Skip to main content

El Consorcio Audiovisual de Galicia colabora con el programa Cafè Curt con cortometrajes gallegos

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Consorcio Audiovisual de Galicia colabora co programa Cafè Curt, no espazo Cafè del Teatre de l’Excorxador en Lleida, para achegar ao público catalán unha selección das mellores curtametraxes galegas seleccionadas polo Consorcio Audiovisual dos catálogos Curtas 08 e Curtas 09, elaborados para a promoción nacional e internacional desta modalidade fílmica en Galicia.

Para esta edición do programa Cafè Curt, o Consorcio Audiovisual de Galicia escolleu as curtametraxes seguintes: “X nada”, “Mínimo Común Múltiplo”, “Bata por fóra (muller por dentro)”, “Darío e Verónica” e “Leo”, pezas exhibidas en versión orixinal galega con subtítulos en castelán.

A mostra Cafè Curt comezou a súa andaina hai catro anos e desde entón, pasaron polas súas sesións algo máis de 6.000 espectadores. O seu principal obxectivo é achegar ao público de Lleida a produción actual de curtametraxes, para o que organizan sesións monográficas cada último mércores de mes, en horario de 21,30 h.

O Consorcio Audiovisual de Galicia e o espazo Cafè del Teatre comezaron a colaborar conxuntamente desde a promoción do catálogo de curtametraxes profesionais Curtas 06; e, un ano máis, á vista dos óptimos resultados acadados, volven traballar xuntos para mostrar a produción máis recente do panorama actual galego no formato curto.


R.