Skip to main content

POL: La Xunta prohíbe edificar en 46.000 hectáreas de costa frente a 86.000 del bipartito y protege 20.000 de río

El Consello de la Xunta evaluó hoy el borrador del Plan de Ordenación de Litoral (POL), que prevé impedir la construcción en 46.000 hectáreas de la costa gallega, frente a las 86.600 que protegía la Ley de medidas urgentes aprobada por el bipartito, vigente hasta mayo, que prohíbe la edificación a 500 metros del mar. A mayores, incluye la protección de otras 20.000 hectáreas de corredores fluviales. No obstante, según reivindicó el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en la rueda de prensa posterior a la primera reunión de conselleiros del año, el borrador "ordena y racionaliza tres veces más hectáreas" que lo previsto por el anterior Ejecutivo gallego, ya que se centra en 212.000 hectáreas que se rigen por distintos criterios para permitir o no la edificación en función de su proximidad al mar y otras "singularidades".

De hecho, estas "singularidades" de los 84 ayuntamientos a los que atañe el plan son, a juicio del responsable de la Administración gallega, las que determinan el nuevo modelo de crecimiento "racional y sostenible" que ordena "los 2.500 kilómetros de litoral" de Galicia. "Ordenar es lo contrario de prohibir. Hay que establecer limitaciones y criterios en base a las peculiaridades", defendió.

En todo caso, admitió que el número de hectáreas protegidas puede sufrir "modificaciones" una vez abierto el período de alegaciones, que se abrirá después de haber informado a los organismos afectados por el plan y de que éste sea aprobado inicialmente. Según los cálculos del conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, este trámite tendrá lugar "antes del fin de 2010".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou a vocación de permanencia no futuro e de consenso do Plan de ordenación do litoral, que ordena e protexe tres veces máis hectáreas que a anterior prohibición de edificación nos 500 metros do litoral. O xefe do Goberno galego fixo estas declaracións logo de que o Consello da Xunta avaliase o proxecto de ordenación da costa galega, que entra agora na súa fase de alegacións.

Alberto Núñez Feijóo destacou o carácter “necesario e inaprazable” do Plan de ordenación do litoral, que constitúe a primeira ordenación integral da costa galega, “dos 2.500 quilómetros de costa que temos, incluídas illas e illotes”. “É un Plan necesario e inaprazable porque é necesario e inaprazable ter un marco normativo estable para todo o litoral galego, e porque é necesario e imprescindible protexer de forma efectiva e integral o noso litoral”, abondou.

Na súa comparecencia ante os medios, o titular da Xunta remarcou que o Plan de ordenación do litoral parte de dúas singularidades: o feito de que a costa é “un dos aspectos máis característicos de Galicia, pola súa singular beleza e por ser un dos maiores activos que temos como país”; e que “Galicia afronta este reto sendo o único espazo do arco atlántico europeo que aínda non ten un plan do litoral aprobado e definitivo”. Polo tanto, incidiu en que era “perentorio substituír esta alarmante ausencia de xestión por un Plan”, o cal se iniciou hai dúas lexislaturas cando o actual conselleiro era o director xeral responsable de obras públicas e o hoxe presidente da Xunta era o conselleiro de Política Territorial.

Feijóo relatou que na actual lexislatura o Goberno galego se veu obrigado a tomar “tres decisións políticas como consecuencia dos anos de paralización”: a primeira, prorrogar a paralización da edificacións nos 500 metros de toda a costa galega, co obxectivo de non xerar máis inestabilidade xurídica; a segunda, evitar problemas legais, logo de advertir que a tramitación do Plan do litoral na anterior lexislatura se fixera con desconformidade coa lei; e, a terceira, volver a iniciar a tramitación legal do Plan do litoral de conformidade coa Lei, é dicir, cumprindo coa Lei de ordenación do territorio, publicando o acordo no DOG e en dous xornais de grande difusión, o que non se fixera antes, e comunicándollo a concellos e deputacións, outra das carencias da anterior tramitación.

Estudio exhaustivo da costa galega a prol dun modelo territorial propio
“O coñecemento exhaustivo e palmo a palmo da costa galega” é unha das principais características do Plan de ordenación do litoral, segundo o presidente da Xunta, que engadiu que “non hai un solo metro nin un só quilómetro que non estea estudado no documento que hoxe o Consello da Xunta inicia para a fase de alegacións”. Feijóo indicou que a Xunta completou a compilación de datos dos distintos departamentos e da ordenación urbanística dos 87 concellos afectados polo Plan do litoral, tendo como resultado “un modelo territorial propio”.

“O que queremos presentar, o que queremos someter a consideración é un modelo territorial propio do litoral galego. Iso é o que queremos buscar, se Galicia non ten un modelo territorial propio, Galicia cometería un grave erro. Se copia outros modelos territoriais non sería Galicia. Se prohibe con carácter xenérico, sen estudar palmo a palmo as singularidades do territorio, iso non é ningún plan, iso é unha prohibición. E ordenar é o contrario de prohibir, ordenar é estudar a singularidade de cada territorio, establecer limitacións, establecer proteccións e establecer criterios sobre a base da singularidade”, resumiu o titular do Executivo autonómico.

Consonte explicou Alberto Núñez Feijóo, outro dos principios inspiradores do Plan do litoral é a “sutentabilidade e a protección efectiva”. Nese sentido, indicou que a delimitación do plan do litoral se basea en criterios fixos e usa as bacías fluviais como unidade básica de delimitación. “As condicións urbanísticas da costa galega non son iguais en todas as partes e debemos regular o litoral con principios xerais pero coñecendo quilómetro quilómetro a costa que temos”, remarcou, para sinalar como principio xeral que “o crecemento urbano debe responder a un modelo de desenvolvemento equilibrado e sostible, e se non, non poderá ter un crecemento razoable”.

O máximo mandatario autonómico resaltou que, en consecuencia, “ordenamos, racionalizamos e desenvolvemos case tres veces máis hectáreas que a Lei dos 500 metros”. “Ordenamos 211.000 hectáreas, tres veces máis que as iniciativas anteriores”, afirmou Feijóo, subliñando que isto supón ordenar o “7,2 por cento do total do territorio galego”. Ademais, indicou que o Plan prevé unha prohibición edificatoria nunhas 46.000 hectáreas, agás nos núcleos rurais e urbanos, ás lles hai que sumar 20.000 hectáreas de protección de corredores fluviais. “Polo tanto, totalizamos unhas prohibicións de edificación, salvo en núcleos rurais e núcleos urbanos nesas zonas, de 66.000 hectáreas”, remarcou.

O titular da Xunta puxo de relevo ademais a “vocación de permanencia da regulación”, subliñando a pretensión do Goberno de que este plan “se vaia inserindo nos plans xerais de ordenación urbana, que vaia conformando en consecuencia a nova cultura urbanística do litoral e que teña unha prevalencia e unha vocación de permanencia no tempo nos 87 concellos afectados”.

Por último, Feijóo avanzou que a Xunta procurará “o consenso” arredor deste Plan, que lle presentará á Federación Galega de Municipios e Provincias e a cada un dos concellos afectados para a fase de alegacións. Tamén se lles explicará aos grupos políticos un documento que presentou como “técnico, feito con enorme solvencia e que non ten precedentes en Galicia nin na inmensa maioría das comunidades autónomas”.
R.