan de Vivenda 2009-2012, aprobado no Consello da Xunta, permitirá a catalogación de máis de 50.000 vivendas como de protección oficial, co obxectivo de que máis familias poidan ter acceso a axudas públicas. O titular da Xunta explicou que este Plan suporá a mobilización de máis de 600 millóns de euros entre o Goberno galego e o central, e remarcou que se trata dunha aposta polo sector da construción. “Somos sensibles ao parón neste sector e por iso queremos incentivar a venta de vivendas”, afirmou.

“Implantamos o acordo ao que chegamos co Goberno central, e innovamos”, dixo o presidente galego, quen explicou as dúas innovacións fundamentais que inclúe este decreto: que permite cualificar como protexidas vivendas individuais en edificios xa construídos sempre e cando o prezo e a superficie estea dentro do catálogo de vivenda pública protexida; e que se permite catalogar como protexida as vivendas rematadas como mínimo desde hai un ano en calquera cidade ou edificio, sempre que cumpran as condicións legais deste tipo de vivendas.

Así mesmo, o presidente galego avanzou que esta inxección de 600 millóns de euros xerará un volume de negocio de 3.000 millóns de euros, e a creación de 40.000 novos postos de traballo, o que supón un incremento sobre o anterior plan de vivenda do 56,7%. Feijóo explicou que este Plan conlevará axudas de entre 7.000 e 10.000 euros para as familias galegas, e avanzou que, con carácter xeral, poderán ter acceso a estas subvencións as familias cuxa renda sexa inferior a 2,5 veces o Iprem (Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples). Nesta liña, adiantou que tamén terán dereito a estas axudas os menores de 35 anos, as familias numerosas, as monoparentais, ou as persoas dependentes ou que sofren algún tipo de discapacidade, que poderán ter acceso a axudas de ata 14.000 euros.

No transcurso da súa intervención, o presidente galego salientou a aprobación de dúas medidas de loita contra a recesión económica: o apoio á formación de traballadores, e a posta en marcha dunha liña de axudas para fomentar o autoemprego en traballadores que esgotaron as súas prestacións. Así, e respecto ás axudas a formación, Feijóo explicou que se investirán case 12 millóns para financiar 850 accións formativas con 20.000 destinatarios potenciais.

Ademais, e con respecto ao autoemprego, o titular da Xunta, remarcou que se trata dunha liña de subvencións que nace do diálogo social, e que suporá unha subsidiación dos tipos de xuro de ata o 6%. “Todos os préstamos para investimentos, formación e autoemprego estarán subsidiados na súa totalidade pola Xunta de Galicia ata 6 puntos”, afirmou Núñez Feiijóo, quen tamén destacou a aprobación en Consello da creación dun rexistro de asociacións de traballadores autónomos para facilitar a interlocución co Goberno galego.

“Temos que incentivar a creación de emprego en vez dos subsidios; os parados queren traballar, o subsidio ten que ser a última alternativa”, manifestou o presidente da Xunta, quen avanzou que xa son 10.000 as persoas contratadas coas liñas de axudas e incentivación postas en marcha pola Xunta.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de la Xunta de Galicia:

Tódalas familias galegas que accedan a unha vivenda protexida sen ter sido antes propietarias terán unha axuda directa da Xunta de Galicia de 2.000 euros, sempre que os ingresos familiares non superen 2,5 veces o iprem (Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples), segundo establece o Decreto polo que se regulan as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da comunidade autónoma de Galicia e a xestión das previstas polo Ministerio de Vivenda no Plan de Vivenda e Solo 2009-2012 e que foi aprobado polo Consello da Xunta.

A Xunta de Galicia subvencionará tamén a adquisición de vivenda por menores de 35 anos, familias numerosas, familias monoparentais con fillos, familias con dependentes ou con membros con discapacidade, mulleres vítimas da violencia de xénero, vítimas do terrorismo e persoas separadas ou divorciadas que perderan as súas vivendas. En cada caso contémplase unha axuda de 2.000 euros, acumulables cando o adquirente se atope en máis dunha das devanditas circunstancias. No caso de familias numerosas de 5 ou máis membros a axuda incrementarase noutros 2.000 euros, pasando a ser de 4.000 euros.

No caso de grupos en grave risco de exclusión social, como chabolistas e emigrantes retornados, que acceden á vivenda en propiedade, a axuda será do 25 por cento, cun límite máximo de 17.000 euros. Esta axuda, que xa fora introducida pola Xunta de Galicia nos planes 2002-2005 e 2005-2008, non é compatible co resto de axudas autonómicas.

Outra das novidades deste Decreto é que se amplía de forma substancial a poboación susceptible de recibir axudas para a adquisición de vivenda, incluíndo ás familias con ingresos entre 3,5 e 4,5 veces o iprem, que no plan anterior non tiñan dereito a axudas directas e unicamente podían recibir subsidiación do préstamo cando se trataba de primeiro acceso á vivenda.

As axudas establecidas pola Xunta de Galicia son ademais compatibles coas financiadas polo Ministerio de Vivenda pero xestionadas pola Xunta de Galicia.

Estas axudas poden acadar un máximo de 8.000 euros para tódolos adquirentes de vivenda protexida con ingresos que non superen 2,5 veces o iprem. A contía redúcese a 7.000 e 5.000 euros cando os ingresos están entre 2,5 e 3,5 ou entre 3,5 e 4,5 veces o iprem respectivamente. Tódalas axudas estatais para familias con ingresos entre 3,5 e 4,5 veces o iprem son de nova creación neste Plan, o mesmo que no caso das axudas autonómicas.

Os menores de 35 anos terán unha axuda de 9.000, 8.000 ou 6.000 euros segundo os tramo de ingresos no que se atopen.

As axudas poderán acadar os 12.000 euros no caso de familias numerosas, familias monoparentais con fillos e familias con persoas dependentes ou con discapacidades oficialmente recoñecidas, sempre que os ingresos non superen 2,5 veces o iprem. Para os outros dous tramos de renda (2,5-3,5 e 3,5-4,5 iprem) as axudas serán de 10.000 e 8.000 euros respectivamente.

Finalmente haberá unha axuda de 11.000 euros para mulleres vítimas da violencia de xénero, vítimas do terrorismo e persoas separadas ou divorciadas, que perderon a súa vivenda e estean ao corrente de pago das pensións alimenticias ou compensatorias e teñen ingresos que non superen 2,5 veces o iprem. Para as familias comprendidas neste suposto e nos outros dous tramos de renda a axuda será de 9.000 e 7.000 euros respectivamente.

Estas axudas non son compatibles entre si, pero poden acumularse coas da Xunta de Galicia.

Ademais tódolos compradores de vivendas ao amparo deste Decreto, con ingresos que non superen 4,5 veces o iprem, terán dereito á subsidiación do préstamo obtido para a compra da vivenda. A subsidiación será aplicable durante os cinco primeiros anos do préstamo, ampliables a outros cinco, e a súa contía será de ata 100 euros por cada 10.000 euros de préstamo, segundo os tramos de renda nos que se atopen os beneficiarios (80 euros para o tramo intermedio e 60 para o superior).

Esta subsidiación incrementarase en 50 euros para familias numerosas, familias monoparentais con fillos e familias con persoas dependentes ou con discapacidade cuxos ingresos non superen 2,5 veces o iprem. No caso de que os ingresos estean entre 2,5 e 4,5 veces o iprem o incremento da subsidiación será de 30 euros por cada 10.000 de préstamo.
O Plan de Vivenda 2009-2012 en Galicia prevé a promoción de 13.780 vivendas protexidas de nova construción ao longo dos catro anos de vivencia do mesmo, das que 9.620 serán para venda e 3.980 para alugueiro. Asemade, o Ministerio de Vivenda cofinanciará a construción de 180 vivendas de promoción pública. Tamén se prevén axudas para a adquisición de 1.070 vivendas usadas.

O Decreto aprobado hoxe establece a posibilidade de calificar como protexida unha soa vivenda dentro dun edificio de vivendas libres, ademais da calificación por edificios completos ou plantas dos mesmos.

Doutra banda, poderán acollerse ás axudas do Plan de Vivenda, cumprindo os requisitos establecidos para as protexidas, as vivendas libres cando se trate da primeira venda e pasara polo menos un ano dende a obtención da licenza de primeira ocupación.

Polo que respecta ao alugueiro, ademais da promoción de vivendas de nova construción destinadas ao mesmo, o Plan de Vivenda prevé que a través do mesmo se financien 3.270 axudas a inquilinos acollidas ao programa de axudas ao alugueiro.

Asemade, o Plan prevé actuacións de rehabilitación, tanto en Areas de Rehabilitación Integral (ARIS) como en Áreas de Renovación Urbana (ARUS), erradicación do chabolismo e axudas Renove, destinadas a mellorar a eficiencia enerxética, a hixiene, saúde e protección do medio ambiente nos edificios e vivendas, e a utilización de enerxías renovables. En total os diferentes programas de rehabilitación prevén 29.025 actuacións no conxunto do Plan.

Finalmente o Plan de Vivenda 2009-2012 prevé a creación de solo residencial para a construción dun total de 3.610 vivendas protexidas, das que a meirande parte estarán en áreas prioritarias.

En total, os obxectivos iniciais do Plan de Vivenda 2009-2012 supoñen un incremento de máis do 56 por cento respecto dos obxectivos iniciais do anterior plan.

Preto de 600 millóns de euros serán destinados en Galicia para axudas para adquisición e rehabilitación de vivendas e promoción de solo residencial para a construción de vivendas protexidas entre a Xunta de Galicia e o Estado.

Esta inxección económica terá efectos sobre o conxunto da economía da comunidade autónoma, xa que se estima un investimento global, incluíndo as achegas de promotores, particulares e administracións públicas, que superen os 3.000 millóns de euros e supoñan a creación de máis de 40.000 postos de traballo.



R.