Skip to main content

La Xunta apuesta por una fusión equilibrada e igualitaria de las dos cajas gallegas

Despejada la incógnita: la Xunta apuesta por una fusión «equilibrada e igualitaria» de las dos cajas gallegas. Núñez Feijoo asegura que la unión entre Caixa Galicia y Caixanova es la mejor alternativa para la comunidad y es «viable técnica, económica y financieramente».

«La Xunta apuesta por la unión de las dos cajas gallegas producto de una fusión equilibrada y equitativa». Así lo ha anunciado el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, tras reunirse con representantes de los sindicatos, empresarios y partidos políticos.

Núñez Feijoo ha trasladado la opinión del Ejecutivo gallego de que la integración conjunto entre Caixa Galicia y Caixanova es «viable técnica, económica y financieramente» y es la mejor alternativa que asegura la galleguidad y la solvencia de las dos entidades, las dos condiciones por las que apuestan todos los agentes económicos y políticos de Galicia.

A pesar de que «hasta ahora, las dos cajas no han planteado una única estrategia en común», ha dicho Feijoo, el Gobierno autonómico ha tomado la decisión de apostar porque la unión entre ambas entidades es la mejor opción, después «realizar un estudio independiente» sobre la situación de las entidades.

Feijoo ha acordado con ambas entidades realizar una auditoría «independiente» que avale la fusión. Así lo ha trasmitido la conselleira de Hacienda, Marta Currás, al director general de Caixa Galicia, José Luis Méndez, y al presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso. Demostrar la solvencia de la fusión es requisito previo exigido por el Banco de España para cualquier proceso de unión. Además, el presidente de la Xunta ha advertido de que ejecutará su poder de veto ante posibles alianzas de las cajas gallegas con otras de fuera de la comunidad. Feijoo explicó que la Xunta desestima la fusión con entidades ajenas «porque no garantizan galleguidad», así como rechaza los Sistemas Institucional de Protección (SIP), «porque merma las capacidades sustancialmente de autonomía de decisión de las cajas».

La ronda de reuniones del jefe del Ejecutivo gallego comenzaba a primera hora de esta mañana con representantes de los sindicatos mayoritarios de Galicia, José Antonio Gómez (UGT), José Antonio Sánchez (CC.OO.) y Suso Seixo (CIG). Después, trasladó la decisión de la Xunta a los empresarios y, después, a los líderes de los partidos de la oposición, el socialista Manuel Vázquez y el nacionalista Guillerme Vázquez.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que “a Xunta de Galicia valora como alternativa que mellor concorda cos requisitos de galeguidade e de solvencia unha unión das caixas galegas, produto dunha fusión equilibrada, igualitaria e paritaria das dúas actuais caixas de aforro galegas”.

Logo de reunirse cos representantes sindicais, empresariais e políticos para comunicarlles a posición da Xunta respecto á decisión que as caixas deberán tomar nas próximas datas en referencia ao seu futuro no mapa financeiro galego e español, Feijóo asegurou que a integración conxunta das dúas entidades galegas “é un proxecto viable técnica, económica e financeiramente; e debe ser, tamén, -matizou- un proxecto e un obxectivo común compartido, e para iso é necesario vontade, acordo e identificación das partes intervintes”.

Logo dun período de traballo que Feijóo cualificou de “intenso, rigoroso, responsable e prudente”, o mandatario galego afirmou que, hoxe, se cumpre o compromiso asumido de facer público o posicionamento do Goberno; “e se inician –aseverou- os pasos formais necesarios para avanzar neste posicionamento de fusión equilibrada e paritaria e, a tal efecto, os pasos últimos para blindar a garantía de solvencia do proxecto de unión a través da fusión”.

Neste senso, avanzou que, como primeiro paso formal para acadar a vontade conxunta, acordada e identificada das dúas entidades, esta mañá, se lles comunicou as dúas caixas o acordo de elaborar sendas “due diligence”; “sendas auditorías para certificar a solvencia da unión, da fusión para certificar a solvencia económica e financeira dunha caixa galega unida, fusionada”.

Segundo Feijóo “trátase de realizar informes de auditoría externa, independente e imparcial, para certificar de forma exacta e detallada os datos aportados por cada unha das caixas á Xunta e así que se poda ratificar formalmente e asegurar todas as garantías de viabilidade económica e financeira desta operación”.

Coas “due diligence” se cumpre un dobre obxectivo: ratificar e blindar a solvencia do proxecto de unión, e cumprir co requisito inescusable que a lexislación bancaria e que o Banco de España esixe a calquera proxecto de fusión de caixas de aforro.

Feijóo subliñou que, tanto o director xeral de Caixanova como o director xeral de Caixa Galicia aceptaron este plantexamento, logo de que a Consellería de Facenda lles comunicase a decisión.

O mandatario galego afirmou que esta alternativa supón os mellores niveis de solvencia a medio e longo prazo de todas as opcións posibles desde o punto de vista do destino das caixas de aforro galegas.

Neste senso, destacou que é unha alternativa presentada ás organizacións sindicais, “e apoiada por unanimidade polas mesmas, porque supón os menores niveis de incertidume para os traballadores dado que non se procedería a despidos, sendo suficiente con xubilacións anticipadas pactadas”.

Así mesmo, Feijóo lembrou que se trata dunha opción trasladada aos empresarios “que, tamén, a apoian –dixo- por entender que é unha alternativa máis duradeira, nun escenario económico e financeiro de temporalidade como a que está a vivir neste momento o escenario económico e financeiro español”.

Feijóo afirmou que se trata, amais, dunha alternativa que só responde a un interese: Galicia. “Non hai ningún interese detrás que non sexan os intereses dos galegos, dos aforradores, das empresas...os intereses, en definitiva, supremos da Comunidade autónoma”.

Diante deste situación, Feijóo explicou que a Xunta de Galicia desestimou outras opcións como a fusión con entidades alleas, “ao non garantir o requisito de galeguidade”; e o establecemento dunha SIP entre entidades alleas, “porque, claramente merma as capacidades substanciais de autonomía de decisión das caixas galegas no escenario doutras fusións virtuais ou fusións en frío con outras entidades alleas”.

Por último, o mandatario galego rematou a súa comparecencia reiterando novamente que esta iniciativa presentada, hoxe, polo Goberno galego está apoiada polas organizacións sindicais, empresariais e políticas e quixo agradecer, unha vez máis, “a responsabilidade que todos eles teñen demostrado”.
R.