Skip to main content

Plan Estratégico Lácteo: Juárez pide a Zapatero que defienda cambios en la normativa europea para evitar la indefensión de los ganaderos gallegos

El conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, confió en que el presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, se comprometa ante los sindicatos y cooperativas agrarias a "defender" los cambios "necesarios" en la normativa comunitaria y estudie si se deben realizar "ajustes" en las leyes que regulan la competencia para evitar la situación de "indefensión" de agricultores y ganaderos. En rueda de prensa para hacer un balance de las actuaciones de su departamento a fin de paliar la crisis del sector lácteo, el titular de la Administración agraria gallega consideró que parte de los agentes de la cadena de valor, en referencia a industrias lácteas y distribución comercial, pueden "estar incurriendo en prácticas de abuso de posición dominante" respecto a los productores.

En esta línea, demandó, aparte del compromiso de revisar las normativas en el ámbito europeo, que la Comisión Nacional de Competencia (CNC) no sólo "se afane" en perseguir la concertación de precios y las condiciones de negociación colectiva, sino también los abusos de posición dominante que, en el sector lácteo, pueden reflejarse, entre otras situaciones, en las dificultades de los ganaderos para dejar de aprovisionar a una industria y vender a otra empresa. "Eso está claramente prohibido, hay que vigilarlo todo", reclamó.

Por ello, Juárez pidió que el Gobierno de España impulse durante la presidencia de turno de la Unión Europea las modificaciones necesarias para dotar al sector lácteo de una "red de seguridad más efectiva". Así, entendió que las administraciones comunitaria y estatal han de "sentar las bases" para que los productores tengan la suficiente capacidad de negociación con la industria y la distribución.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Medio Rural de la Xunta de Galicia:

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado polo director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, fixo un chamamento aos axentes do sector lácteo galego para que se comprometan co novo Plan Estratéxico, como mellor fórmula para atallar a crise estrutural que padece. Este Plan recolle un investimento por parte da Xunta de 838 millóns de euros nun prazo de cinco anos (que serán financiados no marco dos programas de desenvolvemento rural, política agraria común e programas nacionais), foi elaborado en colaboración co sector, e trátase dun documento dinámico e realista, que se actualizará periodicamente.

Dada a crise pola que está a pasar o sector do leite, resulta urxente a necesidade de definir novos modelos de funcionamento sectorial baseados na estabilidade, viabilidade, competitividade, rendibilidade e autosuficiencia económica. Así, o Plan contempla cinco grandes liñas de acción prioritaria a desenvolver polo sector coa colaboración da Xunta de Galicia: nun primeiro lugar, a diversificación e competividade da produción, mediante un incremento da base territorial e da superficie agraria dispoñible nas explotacións leiteiras, a través da redución de custos, integración e abaratamento de subministracións e servizos, así como unha revalorización dos produtos; en segundo lugar, a competividade e diversificación da transformación industrial, potenciando a variedade industrial cara a produtos de calidade con maior valor engadido, tales como queixos, leites funcionais, iogures, manteiga, etc.

En terceiro lugar, a adaptación aos mercados, que contempla un plan de internacionalización dos produtos lácteos galegos, a diversificación e potenciación de canles de distribución, e a implantación de novos modelos de venda directa. En cuarto termo a vertebración e regulación sectorial, potenciando unha organización interprofesional capaz de innovar os modelos de relación entre todos os compoñentes da cadea de valor do sector. En último lugar a diferenciación, comunicación, imaxe e promoción, deseñando un plan especial de imaxe e promoción do leite e produtos lácteos fabricados en Galicia.

O Plan Estratéxico do Sector Lácteo é o documento máis salientable dos presentados neste primeiro ano natural de goberno polo conselleiro Samuel Juárez. Pero ao longo deste período, o actual equipo deseñou, nada máis chegar, un amplo paquete de medidas urxentes para frear a crise do sector, e das explotacións agrogandeiras que están a sufrir especialmente as consecuencias deste declive. Estas medidas, presentadas nos primeiros cen días do novo Goberno, mobilizaron máis de cen millóns de euros.

Así, a primeira das medidas consistiu na axilización dos trámites para o pago das solicitudes de modernización de explotacións, así como para a incorporación dos mozos á actividade agraria. Tamén se adiantou o pago das chamadas ‘axudas directas’ (popularmente ‘pago único’) da PAC para explotacións lácteas, mediante a formalización de préstamos con entidades bancarias. Outra liña urxente de actuación consistiu nun programa de apoio ao capital circulante, mediante resolución do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Outra actuación senlleira foi a modificación, para priorizar ao sector lácteo, do PDR (Programa de Desenvolvemento Rural), cofinanciado pola Unión Europea e as administracións central e autonómica. Outra máis, a modificación dos procedementos para que resulten máis áxiles as axudas solicitadas de Plans de Mellora, e de incorporación de mozas e mozos con investimentos ligados á adquisición de cota láctea.

Igualmente, a Consellería dou pulo ás axudas, cofinanciadas pola Unión Europea, de redución de custos enerxéticos nas explotacións. Cómpre tamén destacar que se aprobaron dentro de prazo o cen por cen das axudas a explotacións que cumpriran os requisitos para as percibiren, o que posibilitará ademais que os seus titulares soliciten liñas de crédito por valor de ata o 50 por cento da axuda concedida, medida que afecta a máis de 1.600 explotacións.

Asemade, cómpre lembrar que Galicia foi, con moita diferenza, a Comunidade Autónoma que máis cartos destinou a axudas directas aos produtores lácteos, ata un máximo de un céntimo de euro por quilo de cota láctea. Tendo en conta que máis da metade das explotacións leiteiras afíncanse en Galicia, é doado facerse a idea do importantísimo esforzo orzamentario que supuxo esta decisión, fronte á ausencia total de axudas por parte do Goberno Central; mercé a este compromiso, a Xunta de Galicia viuse na obriga de liberar para este fin 20 millóns de euros.

Finalmente, no resumo que deste ano 2009 fixo o conselleiro Juárez, houbo lugar tamén para lembrar algunhas actuacións senlleiras no ámbito industrial. De entre elas, destaca o compromiso de Queserías Entrepinares de instalar a súa factoría en Vilalba (Lugo), que suporá un investimento total de 25 millóns de euros, a creación de 40 postos de traballo, e a recollida de, cando menos, 60 millóns de litros de leite de vaca por ano, que facilitarán a elaboración de 7.000 toneladas de queixo de barra e untable, cando estea a pleno rendemento.

Todo este paquete de medidas, e o esforzo investidor que levan parello, dou pé ao conselleiro do Medio Rural para asegurar que ningunha outra Administración fixo tanto na defensa do sector lácteo como a Xunta de Galicia. Juárez aproveitou a súa comparecencia ante os medios de comunicación para pedir aos gobernos central e europeo que se involucren de maneira máis decidida nesta mesma defensa, en especial aproveitando dous fitos importantes: a Presidencia rotatoria da Unión Europea, que recae sobre España no primeiro semestre de 2010, e a toma de posesión da persoa que asuma o cargo de novo eurocomisario de Agricultura.

Á marxe das saídas á crise do lácteo que en Madrid ou Bruxelas se podan pescudar, e nas que o titular do Medio Rural comprometeu toda a súa firme e leal colaboración, desde a Xunta de Galicia darase forma nas vindeiras semanas á fórmula que garanta unha información completa e veraz ao consumidor sobre a procedencia galega do leite que adquira, mediante un sinal identificador claro e homoxéneo.

Desta maneira, o consumidor saberá en todo momento que o leite que compra é en efecto galego, e as industrias transformadoras orientarán de maneira máis eficaz as súas políticas de comercialización, aproveitando a excelencia da imaxe do leite galego en todo o mercado nacional.

Ademais, Juárez e Robledo falaron doutros proxectos a curto prazo, que inclúen unha oficina virtual para aforro de tempo (e por tanto de custes) aos propietarios de explotacións, con métodos administrativos simplificados; ou o apoio decidido por parte de Medio Rural a todos aqueles proxectos que supoñan valor engadido na cadea de produción láctea galega, mediante o reforzo das liñas de axudas a I+D+i, entre outros aspectos.
R.