Skip to main content

El Parlamento de Galicia rechaza con los votos en contra del PPdeG las enmiendas del PSdeG y el BNG a la totalidad de los presupuestos de 2010

El Parlamento gallego rechazó, con los votos en contra del PPdeG, las dos enmiendas a la totalidad registradas por BNG y PSdeG a los presupuestos de la Xunta para 2010, con lo que las cuentas para el próximo año superan el primer trámite parlamentario. Durante el debate, la conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, afirmó que con este proyecto el Gobierno gallego pone en manos de los gestores "un presupuesto posible". "Haremos más con menos", dijo y aseguró que "Galicia liderará la salida de la recesión, pese a hacer entrado en ella más tarde".

En este sentido, la titular de Facenda destacó que la gallega es, junto con Extremadura, la única comunidad que prevé un crecimiento de su economía para 2010. "No dejamos de ser optimistas", agregó y defendió que Galicia va a mantener el diferencial con el Estado, de un punto, pues considera que la cifra de consenso de las diferentes previsiones dejará a España en un decrecimiento de ocho décimas. Asimismo, apostó por "generar confianza" y justificó la decisión de no rebajar el tramo autonómico del IRPF -una promesa electoral del PP- por las subidas impositivas estatales. "Si soportamos sobre las arcas públicas una bajada del IRPF favorecemos una mayor recaudación en el Estado que no vamos a recibir", expuso.

Tanto el portavoz del PSdeG como el del BNG, Manuel Vázquez y Fernando Blanco, respectivamente, pidieron la devolución de los presupuestos.

El portavoz de los socialistas, consideró que los presupuestos "garantizan un incremento del desempleo, un empeoramiento de los servicios públicos y un aumento de la deuda" y acusó a Feijóo de "no tener proyecto para este país". Afirmó que el Gobierno tiene una "pasión por mentir a los gallegos", pues defendió que se producirán recortes en sanidad, educación y políticas de empleo, y resumió que las cuentas para el próximo ejercicio suponen "el máximo endeudamiento, con la mínima inversión y un mayor número de parados". Vázquez ironizó con que "es la primera vez que no hizo falta la oposición" para que se presentase la primera enmienda a las cuentas, en referencia al anuncio de que se suprimiría el complemento para las pensiones no contributivas y la posterior decisión de mantenerlo. El panorama, tras ocho meses de Gobierno, es "desolador", dijo y criticó que frente a la crisis, la Xunta proponga "coraje" a los gallegos.

Para el diputado socialista y secretario xeral del PSdeG, el Gobierno gallego "está llevando a Galicia en dirección contraria a la de Europa y a la salida de la crisis". "Están ahondando en un modelo ya agotado y siguen fiando a la iniciativa privada", alertó. "En estos presupuestos no creen ni ustedes", zanjó.

El diputado nacionalista consideró que esto es precisamente "lo mejor que se puede hacer" e instó al Gobierno a elaborar unas nuevas cuentas "que sean capaces de solucionar los problemas de los gallegos". Blanco defendió que las cuentas autonómicas "tienen que ser transformadoras de la realidad" y concluyó que el proyecto del Gobierno gallego es el de "la resignación y la falta de ilusión". "Una cosa es el diagnóstico y otra poner sobre la mesa la terapia; y es ahí en donde fallan estrepitosamente", argumentó y afirmó que los presupuestos "no sirven para este país". Para el diputado del Bloque, los responsables del Ejecutivo gallego son "meros espectadores que esperan a ver si escampa", pero, según añadió, no lo hace "si una sociedad no tiene en el Gobierno a un gestor de sus políticas". Además, criticó que califiquen las cuentas para 2010 de "sociales", cuando la "primera medida" fue suprimir el complemento para las pensiones no contributivas.

El portavoz del BNG dijo que, dado el planteamiento que se hace del Xacobeo, "las previsiones de crecimiento van a ser aún peor" y censuró también el recurso a fórmulas de colaboración público-privadas. "Ya no sé si es una privatización o un expolio", expuso, a lo que Fernández Currás replicó que estos mecanismos son usados en otras comunidades y por el Estado. "Se garantiza la construcción efectiva frente a la no construcción", agregó y garantizó que no se privatizarán los servicios. Blanco hizo referencia también al futuro de las cajas de ahorro gallegas y alertó acerca de que Galicia está "a punto de perder un elemento esencial para el desarrollo". Censuró que lo que el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, calificaba de prudencia es "cobardía" y lo responsabilizó de la "debilidad" que supondría no contar con entidades financieras propias.

El portavoz parlamentario 'popular', Manuel Ruiz Rivas defendió que los presupuestos para 2010 apuestan "por la salida del túnel" y sostuvo que hacen un cambio del modelo de "más déficit, más fiscalidad y más paro" a otro con "menos impuestos y más servicios".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Facenda de la Xunta de Galicia:

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, defendeu no Parlamento o proxecto de lei de orzamentos para o ano 2010 pois salientou que son “unhas contas realistas, cribles e útiles para Galicia e os seus cidadáns”, permitirán encarar a recuperación económica e ser unha das dúas únicas comunidades que volverán ter o próximo ano un PIB positivo, grazas a políticas “eficaces e asuteras” que posibilitarán “facer máis con menos recursos”.

Fernández Currás contrapuxo os primeiros orzamentos desta lexislatura co acontecido nos dous últimos anos, cunha profunda crise económica e cunhas contas publicas que “de pouco ou nada serviron para mellorar as cousas, xa que estaban construídas sobre bases irreais”.

A titular de Facenda apuntou que estes orzamentos “supoñen un claro cambio de rumbo”, froito dun novo modelo económico, que responde ao firme compromiso deste goberno de facer fronte á crise con responsabilidade. “Para isto elaboramos unha contas rigorosas, racionais, serias e, sobre todo, destaco a súa credibilidade”, sinalou.

“Faremos de valores tan galegos como a coraxe, o traballo e o sentido da oportunidade as ferramentas para deixar atrás a recesión e construír uns sólidos fundamentos de crecemento de cara aos vindeiros anos”, resumiu. Insistiu en varias ocasión en que o máis importante neste momento é xerar confianza e lembrou que isto comeza cunhas previsións fiables, serias e cribles.

Así, Marta Fernández Currás manifestou que a Xunta cre na fortaleza da economía gallega e nas bondades das políticas que se porán en marcha e confía en aproveitar a oportunidade do Xacobeo. “Por iso, imos ser a única CC.AA., xunto con Extremadura, que prevé terminar o ano 2010 con crecemento”, resaltou, e amosouse convencida de que a presentación dos vindeiros orzamentos se producirá nun escenario máis optimista, de crecemento e con intención de voltar a estar en condicións de crear emprego.

Indicou que a Xunta se valerá de políticas cun marcado carácter anticíclico e apurará as fontes de ingresos e dirixirá as prioridades do gasto ao mantemento dos tecidos económicos, sen renunciar a gañar en produtividade no camiño cara á converxencia. “Temos que aproveitar o cofinanciamento dos fondos europeos no marco 2007-2013, o que nos vai permitir seguir na senda da converxencia cas rexións máis desenvolvidas”, sinalou.

Ademais, a conselleira puxo en valor que a Administración galega está a aforrar neste momento, como calquera familia, de maneira que é a terceira comunidade autónoma máis aforradora de cara ao vindeiro ano. Neste senso, lembrou que os gastos de funcionamento, os non produtivos, baixarán ata un 28%.

En materia de emprego, Fernández Currás explicou que para saír reforzada da crise Galicia debe esforzarse en recuperar niveis positivos de actividade e emprego no tempo máis curto posible e engadiu que pode facelo mantendo diferenciais favorables en relación ao conxunto da economía española. “Ambos obxectivos, que non por ser ambiciosos deixan de ser realistas, requiren dunha política fiscal definida, clara e eficaz”, salientou.

A titular de Facenda indicou que este orzamento garante a sostibilidade das contas públicas, nace –a diferenza do anterior- equilibrado e cumpre cos criterios de estabilidade orzamentaria aprobados no seo do Consello de Política Fiscal e Financeira. “Mostra o noso compromiso coa tarefa de reparar as maltratadas finanzas públicas e recolle o proxecto común de impulsar a Galicia á senda do crecemento”, recalcou.

Marta Fernández Currás presentou ante a pleno da Cámara autonómica unha estratexia baseada na visión dunha Galicia cohesionada, xusta e solidaria, con medidas que ofrecen soporte aos que máis o necesitan. “Estamos a pór os cimentos da recuperación e do crecemento económico”, salientou. As esimacións son que o PIB galego medre un 0,2% en 2010.

A conselleira dixo que os orzamentos atenden ás recomendacións dos principais organismos económicos de soster un esforzo cuantitativo e cualitativo no gasto, “reforzando os mecanismos de solidariedade, promovendo un modelo baseado na economía do coñecemento e da competitividade e mantendo o recurso ao endebedamento dentro dunha senda prudente”.

Fernández Currás reiterou que os servizos públicos fundamentais “gañan peso” nas contas autonómicas, pois case sete de cada dez euros irán destinados á sanidade, educación e servizos sociais. Reiterou que hai unha aposta decidida polas políticas de benestar social, ademais de manter o pulo da dinamización do tecido produtivo e, sobre todo, demostrando confianza e insistindo na formación do capital humán e aumentando a capacidade para innovar e para competir. “E tamén faremos un extraordinario esforzo polo mantemento do investimento produtivo”, subliñou.

“Os fondos que destinemos a investimento agora deben axudarnos no futuro a incrementar as nosas oportunidades nunha economía altamente competitiva, investimentos de calidade e que van aportar unha mellora na produtividade e un incremento do investimento privado no medio e longo prazo”, explicitou.

Así, xustificou que a Xunta no poida dubidar en aumentar o endebedamento autonómico para financiar investimentos produtivos, pois entende que hai que usar todas as opcións financeiras para afrontar proxectos non realizados en épocas de bonanza e que son esenciais para os galegos. “Faremos fronte aos compromisos asumidos, non renunciamos á perda de volume de investimento real respecto a 2009, pois se incrementa un 1,3%”, remarcou.

Neste sentido, lembrou que o emprego de fórmulas de pago aprazado permitirán aumentar o ritmo investidor ao adiar os altos custes iniciais ao longo da vida da infraestrutura, ademais de incentivar a rápida execución dos proxectos.

A conselleira tamén se referiu ao Xacobeo 2010, que contará inicialmente con 43 millónes de euros e que poderán ir aumentando en función dos patrocinios, e avogou por “aproveitar o tirón económico” do Ano Santo, pois será “un magnífico investimento cun retorno estimado de 260 millóns de euros e a oportunidade de difundir a imaxe de Galicia” no mundo.
R.