Skip to main content

El presidente de la Xunta confirma el inicio inmediato de conversaciones con el Gobierno sobre la Ley de Cajas

El vicepresidente tercero del Gobierno y ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, anunció que el Ejecutivo presentará "en cuestión de horas" el recurso de inconstitucionalidad a la ley de cajas de Galicia, aunque señaló que está dispuesto a retirarlo si se alcanza un acuerdo con la Xunta. La vicepresidenta primera, María Teresa Fernández de la Vega, anunció la intención del Gobierno de presentar un recurso de inconstitucionalidad contra "determinados preceptos" de la Ley de Cajas de Ahorros gallega por considerar que colisiona con la ley estatal que regula estas entidades.

Así, aunque Chaves indicó que el recurso se presentará "en cuestión de horas", aseguró que el Ejecutivo está "abierto" a negociar con el Gobierno gallego para llegar a un acuerdo que permita retirar el recurso de inconstitucionalidad. Para ello, desveló que este lunes mismo remitirá una carta al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en la que le trasladará su disposición al diálogo. Antes de presentar el recurso, el Gobierno solicitó un dictamen urgente al Consejo de Estado para ver si existen indicios de ilegalidad que aconsejasen recurrir dicha ley autonómica ante la existencia de preceptos que colisionan con la Ley de Órganos Rectores de Cajas de Ahorros (LORCA).

El dictamen del órgano consultivo confirmó los indicios de inconstitucionalidad detectados por el Gobierno central en diez preceptos de la Ley de Cajas de Galicia, que entró en vigor la primera semana de enero.

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ha considerado que «no sería comprensible» que una administración responsable situara a Galicia en un «auténtico laberinto sin salida aparente» si se queda sin cajas, por lo que pidió responsabilidad para no cometer ese «error histórico». Núñez Feijoo ha inaugurado la jornada «Situación actual y perspectivas de las cajas de ahorro», que se celebra en un hotel compostelano con la participación de expertos en este tema, y en su intervención aludió al «apego territorial» que suponen las cajas de ahorro a la hora de «evitar la exclusión financiera y geográfica de los territorios donde nacieron».

Por ello y tras insistir en la función de las cajas como «instrumento de vertebración territorial» allí donde funcionan, ha advertido de que 80 ayuntamientos de Galicia se «quedarían sin ninguna oficina bancaria de no ser por la presencia de cajas de ahorro gallegas». «Se equivocan quienes minimizan el sentido de la responsabilidad y de la inteligencia del pueblo gallego. Es hora de unir esfuerzos para que nuestra historia se escriba con nuestra participación. Es mi principal decisión, que la historia de Galicia se escriba con la participación de Galicia», argumentó.

En este sentido, explicó que habló nuevamente ayer con la vicepresidenta del Gobierno, María Teresa Fernández de la Vega, ante el recurso que presentó el Gobierno a la Ley de Cajas de Galicia, por lo que ambas administraciones empezarán a dialogar sobre esta situación que afecta a las cajas, cuyo futuro deberá estar guiado por la «serenidad, la rigurosidad y el acerbo territorial», dijo. «Seremos llamados de forma inmediata por el Gobierno para empezar a hacer lo que teníamos que hacer antes de judicializar» la situación de las cajas de ahorro, alegó el presidente de la Xunta sobre la decisión del Gobierno de mantener el recurso de inconstitucionalidad antes de intentar solucionar sus discrepancias.

Galicia, que se encuentra en una «encrucijada», continuó, participará en este debate haciendo gala de su «madurez» y posición de defensa de los derechos constitucionales, estatutarios y de tener cajas de ahorro para continuar siendo «histórica antes que dependiente». Parafraseando a Shakespeare, aseveró que la reestructuración financiera en España ha cambiado sensiblemente, por lo que ahora ya no se trata de «ser o no ser», sino de «tener o no tener cajas». Así, subrayó que la Comunidad «quiere tener cajas» y puede contar con la «quinta caja de España en términos de activos, de solvencia, de caja» si se logra una fusión entre Caixa Galicia y Caixanova, opción que encuentra una puerta abierta en la Ley gallega.

Al hilo de ello, consideró que «no sería comprensible que una administración responsable sitúe a Galicia en un campo que derive en un auténtico laberinto sin salida aparente» por lo que, tras llamar a la responsabilidad de los dirigentes en un «momento de incertidumbre», abogó por «no convertir lo que está llamado a ser un acierto histórico en un error histórico». «Por eso queremos que el futuro de nuestras cajas se decida en Galicia» y la solución «no pasa por una deslocalización financiera innecesaria y arbitraria», insistió el presidente de la Xunta tras recordar que Galicia es la quinta Comunidad en población y PIB. «Galicia no quiere desandar el camino andado», reivindicó Núñez Feijóo, quien aludió a la ambición de que los ahorros de los gallegos funcionen a modo de «palanca de desarrollo», y se mostró convencido de que «el país espera una solución serena, rigurosa y respetuosa con los derechos constitucionales de los gallegos y de la Comunidad autónoma».

La intervención del presidente sucedió a la de la decana de la Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales de la Universidad compostelana, Maite Cancelo, quien defendió la «galleguidad» y el refuerzo de la cohesión como requisitos del debate, y propuso «dejar de lado» críticas localistas y criterios partidistas que «pueden poner en peligro el desarrollo identitario de Galicia». Asimismo, el catedrático de Hacienda Pública Luis Caramés abogó por poner un poco de racionalidad en el debate, para lo que destacó la incidencia que pueda tener en él las jornadas de hoy, pues en ellas participan expertos y políticos con competencias.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo confirmou que as conversas co Goberno central comezarán de forma inmediata “para empezar a facer o que tiñamos que facer antes de xudicializar o sistema de caixas de aforro galegas, que é dialogar”.“Quero confiar na conversa mantida onte pola tarde coa vicepresidenta primeira do Goberno, que me refería que seremos chamados, de forma inmediata, polo Goberno para empezar a facer o que tiñamos que facer antes de xudicializar o sistema das caixas de aforro galegas, que é empezar a dialogar e empezar a falar sobre estas cuestións”, enfatizou na inauguración, esta mañá en Santiago, da xornada “Situación actual e perspectivas das caixas de aforro”.

O mandatario autonómico incidiu en que quere confiar e “imos seguir confiando”, na palabra do Goberno español, do mesmo xeito, engadiu, “que Galicia vai seguir defendendo os seus dereitos constitucionais, os seus dereitos estatutarios e o seu dereito de ter caixas. Porque temos aforro, somos a quinta comunidade autónoma en poboación, a quinta comunidade en produto interior bruto e podemos ter a quinta caixa de España en termos de activos, de solvencia e de caixa”, aseverou.

“Estou convencido de que o país espera unha solución serena, unha solución rigorosa e unha solución galega” e “a obriga de todos os gobernantes é loitar para dar resposta a esa aspiración colectiva, que é tamén unha necesidade colectiva”, engadiu o presidente da Xunta. Reiterou, ademais, que desexa que o futuro das caixas galegas “sexa decidido en Galicia” porque esta solución serena rigorosa e galega “á que aspiramos non pasa –dixo-, por unha deslocalización financeira innecesaria, arbitraria e imposta”.

“Na propia experiencia das caixas de aforro Galicia ten atopado a guía que ha de marcar o seu futuro financeiro; unha guía –asegurou Feijóo-, con tres palabras clave”. Por unha banda, sinalou, a “serenidade”, xa que os procesos de alianzas e de fusión non son novos, senón que, “con moito traballo e con dificultades certamente fomos conseguindo pasar de 6 caixas de aforro a 2 caixas de aforro na actualidade”. Por outra, “rigorosidade” xa que, dixo, “o obxectivo é mellorar a solvencia, aumentar a eficacia, fortalecer os recursos propios e atacar a morosidade que vai en aumento”. E, por último, agregou o mandatario autonómico, “apego territorial: as caixas creáronse para evitar a exclusión financeira e xeográfica dos territorios onde naceron e Galicia non quere desandar o camiño andado”, enfatizou.

Na súa intervención, o presidente da Xunta plantexou, tamén, o diferente que sería Galicia sen instrumentos financeiros con centros de decisión na comunidade; se a singularidade cultural secular non se completa cunha singularidade financeira que axude a afianzar e mellorar a posición de Galicia en España, en Europa e no mundo; e sen caixas “solventes e galegas”. “Penso que ningún cidadán desta terra quere unha Galicia lesionada”, incidiu Feijóo indicando que “se equivocan os que minimizan o sentido da responsabilidade e o sentido da intelixencia do pobo galego”. “Por iso é hora de unir esforzos para que a nosa historia se escriba coa nosa participación; esa é a miña principal decisión, que a historia de Galicia se escriba coa participación de Galicia”.

Feijóo lembrou, ademais, que a comunidade ten unha forma “singular e propia” de comportarse na España autonómica xa que, dixo, “nunca se reivindica fronte a outros porque si, pero tampouco se caracteriza polo desarraigo”. “O certo é que a reestruturación financeira en España ten mudado sensiblemente a reflexión shakesperiana do ser ou non ser, polo ter ou non ter caixas. Ese é o escenario e Galicia quere ter caixas”, enfatizou.

“Non sería comprensible que ningunha Administración responsable sitúe Galicia en medio dun campo de Agramante que deveña nun auténtico labirinto sen saída aparente”, engadiu o presidente da Xunta advertindo que o futuro das entidades financeiras, depende, en boa medida, “da responsabilidade que cada un de nós sexa capaz de asumir para non converter o que está chamado a ser un acerto histórico nun erro histórico”.

O presidente da Xunta fixo referencia na súa intervención aos principais aspectos nos que o Goberno de España basea o seu recurso á Lei galega de caixas, citando en primeiro lugar, o tocante á autorización das fusións externas ou as SIP. “O Goberno cre inconstitucional o artigo que prevé expresamente a necesidade de que a Xunta autorice a incorporación dunha caixa galega a unha fusión externa”, apuntou Feijóo, quen expuxo que este artigo está apoiado polos tres grupos parlamentarios do Parlamento galego, e, ademais, se corresponde co texto da Lei de Madrid, de Andalucía e de Castela e León, que din exactamente “que lle corresponderá á Consejería de Economía e Facenda das Comunidades Autónomas anteriormente citadas a autorización previa dunha fusión externa das caixas”.

En relación coas obxeccións do Executivo central ao artigo da Lei de caixas sobre a renovación dos órganos de goberno, o titular da Xunta sinalou que a doutrina do Tribunal Constitucional dispón que a renovación debe ser parcial para garantir a continuidade da xestión das entidades. Porén, subliñou Alberto Núñez Feijóo, “iso non significa, en ningún caso, que a renovación non poida ser superior á metade dos órganos de goberno”. Desde ese punto de vista defendeu como “prudente e totalmente constitucional” que a renovación sexa nun 75%, “sobre todo, porque do que se trata é de dar entrada por primeira vez a representantes do Parlamento galego, que ata o momento non tiñan representación, nos órganos de Goberno, dado que a Lei de caixas galega data de hai máis de 20 anos, case ao comezo da propia autonomía”.

En relación ao carácter constitutivo do rexistro de altos cargos, Feijóo remitiuse ao artigo no mesmo sentido que inclúe a lei catalá que, sen embargo, non foi recorrida. “Leo o artigo 42.3: “las inscripciones correspondientes en el registro de altos cargos de las cajas de Cataluña, son requisito previo para que los nombramientos de los cargos sujetos a inscripción sean efectivos”, destacou.

Núñez Feijóo lamentou, sobre o recurso da regulación da maioría necesaria para aprobar unha fusión, que o que elaborase o recurso “non se tiña lido a lei”. “O artigo 52 da Lei non foi modificado desde 1985. Estamos co mesmo artigo, literalmente, que a Lei de 1985 que prevé, para aprobar unha fusión, que se garanta un quórum de dous tercios de asistencia e a metade máis un dos votos a favor”, explicou o presidente galego, quen abondou en que esta redacción foi expresamente declarada constitucional pola senteza 48/1988 do TC.

“Comprenderán vostedes que en Galicia somos pacientes, que en Galicia somos responsables, e que en Galicia, onde non queremos política de confrontación, non poidamos entender como se poden admitir noutras comunidade autónomas todos os preceptos que agora son susceptibles de recorrer ante o Tribunal Constitucional”, salientou Feijóo, quen gabou a “enorme madurez” coa que se está a comportar a sociedade galega. “A galega é unha sociedade madura. Quixo ser autónoma e histórica antes que dependente”, lembrou Feijóo destacando que esa mesma madurez é a que lle requiren, “obrigatoriamente” aos seus dirixentes. “Temos a obriga de estar á súa altura nestes momentos de incerteza e confío en que as súas achegas nesta xornada de reflexión e de estudo nos orienten a todos”, concluíu dirixíndose aos participantes.


R.