Skip to main content

El presidente de la Xunta se muestra dispuesto a negociar hasta el último segundo algún aspecto concreto para evitar el recurso a la Ley de Cajas pero dice que no aceptará recortes

"Si tiene dudas legítimas y de buena fe, nos sentamos y las vemos; esa es nuestra hoja de ruta", subrayó el mandatario gallego en la rueda de prensa posterior al Consello de la Xunta, donde matizó que si lo que se busca es "bloquear" el futuro de Caixa Galicia y Caixanova, será "responsabilidad" del Gobierno de España y de los socialistas gallegos. El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestó su voluntad de negociar "hasta el último segundo" con el Gobierno central para evitar un recurso a la Ley de Cajas de Galicia, pero advirtió de que, en ningún caso, aceptará "recortes" que frenen en la comunidad gallega "preceptos" aceptados en normativas de otras autonomías.

En todo caso, garantizó que si el Estado accede a negociar, la Xunta "consultará" con el BNG cualquier cambio aplicado a la ley y, en el caso contrario (que haya recurso), analizará las cuestiones que se recurren y dará "las contestaciones correspondientes". "Se puede actuar con abuso de poder o con razonamientos, nosotros lo haremos con la serenidad que da la fuerza de la razón", avisó.

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, intentará «hasta el último segundo» que el Gobierno no recurra la Ley de Cajas gallega, y se ha mostrado partidario de dialogar y de negociar algún aspecto técnico o puntual de la norma. En rueda de prensa tras el Consello semanal del Ejecutivo gallego, y preguntado por si tiene pensado hablar con el Gobierno central, ya que se celebra el Consejo de Ministros que podría decidir el recurso, Núñez Feijoo ha explicado que ya ha dialogado con miembros del Gobierno y que han quedado en llamarle.

El presidente de la Xunta indicó que el Gobierno gallego, a diferencia del PSOE, prefiere el diálogo al conflicto y la solvencia y galleguidad al «bloqueo de las cajas». Es mejor para todos, dijo, recuperar el diálogo entre las administraciones «y no amenazar una administración a una comunidad autónoma por hacer una ley idéntica» a la de otras autonomías que no fueron recurridas, ante lo que insistió a este respecto que en Galicia «hay vida inteligente». Núñez Feijoo insistió en que, «lamentablemente», el PSOE prefiere el «bloqueo» a la solvencia y la galleguidad de las cajas, y destacó que todo apunta a que el Gobierno central seguirá las directrices del Partido Socialista en este asunto, lo que sería «muy mala noticia, de producirse».

El jefe del Ejecutivo gallego destacó que, «hasta el último segundo, la Xunta quiere seguir planteando el diálogo antes que el conflicto; la galleguidad y la solvencia antes que el bloqueo y hasta el último segundo seguiremos proponiéndole al Gobierno del Estado que no presente ningún recurso de inconstitucionalidad». Apuntó que si el Ejecutivo central advierte alguna dificultad en la norma, «estamos dispuestos a desbloquearla sin recursos, sin líos y sin llevar a las cajas a una situación de precipicio». Como presidente va a actuar «con la máxima responsabilidad para acordar, no para recortar las competencias de Galicia», manifestó. Los gallegos, dijo, «lo mínimo que pueden pedir a su presidente es que tengan los mismos derechos que un catalán, un vasco o cualquier otro ciudadano español».

En Galicia, manifestó, hay una posibilidad «real, sólida y solvente» de una fusión de sus cajas y la Ley que las regula es «constitucional» y ha sido pactada por la mayoría cualificada del Parlamento. Por tanto, si se interpone recurso, «se pondrá contra la Cámara gallega». Preguntado por qué aspectos estaría dispuesto a negociar de la norma, señaló que algunos de tipo técnico o alguna aclaración, pero no la base de la ley en aspectos como la autorización de operaciones, e indicó que, si fuese necesario un cambio, consultaría al BNG, que apoyó la norma. «Que no se castigue a Galicia y que no se amenace a Galicia», señaló el presidente, que insistió en que se limita a defender los intereses de la Comunidad, lo que hará «mientras pueda y, si no, tendrán que poner otro presidente».

El jefe del Ejecutivo indicó que ayer habló «con alguien» del Gobierno, a quien le trasladó su propuesta de diálogo, y también le comunicó que no parece razonable para un clima de lealtad institucional «que nos enteremos de un posible recurso» reclamando el expediente al Consejo de Estado «y que no nos enteremos siquiera de lo que se nos acusa». También señaló que ha conversado «desde hace mucho tiempo» con otros miembros del Gobierno desde el mes de noviembre. Sobre cuál es la respuesta que ha recibido, dijo: «La respuesta es que me llamarán».

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

“A Xunta prefire o diálogo ao conflito e a Xunta prefire a solvencia e a galeguidade ao bloqueo das caixas. E imos seguir traballando nese sentido”. Así o asegurou esta mañá o mandatario galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello da Xunta, na que avogou por “recuperar o diálogo entre as administracións e non ameazar desde unha administración a outra comunidade autónoma por facer unha lei idéntica a outras leis que non foron recorridas”.

“Pensamos que a solvencia e a galeguidade, que están amosadas desde o punto de vista técnico e desde o punto de vista político, é moito mellor que bloquear o futuro das caixas galegas. E imos seguir traballando niso”, insistiu Feijóo, lamentando que o Partido Socialista prefira “o conflito” ao diálogo e “o bloqueo” antes que a galeguidade e a solvencia das entidades financeiras. “Lamentablemente todo apunta a que o Goberno central vai seguir as directrices do Partido Socialista e iso, de producirse, é unha moi mala noticia”, remarcou.

Non obstante, o presidente da Xunta subliñou que, “ata o último segundo”, o Goberno galego lle seguirá propoñendo ao Goberno español que non presente ningún recurso de inconstitucionalidade senón que se sente a falar porque, “se advirte algunha cuestión –dixo-, nós estamos en disposición para desbloqueala sen recursos, sen liortas e sen levar ás caixas de aforro a unha situación de precipicio”.

Actuar coa máxima responsabilidade sen recortar competencias
A este respecto, o titular da Xunta comprometeuse a actuar “coa máxima responsabilidade para acordar as competencias de Galicia na tutela financeira das caixas” aínda que non está disposto a “recortar” ditas competencias. “Se hai algunha cuestión que por técnica lexislativa, por técnica normativa ou por unha sistemática é necesario modificar ou clarexar, non temos ningún problema; pero os grandes principios como a renovación dos órganos de Goberno, como as autorizacións que se establecen noutras comunidades autónomas por parte da Comunidade galega son cuestións que forman parte do núcleo fundamental da tutela financeira das caixas”, matizou.

“Un galego e unha galega o mínimo que lle pode pedir ao presidente de Galicia é ter os mesmos dereitos desde o punto de vista de futuro financeiro das caixas de aforro, os mesmos dereitos que teñen acreditados un catalán, un andaluz, un vasco ou calquera outro cidadán de España”, explicou Feijóo lembrando que nesta dirección é, precisamente, na que está a traballar o Executivo autonómico.

“A Xunta de Galicia non será responsable de bloquear o futuro das caixas”, insistiu destacando que nestes momentos existe na comunidade “unha posibilidade real, sólida e solvente” para acometer a fusión e para facer “a quinta gran caixa de España”. “En Galicia hai unha Lei de caixas constitucional e pactada polos dous terzos da Cámara. Polo tanto o recurso de inconstitucionalidade, se se pon, non se pon contra o presidente de Galicia nin contra o Goberno galego, senón contra o Parlamento”, argumentou Feijóo indicando que foi a Cámara a que decidiu, entre os tres grupos por unanimidade, tramitar e aprobar ese texto antes do 31 de decembro, e tamén a que decidiu, por dous terzos, aprobar e consensuar a lei.

Non debate de constitucionalidade senón de “inconsistencia”
“E temos claro que temos unha lei homologable ao resto das comunidades autónomas”, matizou o mandatario autonómico sinalando que, se no resto das comunidades autónomas é constitucional, “en Galicia tamén”. “A Constitución ten un ámbito de aplicación que é o Estado español, non a unha parte do Estado se lle aplica a Constitución e noutra non se lle aplica a Constitución. Polo tanto, isto non é un debate de constitucionalidade, senón probablemente un debate de inconsistencia”, agregou Feijóo incidindo en que é “inconsistente defender un Estatut provisional de Cataluña e dicir que é constitucional; e que é inconsistente defender a eliminación das provincias catalás, que están protexidas na Constitución e que o mesmo partido que está defendendo que desaparezan as provincias en Cataluña sexa o mesmo partido que lle está dicindo a Galicia que ten unha lei de caixas inconstitucional”.

“En Galicia hai vida intelixente e estamos dispostos a dialogar e a acordar pero teñen que entender –dixo Feijóo referíndose aos mandatarios do Goberno central-, que tamén sabemos o que ocorre e sabemos ler as leis de Valencia, as leis de Cataluña, as leis do País Vasco e as leis de Andalucía e non hai preceptos na lei galega que non estean referidos nas leis aprobadas e ratificadas polo Goberno de España, dado que non presentou ningún recurso de inconstitucionalidade fronte a elas”.
O presidente galego lembrou, ademais, que se o Goberno español ten dúbidas “lexítimas e á boa fe” sobre a Lei de caixas galega, o procedemento habitual é sentarse a negociar. Pola contra, destacou, “se o Goberno de España o que adoptou foi a decisión de bloquear a fusión das caixas galegas presentando agora un recurso de inconstitucionalidade, iso será unha responsabilidade do Goberno de España e do socialismo galego que terán que explicar”.

“Temos dereito a caixas de aforro, e trasladar a Galicia unha mera sucursal das caixas de aforro de outras comunidades autónomas non está na Constitución; iso está, se ao final o fan, na decisión política dun Goberno e na decisión política dun partido: o Goberno socialista e o Partido Socialista”, engadiu o mandatario galego amosándose confiado en que da mesma forma que se chegou a acordos noutros temas, “neste asunto, tan importante ou máis que o AVE, cheguemos tamén a un acordo. E esa é a man tendida do Goberno de Galicia desde sempre”, agregou.

“Pero non anticipemos resultados”, sinalou reiterando que o que propón, finalmente, o Goberno galego é “que non se castigue Galicia, que non se ameace a Galicia e que non se bloquee Galicia. Ese é o noso deber e se non o fixeramos estariamos incumprindo o deber de defender os intereses xerais da comunidade”, concluíu.

Preguntado por como actuará a Xunta en caso de que finalmente se materialice o recurso de inconstitucionalidade, o presidente galego asegurou que o Executivo autonómico “está nun Estado de dereito e será respectuoso coa Constitución”, aínda “que haxa partidos que utilicen a Constitución en contra de algunhas comunidades autónomas”. Polo tanto, dixo, “o que faremos é, de forma inmediata, actuar conforme aos contidos dese posible recurso e facer as contestacións inmediatas que procedan. Desde o punto de vista do Goberno actuaremos coa serenidade que dá a forza da razón e a forza da razón en política é a arma máis poderosa. Pódese exercer o poder con abuso de poder ou con razoamentos; nós estamos exercendo o poder con razoamentos. Se hai alguén que o quere exercer con abuso de poder iso sempre sae mal”, advertiu.

R.