Skip to main content

La Xunta lamenta la falta de visión estratégica del Gobierno central con el Xacobeo 2010

El conselleiro de Cultura, Roberto Varela, calificó de «lamentable» el escaso apoyo del Gobierno de Zapatero a Galicia en pleno Año Santo. El conselleiro de Cultura, Roberto Varela, lamentó la «falta de visión estratégica» del Gobierno central y lamentó que, con motivo de la presidencia de turno de la Unión Europea (UE), haya dejado pasar la oportunidad de colaborar con el Xacobeo «para lograr un éxito colectivo de toda España».

Varela, que participó en A Coruña en un desayuno organizado por el Fórum Europa, calificó de «lamentable» el escaso apoyo del Gobierno a Galicia en pleno Año Santo y citó como ejemplo el hecho de que en Toledo se realizarán más actividades durante la presidencia española de la UE que en toda la Comunidad gallega.
Durante su intervención, el conselleiro anunció que entre los meses de marzo y octubre la Xunta instalará un sistema de control de accesos en la catedral, que tendrá como objetivo limitar el aforo en el templo, además de habilitar un espacio para las mochilas de los peregrinos.

Varela aclaró que la campaña del Xacobeo está basada en la promoción de Galicia, para lo que se creará una marca turística de Galicia, se fomentará la cultura gastronómica y se implementarán nuevas herramientas tecnológicas. El objetivo del área de Turismo de la Xunta es reforzar la posición de Galicia como destino turístico y mejorar la media de visitantes en un 0,5 por ciento en relación a la media del resto de autonomías a final de año.

Para el conselleiro, Santiago de Compostela será «la protagonista indiscutible» del Xacobeo, aunque aclaró que estará acompañada de «un buen reparto» y, en este sentido, destacó que «nunca hubo un Xacobeo tan bien repartido».

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, pronunciou a conferencia Cultura, turismo e economía en Galicia na Tribuna Galicia do Forum Europa. Roberto Varela onde destacou que no Xacobeo “a protagonista indiscutible da película é Santiago de Compostela pero que para que esta luza en todo o seu esplendor, necesita estar acompañada por unha boa repartición. Galicia é o grande escenario Xacobeo”. “Deslocalizar as nosas accións en promoción e difusión cultural, así como en patrimonio, non é un capricho, senón unha esixencia da nosa xeografía humana”, engadiu.

O conselleiro de Cultura e Turismo afirmou que o Camiño de Santiago, máxime en Ano Santo, é, sen dúbida, “un dos principais escenarios mundiais de produción e intercambio de cultura. É, así mesmo, un espazo transnacional europeo, cohesionador -por propicio para o diálogo intercultural e o intercambio de experiencias vitais-, cun significado relixioso compartido por centos de millóns de cristiáns”. Roberto Varela definiu a ruta xacobea como “un elemento de articulación territorial e dinamización económica que ten como meta Santiago de Compostela e como xornadas finais Galicia”.

Roberto Varela recordou que durante a Idade Media esta Vía cumpriu unha “función fundamental” na historia da conformación de Europa ao “comunicar as persoas e os pobos; aboar as relacións entre os múltiples territorios polos que transcorría con noticias, argumentos e ideas doutras rexións, próximas ou afastadas”, e engadiu, “o Camiño de Santiago é un compacto piar da construción europea”.

A súa vez, a Ruta Xacobea segundo o titular de Cultura e Turismo, supón “indubidablemente, unha grande oportunidade de negocio colectivo que se ha de transformar en crecemento económico equilibrado. Para iso, dende a Xunta, traballamos estratexicamente, pretendemos actuar sobre o ámbito social e apoiar proxectos que supoñan un retorno importante nos ámbitos da promoción e difusión cultural e das nosas industrias culturais locais, do turismo e, finalmente, do patrimonio histórico-artístico e a herdanza cultural inmaterial”.

Neste foro económico, Roberto Varela expuxo liñas básicas da política cultural e turística da súa Consellería, baseado no sistema de toma de decisións sociais máis apropiado para proporcionar á sociedade galega a cultura desexada pola poboación. No acto tamén participaron o director de La voz de Galicia, José Luis Vilela; o presidente de Nueva Economía, José Luis Rodriguez.

O conselleiro de Cultura e Turismo iniciou a súa comparecencia recoñecendo que no contexto global como o que actualmente se perfila “o crecemento económico afecta decisivamente ao proceso de transformación do noso modo de vida”. Nesta liña, Roberto Varela formulou dúas cuestións para reflexionar, “¿como promover o cambio económico sen poñer en grave perigo elementos esenciais da nosa tradición cultural galega‏” e “¿cal é a liña correcta que debemos marcarnos na nosa política cultural‏”.

En canto o peso global das industrias culturais e na experiencia cultural dos individuos o titular de Cultura e Turismo incidiu na importancia do “efecto multiplicador do investimento cultural e os beneficios sociais que supón unha boa xestión dos recursos públicos destinados á cultura”. “As industrias culturais galegas están e han de estar firmemente asentadas na nosa tradición cultural e idiomática, porque non é posible producir cultura fóra do seu contexto social e a nosa identidade cultural é a parte que dota de valor engadido á cultura galega”.

Roberto Varela propón buscar “un equilibrio entre a lóxica do mercado e o respecto cara aos nosos valores, tradicións culturais e elementos identitarios; de producir cultura consumible e atractiva, pero afrontando a creación dende a nosa diversidade cultural”, encarando o importante reto do desenraizamento e a perda de identidade dos contidos. Trátase, en fin, de asumir a nosa cultura como punto de partida: inseríndoa nas expresións, deseños e formulacións máis modernas; pensándoa e repensándoa dun modo crítico, xenuíno e noso”.

A receita do representante de Cultura é “fomentar o traballo cooperativo entre a xente da cultura para lograr economías de escala nas súas iniciativas empresariais, deseñar un proxecto estratéxico de promoción e difusión da cultura galega e da súa lingua, asentar a imaxe definida e precisa da marca cultura galega -que sirva de carta de presentación dos nosos produtos e servizos culturais de calidade-, e proporcionar o marco óptimo para que os nosos artistas prosperen, se relacionen e expresen creativamente. Sen dúbida, é importante exercer de forma creadora a nosa liberdade colectiva para preservar e estimular a nosa cultura”.

Segundo Roberto Varela, “en xeral, o apoio gobernamental mediante subvencións non é a única alternativa posible nin, co noso criterio, a máis apropiada, posto que indefectiblemente tende a primar a produción sobre a distribución ou a promoción”. Neste sentido, a cuestión central é establecer “o sistema de toma de decisións sociais máis axeitado para proporcionarlle á sociedade a cultura desexada pola maioría da poboación”, engadiu o conselleiro.

Doutra banda, a Consellería de Cultura e Turismo está a colaborar coa misión estratéxica que dende a Presidencia da Xunta se propón e lidera “a inclusión social tecnolóxica para todos os galegos”, o que supón “facilitar o acceso dixital, un soporte infraestructural suficiente, pero tamén a propia alfabetización dixital” explicou Varela. Porque segundo o conselleiro de Cultura “a bonanza no futuro de Galicia depende en gran parte do éxito nestas políticas, e non podemos de ningún modo quedar á marxe da senda das tecnoloxías da información e a comunicación, que mediatizará os novos fluxos económicos e dotará de visibilidade e viabilidade a calquera tipo de iniciativa cultural”.

A Consellería de Cultura e Turismo, elaborou o Plan de Acción Turístico tras analizar a situación do sector e establecer as bases programáticas, metodolóxicas e procedementais para a mellora progresiva do turismo. Segundo Roberto Varela, entre os obxectivos do Plan de Acción, paga a pena destacar a “desestacionalización da demanda, o incremento do gasto medio, a elevación do nivel de competitividade e cualificación do noso sector turístico e, finalmente, o crecemento global da demanda turística en Galicia”. Deste xeito, “propóñense unha serie de estratexias e actuacións no ámbito da ordenación e promoción turísticas”.

Asemade, elaborouse outro documento de alcance operativo, o Programa de actuacións para o turismo durante o presente ano 2010, que establece como aspectos destacados a creación da Marca Turística "Galicia"; o apoio á promoción e comercialización do Xacobeo 2010; o desenvolvemento dun programa de sensibilización para concienciar o conxunto da ciudanía galega da importancia estratéxica do sector; a elaboración dun complexo programa de promoción da gastronomía de Galicia; a introdución de ferramentas turísticas de base tecnolóxica; ou a propia promoción e comercialización dos destinos e produtos turísticos galegos”, explicou o Conselleiro de Cultura e Turismo.

En resumo, segundo o Roberto Varela “estamos a reforzar a posición de Galicia como destino turístico, aproveitando do mellor modo posible as sinerxías creadas polo Xacobeo”. ”Trátase de completar e enriquecer -redobrando esforzos-, a proxección do noso ámbito turístico autóctono, consolidando a posición de Galicia como destino nos diferentes mercados diana”.

Pouca presenza de xacobea na presidencia española da UE
Respecto a presente presidencia de España da Unión Europea, o conselleiro de Cultura e Turismo afirmou que “goberno central deixou pasar unha oportunidade única de crear sinerxías positivas no ámbito cultural e turístico para o crecemento de Galicia e España”. Segundo Roberto Varela, a Programación cultural da Presidencia española da Unión Europea para o primeiro semestre de 2010 deixa ás claras dúas cuestións fundamentais: a falta de visión estratéxica na súa planificación -en tanto que apoiar máis decididamente a programación do Xacobeo 2010 e enriquecer a programación cultural galega significaría potenciar un crecemento económico interrexional e sumar para o conxunto de España- e a súa inconsciencia, -por non pensar en que houbo outros criterios espurios á hora de planificar-“.

“É lamentable que nun Ano Xacobeo, no que o Camiño de Santiago -o Primeiro Itinerario Cultural Europeo e un dos grandes mecanismos vertebradores da cultura europea e da propia concepción e idea de Europa- se vai poñer aos pés de millóns de peregrinos de todo o mundo, o Goberno central non colabore realmente para lograr un éxito colectivo de España”, engadiu o responsable de Cultura.

A Consellería de Cultura e Turismo en materia de política cultural ten como obxectivo “o crecemento económico sobre a base das nosas industrias culturais” e como fin último “acadar unha melloría real do desenvolvemento humano de Galicia” afirmou o conselleiro de Cultura e turismo.

Roberto Varela defendeu que ”estar dotado cunhas industrias culturais e turísticas fortes, que coadxuven ao noso crecemento económico, é unha condición necesaria para o desenvolvemento de Galicia”. “Ademais, a política cultural en Galicia debe ser un instrumento efectivo para o reequilibrio territorial entre o medio rural e o urbano. Ofrecemos alternativas culturais que aspiran a cubrir as necesidades de todos -aplicando criterios de xustiza social-“.

Do mesmo modo, o titular de Cultura incidiu en “mellorar a accesibilidade a todo tipo de eventos, produtos e servizos culturais (en resumo, bens culturais) é un empeño real e absolutamente necesario”. “Entendemos a cultura como unha práctica social, construída mediante o diálogo e a convivencia, na que os cidadáns participan como protagonistas da creación cultural”. “Neste sentido, é imprescindible eliminar barreiras que dificulten ou obstrúan estes procesos de participación e facilitar a inclusión de todos os artistas e creadores na esfera das industrias culturais.”

”Trátase, en definitiva, de estimular a creatividade e a expresión cultural plena de todos os colectivos sociais e de integrar -habilitando as canles de acceso apropiadas-, os creadores e artistas de mérito con algún tipo de minusvalidez dentro das industrias culturais, colaborando na promoción e difusión das súas obras”. “É necesario integrar nas industrias culturais o xenuíno de cada cultura, a crítica, a beleza dunha expresión sublime de calquera índole e o entretemento”, engadiu Roberto Varela.

Roberto Varela afirmou que “toda expresión de cultura ha de ser libre para dicir, mostrar ou representar a realidade na faceta que desexe, para expresarse e desenvolverse de forma autónoma; ha de ser libre, polo tanto, tamén para criticar, pois facelo forma parte da súa función e garante, en sentido lato, o desenvolvemento humano“.

”Galicia é un país no que non se esgotan as miradas nin as expectativas creativas dos nosos artistas. Apostamos pola cultura galega, polo feito de que esta se comparta e difunda dentro do hábitat cultural occidental. Permeabilidade e innovación, acción cultural exterior, crecemento, promoción do idioma e identidade propia son factores necesariamente compatibles”, defendeu o representante de Cultura e Turismo.

Respecto a mensaxe turística, Roberto Varela considera que o visitante ha de vivir en Galicia “unha experiencia na que se combine o desfrute do noso patrimonio cultural e natural coa sorpresa ante a vangarda. Ao seu regreso, o visitante ten que levar no seu fardo da memoria tradición e modernidade, espiritualidade e efervescencia, e un recordo de cultura e ocio excelente”.

”Encantaríame que, dende o exterior, cada vez máis, se percibise que en Galicia existe unha frescura única e contemporánea; que a nosa xente se empapa das múltiples culturas que entran polo Camiño de Santiago e as asumen e integran dun modo crítico e galaico; que somos un pobo permeable e xenuíno ao mesmo tempo; que temos un modo de facer cultura e de compartir o patrimonio propio, pero universal, exportable e dinámico”, engadiu representante de Cultura.

Roberto Varela afirmou que dende a Consellería de Cultura e Turismo estase a levar a cabo -en colaboración con todos os axentes culturais de Galicia-, unha política ao “servizo e á medida de Galicia: procurando responder do mellor xeito á pluralidade de demandas do conxunto da poboación; tratando de incrementar os baixos índices de consumo cultural no noso país (e en especial os nosos hábitos lectores); modificando os hábitos culturais dende os ámbitos educativos formais e non formais; apoiando decididamente, promovendo e proporcionando un marco sociocultural positivo para o futuro das industrias culturais; axudando a garantir os dereitos dos creadores e dos consumidores, e harmonizando estes dereitos; e finalmente tratando de que Galicia sexa un espazo cultural e creativo único: un lugar idóneo para realizar, xestionar, crear, innovar ou propoñer cultura”.

Finalmente, o conselleiro de Cultura e Turismo presentou política cultural da Consellería como un “conxunto de mecanismos necesarios para que as persoas desenvolvan as súas capacidades humanas, aborden a súa liberdade con maior consciencia e responsabilidade, e actúen e decidan criticamente”. “Creo que debemos ser o suficientemente intelixentes para comprender as nosas necesidades culturais presentes e saber resolvelas, pois os nosos creadores, a xente da cultura e toda a sociedade galega merecen que esteamos á altura”, concluíu Roberto Varela.
R.