Skip to main content

El CGAC recopila la obra de más de 30 artistas actuales que asumen el ideario y la iconografía del dandismo decimonónico

En rueda de prensa, el conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, destacó el trabajo de difusión que representa la muestra, a través de "sugestiones e ideas que van más allá del mismo contexto" creativo y "partiendo de las obras de artistas muy diversos". El Centro Galego de Arte Contemporáneo en Santiago de Compostela acoge la exposición Sur le dandysme aujourd hui. Do manequín no escaparate á estrela mediática: una retrospectiva del ideario y la iconografía del dandismo de los siglos XVIII, XIX y XX que se plasmó a través de obras de más de 30 artistas actuales.

La muestra expositiva se estructura a través de las figuras históricas de George Bryan Brummell, Charles Baudelaire y Óscar Wilde, los tres hitos del dandismo, con el objetivo de visualizar los conceptos y estrategias desarrolladas por los dandis decimonónicos que permanecieron en las obras y actitudes de algunos artistas contemporáneos. Precisamente, cada uno de los tres personajes protagonistas aportó un nuevo concepto que se plasmó en cada uno de los tres círculos expositivos de la muestra, que representa la "desaparición del dandismo" con la llegada de un nuevo siglo y la muerte de Óscar Wilde (en el año 1900).

En la parte de la exposición dedicada a George Bryan Brummel, las obras toman el papel de representar el concepto de "cosificar al dandi" como "pura apariencia", del mismo modo que el dandismo brummelliano otorgaba "a las cosas un valor de irrealidad que superaba a los de uso y cambio habitual de mercancías" y por la "subjetividad". En la sección dedicada a Charles Baudelaire, se reproduce la estructura de 'El pintor de la vida moderna' en la que se analizan los costumbres y tipos de vida moderna, que el personaje del dandi contagia al resto de personas que aparecen en sus obras. Con la parte dedicada a Óscar Wilde, la exposición pretende ratificar que el escritor "no fue el último dandi", sino "una de las primeras estrellas mediáticas" a través de su ideario sobre el esteticismo.

Según el conselleiro de Cultura, la intención de la exposición es la de "interpretar el presente artístico, cultural y mismo mediático desde una clave histórica", además de "revisar y enriquecer una tradición intelectual" a través de las obras de "algunos de los más grandes artistas contemporáneos". Uno de los comisarios de la muestra, Sergio Rubira, matizó que la disposición de las obras permite realizar varios recorridos de la misma, de modo que el visitante podrá elegir comenzar "vistiendo al dandi, o ir desnudándolo".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a exposición Sur le dandysme aujourd´hui. Do manequín no escaparate á estrela mediática, como unha retrospectiva do dandismo durante os séculos XVIII, XIX e XX. Para o conselleiro a mostra representa un traballo de difusión e didáctico que, “partindo das obras de artistas moi diversos cun fío condutor apaixonante, regálanos suxestións e ideas que van máis alá do mesmo contexto artístico”. No acto de presentación tamén estiveron presentes o director do centro, Miguel von Hafe Pérez e dous comisarios da mostra, Rocio Gracia e Sergio Rubira.

Roberto Varela valorou a vontade da mostra de “interpretar o presente artístico, cultural e mesmo mediático dende unha clave histórica valéndose das obras dalgúns dos máis grandes artistas contemporáneos para revisar e enriquecer unha tradición intelectual con séculos de historia”. Do mesmo xeito definiu a atemporalidade da obra como unha exploración de “figuras e conceptos importantes no discurso artístico contemporáneo, pero que reaparecen igualmente nos medios de comunicación e no noso imaxinario cotián”.

O responsable de Cultura gabou asemade o traballo desenvolto polo CGAC, na súa obriga de “crear discurso, propor pautas de interpretación e uso dunha arte contemporánea traballando sempre cunha certa perspectiva histórica”. Para Roberto Varela, “o traballo expositivo, de difusión e didáctico constituirá sempre unha prioridade para o centro”.

O conselleiro considerou o deber do CGAC de “abrirse aos múltiples discursos sobre o presente e asumir a pluralidade da arte actual como un óptimo punto de partida para facer do centro un referente cultural para todos os galegos”.

Sur le dandysme aujourd´hui estrutúrase en tres círculos expositivos a partir de tres fitos da historia do dandismo: George Bryan Brummell, Charles Baudelaire e Oscar Wilde. A mostra expón cómo moitos dos conceptos e estratexias desenroladas polos dandis decimonónicos poden atoparse na obra e nas actitudes de algúns artistas actuais e tamén evidenciar o modo no que a iconografía e os temas da literatura do dandismo seguen vivos. Nesta particular historia do dandismo, cada un dos seus protagonistas aportou un novo concepto e desenrolou unha estratexia xa establecida polo que a exposición artella unha planificación circular, sen principio nin fin, con continuidades en cada sección.

A exposición ven a refutar a desaparición do dandismo coa chegada do novo século, coa morte de Oscar Wilde (1900), senón que puido ser a base para algunhas das innovacións nas vangardas e outros movementos artísticos do século XX.

Asemade, inaugurouse no Dobre Espazo a primeira parte da exposición Espectral, unha selección dos fondos do CGAC e da Fundación Arco, comisariada por Miguel von Hafe Pérez. Reunindo obras de medios tan distintos coma o debuxo, a pintura, o vídeo, o gravado e a escultura, a mostra ábrese a perspectivas diferenciadas sobre a memoria como sistema conceptual e perceptivo cuxa complexidade a arte consegue densificar.

Esta parte da exposición, dedícase ao dandismo brummelliano, caracterizado por outorgar ás cousas un valor de irrealidade que superaba os de uso e cambio habituais da mercancía e aproximábaas á obra de arte e pola súa subxectivización practicamente absoluta, o dandi debía tender a eliminar a súa personalidade. Deste xeito cosificábase ao dandi, pura aparencia de si mesmo, como o manequín-Brummell que se exhibe na fiestra do seu clube no Mall londiniense.

Aquí a exposición versa tamén sobre as estratexias de algúns dos artistas dos 80 e tomando a Marcel Duchamp e Andy Warhol, os conceptos de ready-made e a desubxectivización do dandi.

Nesta sección reprodúcese a estrutura de “O pintor da vida moderna” de Charles Baudelaire, obra na que se analizan costumes e tipos da vida moderna, especialmente o dandi. Na obra de Baudelaire, a personaxe do dandi contaxia as súas cualidades ao resto dos que aparecen no ensaio: o artista, os sultáns turcos, as concubinas do harén, os eunucos, os militares...

Inclúense, nesta parte da mostra, artistas que toman como asunto as subculturas xuvenís -nas que o dandismo é o antecedente- que aluden nas súas obras as parellas antitéticas de antigüidade e modernidade, eterno e pasaxeiro, clásico e de moda.

En 1900 morría prematuramente Oscar Wilde. A exposición trata de ratificar que non foi último dandi, senón unha das primeiras estrelas mediáticas co seu triunfo e conversión en fenómeno de fans a partir da difusión das súas ideas do esteticismo. A súa imaxe foi utilizada en anuncios de cosméticos ou ilustrando partituras musicais. Oscar Wilde quixo converterse en obra de arte e creouse como personaxe.

Neste apartado, Sur le dandysme mostra ao público os temas do artista como Narciso, como estrela mediática e como obra de arte.
R.