Skip to main content

PP y BNG aprueban la nueva Ley de Cajas de Galicia con la oposición del PSdeG.

Durante el debate en pleno del informe de la ponencia sobre esta reforma, el portavoz de los socialistas, Xaquín Fernández Leiceaga, lamentó que no haya el consenso necesario para aprobar la ley por unanimidad e insistió en sus críticas respecto a la composición y forma de elección de los representantes de determinados sectores en los órganos de dirección de las cajas. Para el socialista el texto que respaldan PP y BNG es "otra cosa" distinta al original presentado por los nacionalistas -la reforma se inició tras tomar el Parlamento en consideración una iniciativa de este grupo- y criticó que en el mismo "sólo se puede ver reflejado completamente el PP".

Sin embargo, tanto Puy (PPdeG) como Blanco (BNG) consideraron que el proceso de elección de los miembros de las asambleas y los consejos se hará de forma más transparente. El nacionalista defendió la necesidad de que la administración pública intervenga en las cajas, mientras que el diputado 'popular' censuró que el PSdeG "se desmarcase en el último momento de la negociación", pese al "amplio grado de consenso" que, a su juicio, se alcanzó en la ponencia. Los portavoces del PPdeG y del BNG en el debate sobre la reforma de la Ley de Cajas, Pedro Puy y Fernando Blanco, respectivamente, defendieron este martes que el nuevo texto supone un "avance" en cuanto a representatividad y transparencia en la conformación de los órganos de gobierno de las entidades, mientras que el PSdeG avanzó que votará en contra, pues está en desacuerdo con que la renovación se haga en dos meses y con las autorizaciones de la Xunta para la obra social.

El PPdeG y el BNG han aprobado la nueva Ley de Cajas de Galicia, con 48 votos a favor, 37 del PPdeG y 11 del BNG, y 27 en contra de los socialistas gallegos, que ya habían anunciado su intención de votar en contra de la reforma legislativa.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, salientou que a reforma da Lei de Caixas de Galicia, aprobada polo Parlamento autonómico, despolitiza e profesionaliza os seús órganos de goberno.
Fernández Currás, que agradeceu o importante, intenso e eficiente traballo realizado por todos os grupos parlamentarios, lembrou que a estrutura central do actual texto, referida aos seus órganos de goberno, permanece inalterada desde o ano 1985, nacendo nun contexto dunha realidade territorial autonómica aínda nova, polo que parece lóxico que, case 25 anos despois, se recolla esa nova realidade territorial consolidada.

A titular de Facenda tamén sinalou que as caixas de aforros, inicialmente de ámbito provincial, ampliaron a súa vinculación cara a un ámbito autonómico, polo que igualmente resulta lóxica a presenza de representación autonómica nos órganos de goberno destas entidades, que debe orixinarse no Parlamento, cerne da representación de todos os galegos. Ademais, engadiu que a Xunta de Galicia, á que lle corresponde o poder executivo, ten asignado un papel supervisor, necesario e incompatible ca participación na xestión e, polo tanto, nos órganos de goberno.

Marta Fernández Currás tamén subliñou a importancia de que as persoas que accedan a estes órganos de goberno teñan uns requisitos formativos ou de experiencia mínimos para poder achegar valor engadido á entidade á que van axudar a gobernar. A conselleira celebrou a rapidez desta tramitación, algo que considerou imprescindible nestes momentos de tan intensos cambios no sector financeiro español e mundial, aos que Galicia non pode ser allea, e congratulouse da calidade das achegas realizadas, pois modernizan e melloran substancialmente a lei actualmente en vigor.

Marta Fernández Currás indicou que o xerme deste cambio parte dunha proposición de lei nada no seo do Parlamento e enriquecida posteriormente por diversas enmendas dos tres grupos e subliñou que é unha iniciativa ben recibida polo Executivo galego, que tiña entre as súas prioridades a actualización e modificación desta lei. A conselleira dixo que o novo texto mantén, e mesmo reforza, a especial natureza xurídica destas institucións nun momento en que nalgúns foros pódese, de xeito interesado, estar cuestionando ou modificando de xeito indirecto esta natureza social e fundacional. Engadiu que esta natureza veu resultado eficiente e socialmente responsable durante décadas e permite evitar a exclusión financeira das capas sociais menos favorecidas.

Fernández Currás dixo que a nova lei introduce medidas interesantes no campo da xestión, como o carácter constitutivo do rexistro de altos cargos, a regulación do funcionamento e función das diferentes figuras de goberno ou a aclaración da tramitación das autorizacións dos sistemas institucionais de protección (SIP). A titular de Facenda manfiestou que existen outras melloras no campo da supervisión, tano financeira, onde se fan retoques no xa existente artigo 65 do texto refundido, como na xestión da Obra Social, onde se garante a liberdade da caixa na elección dos destinos concretos do gasto, dentro dun contexto de Obra Social universal, é dicir, aberta a todo o mundo, aínda que non manteña unha relación comercial ca entidade, implementada nuns sectores xerais prioritarios de atención.
R.