Skip to main content

Galicia registró 1.025 infecciones por VIH y 485 nuevos casos de Sida entre 2004 y 2008

La Consellería de Sanidade detectó en Galicia entre los años 2004 y 2008 un total de 1.025 nuevos diagnósticos de infección por el VIH y 485 casos de Sida, lo que supone un 111% más de registros de infección que de enfermedad. La progresión anual de la incidencia es bastante estable, aunque registra un bajón significativo entre 2007 y 2008, pasando de 34,3 casos de Sida -por año y por millón de habitantes- a 29,8.

Esta situación se desprende de los datos del Sistema de Información Galego sobre la infección por VIH, hechos públicos por primera vez la semana pasada, coincidiendo con el Día Mundial del Sida, que se celebra el 1 de diciembre. "Con este nuevo registro, Galicia se suma al equipo de cabeza de las otras ocho comunidades que declaran actualmente en España casos de VIH", proclamó la conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, antes de recordar que, hasta el momento, los datos gallegos existentes procedían únicamente del Registro Gallego del Sida, lo que suponía "un vacío excesivo" en la toma de decisiones de prevención.

Entre 2004 y 2008 la incidencia de infección por VIH fue de 74 casos por año y por millón de habitantes, lo que sitúa a la comunidad gallega por debajo de la incidencia anual española. Con respecto a la distribución por sexos y edades, los hombres representan el 75,7 por ciento de los VIH en Galicia. El tramo de edad entre los 25 y 44 años en el momento del diagnóstico es el más elevado, tanto para hombres como para mujeres, y alcanza el 71 por ciento.

En la distribución por provincias, Pontevedra presenta la mayor incidencia de infección en el período analizado, con una media anual de 92 casos por millón de habitantes, seguida de A Coruña (77), Ourense (66) y Lugo, con 27 casos por millón de habitantes.

Sanidade alertó de que, en el 68,3 por ciento de los casos, la infección se produjo por la vía sexual -41,7 por ciento asociado a la heterosexualidad y un 26,6 por ciento a la transmisión por relaciones homosexuales- lo que "rompe claramente" con la idea "predominante" de que el contagio tenía lugar, sobre todo, por compartir material de inyección entre drogodependientes, que supone la cuarta parte de los nuevos casos registrados. Los datos del revelan también que el 35 por ciento de los infectados presentan también una inmunosupresión "muy alta" porque el diagnóstico es "tardío". En este contexto, Sanidade consideró prioritario promocionar el diagnóstico precoz entre la población y en la práctica asistencial para obtener el "máximo beneficio" de los avances en el tratamiento de la infección por VIH. La importancia de la prevención fue otro de los puntos en los que incidió especialmente la responsable de Sanidade antes de presentar los dípticos y folletos de una campaña impulsada por la Xunta bajo el lema 'Detén a Sida. Unidos Podemos'.

Sanidade resaltó que el 19 por ciento de los nuevos diagnósticos de infección por VIH se registró en personas originarias de otros países. Por ello, destacó la necesidad de diversificar los programas de prevención para adaptarlos a la población inmigrante, social y culturalmente muy heterogénea, y "especialmente vulnerable", sobre todo en el caso de las mujeres.Sobre las categorías de transmisión, los latinoamericanos están mayoritariamente asociados a las relaciones sexuales no protegidas (en el 94 por ciento de los casos), mientras que la mayoría de extranjeros europeos se infectaron por compartir material de inyección de drogas, y los que llegaron de África, se infectaron casi todos por relaciones heterosexuales no protegidas (en el 93 por ciento de los casos).

Con motivo del Día Mundial del Sida, el colectivo Colegas puso en marcha una campaña informativa, con el apoyo de la Consellería de Sanidade, para la prevención del VIH y Sida, centrándose en la educación sexual completada con la educación en valores. Serán distribuidas, junto a material profiláctico, 5.000 guías específicas en centros Quérote, entre otros; así como cartelería y otro material, que también será facilitado en redes sociales como Facebook y Twenty.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Sanidade destacou a importancia de non baixar a garda na loita contra o VIH/SIDA. Así o destacou Pilar Farjas, na presentación da campaña denominada: Contra a sida ponlle corazón", do colectivo Colega, no marco de actos que se están a celebrar con motivo do Día Mundial da Sida

"Afortunadamente en Galicia a situación respecto do VIH/Sida non ten a magnitude da maioría dos países afectados por esta infección e o acceso á prevención, ao tratamento, á atención e ao apoio das persoas afectadas garántese a través das leis e dos sistemas de atención sociosanitaria". Así o manifestou a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, quen asistiu a un acto no que se presentou a primeira campaña informativa rexional para a prevención do VIH/Sida do colectivo COLEGA, que está presidido por Rafael Moral Escudero, presente no acto de hoxe. Dita campaña denomínase: Contra a Sida Ponlle Corazón.

Neste mesmo evento, a responsable da carteira sanitaria procedeu a ler a declaración institucional da Consellería de Sanidade por mor da celebración, o 1 de decembro, do Día Mundial da Sida. Este ano ONUSIDA propón que o tema deste día sexa o acceso universal e dereitos humanos.

Nesa declaración institucional, lida hoxe por Pilar Farjas, a Administración sanitaria galega remarca que non se debe baixar a garda, porque a infección está aí, afectándonos a todos. A pesar dos dereitos garantidos polas leis, segue a haber persoas vulnerables que necesitan dos nosos esforzos na procura da súa atención, e persoas que poden ser obxecto de discriminación e estigma na nosa sociedade, e que, tamén, necesitan do noso apoio en favor do respecto dos seus dereitos.

É fundamental, dixo a conselleira de Sanidade, avanzar no diagnóstico precoz das persoas infectadas que descoñecen a súa infección, e mellorar o coñecemento e as actitudes respecto da prevención, especialmente no referente á vía de transmisión sexual, tanto heterosexual como dos homes que teñen sexo con homes.

Precisamos, pois, seguir a traballar para superar os resultados do ano anterior, e conseguir que esta infección deixe de ser un sufrimento para as persoas afectadas, para as que son máis vulnerables e, en definitiva, para todos, porque todos estamos afectados polo VIH/Sida, concluíu Pilar Farjas.

A Consellería de Sanidade vén de presentar, a finais da semana pasada, e por primeira vez en Galicia, os datos do Sistema de Información Galego sobre a Infección polo VIH (SIGIVIH). Pilar Farjas destacou que con este novo rexistro, a nosa Comunidade súmase ao equipo de cabeza das outras oito comunidades autónomas que declaran actualmente en España casos de VIH.

A titular da Sanidade pública galega explicou nesa presentación que, ata o de agora, os datos galegos existentes procedían unicamente do Rexistro Galego da Sida, que só sinalaba a fase final da infección polo virus e que condicionaba a análise dos datos polo longo tempo de evolución natural desta infección, o que supón un baleiro excesivo na toma de decisións en materia de prevención.

O novo rexistro SIGIVIH complementa e mellora a información aportada polo Rexistro Galego de Sida; ademais permite contar con datos que se aproximan ao momento en que ocorre a infección, o que facilita o seu estudo, e permite adecuar as estratexias ao perfil que adoite a transmisión do virus e favorecendo as actuacións na prevención.

A Administración sanitaria galega quere destacar que entre 2004 e 2008 declaráronse na nosa Comunidade 1.025 novos diagnósticos de infección polo VIH e 485 casos de Sida, o que supón un 111% máis de rexistros de infección que de enfermidade. Estes datos revelan a importancia de facer a diferenciación a nivel epidemiolóxico entre estar infectado (datos do SIGIVIH) ou desenvolver a enfermidade (datos do Rexistro Galego de Sida).

En consecuencia, a Consellería de Sanidade reitera, unha vez máis, a importancia de promocionar o diagnóstico precoz entre a poboación e na práctica asistencial para, deste xeito, obter o máximo beneficio, individual e colectivo, dos avances no tratamento da infección polo VIH.

Declaración Día Mundial VIH/SIDA 2009 (1 de decembro)

O 5 de xuño de 1981, coa conferencia de prensa dos CDC sobre 5 casos de pneumonía por pneumocystis carinii, iníciase oficialmente para a humanidade unha pandemia ocasionada por unha nova enfermidade que hoxe coñecemos como Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA).

En 1984 os investigadores franceses Francoise Barré-Sinoussi e Luc Montagnier descubriron que o virus do VIH era o causante desta enfermidade, polo que foron galardoados co Premio Nobel de Medicina o pasado ano 2008.

Sobre a orixe desta doenza hoxe sabemos que virus similares ao VIH afectan a chimpancés e monos en África central e occidental provocando neles unha enfermidade coas mesmas características que a que afecta aos humanos. Os estudios actuais sitúan na primeira metade do século pasado a modificación do virus que ocasionou o salto desde estes animais ao home. De feito o VIH detectouse en varias mostras de sangue conservadas e anteriores ao descubrimento oficial da sida. Unha destas mostras, de 1959, corresponde a un mariño británico falecido que estivera residindo no Congo, onde presumiblemente contraeu a infección.

A primeira década da epidemia polo VIH caracterízase por unha rápida expansión da infección por todo o mundo, dando lugar a pandemia que hoxe coñecemos. Nesta etapa, nos países desenvolvidos, a epidemia presenta un patrón epidemiolóxico propio, ao atopar unha vía de transmisión moi eficaz nas persoas que comparten materiais para inxectarse drogas. Por esta razón este colectivo resulta especialmente afectado. Desta primeira década destaca sobre todo a elevada mortalidade e a necesidade de hospitalización das persoas afectadas.

A segunda década caracterízase pola expansión a nivel mundial pero xa se inicia nos países desenvolvidos, como consecuencia da introdución de programas preventivos, unha diminución da transmisión por vía sanguínea nas persoas que consumen drogas inxectadas. Nesta segunda década, concretamente en 1996, aparece o tratamento de gran actividade (TARGA) que vai cambiar a esperanza de vida das persoas afectadas. Iníciase, nos países con capacidade de financiamento do tratamento, un descenso moi importante da mortalidade, e o seguimento ambulatorio das persoas afectadas. A infección adquire características de infección crónica.

A terceira década caracterízase pola estabilización, a nivel mundial e a partir do ano 2.000, da porcentaxe de persoas que viven co VIH, pero nun nivel inaceptablemente elevado. Cando en 2001 se aproba, na Asemblea Xeral de Nacións Unidas, a Declaración de Compromiso na Loita contra o VIH/sida, 36 millóns de persoas viven co VIH e 22 millóns de persoas xa perderan a vida por esta causa.

Despois de décadas de mortalidade crecente, no ano 2.006 o número anual de falecementos por sida en todo o mundo empezou a diminuír. O número anual de novas infeccións por VIH descendeu tamén de 3 millóns en 2.001 a 2,7 millóns en 2.007. E incluso en África subsahariana a maioría das epidemias nacionais estabilizáronse ou empezaron a declinar.

Ábrese unha porta á esperanza e a que poidan cumprirse os obxectivos da Declaración do Cumio do Milenio de Nacións Unidas do ano 2.000, que no obxectivo número 6 refírese ao combate contra o VIH/sida, o paludismo e outras enfermidades, e que en referencia á sida establece dúas metas: "ter detido e comezado a reducir, para o ano 2.015, a propagación do VIH/sida" e "lograr para o ano 2.010 o acceso universal ao tratamento do VIH/sida para todas as persoas que o necesiten".

Este 1 de decembro de 2.009 ONUSIDA propón que o tema do Día Mundial da SIDA sexa : "Acceso universal e dereitos humanos".
En palabras do Director Executivo da ONUSIDA, Michel Sidibé, "Alcanzar o acceso universal á prevención, tratamento, atención e apoio é un imperativo de dereitos humanos. É fundamental que a resposta mundial á epidemia da sida se fundamente nestes dereitos humanos e que a discriminación e as leis que castigan aos que están máis afectados polo VIH sexan eliminadas."

Afortunadamente en Galicia a situación respecto do VIH/sida non ten a magnitude da maioría dos países afectados por esta infección, e o acceso á prevención, ao tratamento, á atención e ao apoio das persoas afectadas garántese a través das leis e dos sistemas de atención sociosanitaria. Pero isto non nos debe levar a baixar a garda, porque a infección está aí, afectándonos a todos. A pesar dos dereitos garantidos polas leis, segue habendo persoas vulnerables que necesitan dos nosos esforzos na procura da súa atención, e persoas que poden ser obxecto de discriminación e estigma na nosa sociedade e que tamén necesitan do noso apoio en favor do respecto dos seus dereitos.

É fundamental avanzar no diagnóstico precoz das persoas infectadas que descoñecen a súa infección, e mellorar o coñecemento e as actitudes respecto da prevención, especialmente no referente á vía de transmisión sexual, tanto heterosexual como dos homes que teñen sexo con homes.

Precisamos seguir traballando para superar os resultados do ano anterior, e conseguir que esta infección deixe de ser un sufrimento para as persoas afectadas, para as que son máis vulnerables e en definitiva para todos, porque todos estamos afectados polo VIH/sida.
R.