Skip to main content

Más de la mitad de granjas lácteas gallegas optan a una nueva línea de ayudas de la PAC y acaparan el 40% de las ayudas a España

Más de la mitad de las explotaciones gallegas ubicadas en zonas desfavorecidas o de montaña recibirán el 40% de una nueva ayuda directa de la Política Agraria Común (PAC) en 2010 para el sector lácteo, que destinará a España más de 40 millones de euros. Así lo ha anunciado el director general de Producción Agropecuaria de la Consellería de Medio Rural, José Álvarez Robledo, en una comparecencia ante los medios en la que informó sobre las ayudas directas de la PAC, que el pasado año destinaron 177 millones de euros para el total de explotaciones solicitantes y que, en el caso de Galicia, pidieron 44.000 agricultores.

La nueva ayuda para el sector lácteo se calculará en función de la cuota láctea dividida entre la media de producción española (6.800 kilos/año), por lo que a Galicia le corresponderá entre el 37 y el 40% de la cantidad total que recibirá España, que serán 40,2 millones de euros. Las explotaciones situadas en las provincias de Lugo, Ourense y algunas zonas de A Coruña serán las receptoras de estas ayudas por ser en ellas donde se encuentra la mayoría de las granjas de montaña y desfavorecidas, clasificadas de esta manera en función de la pendiente, entre otros parámetros, en el primer caso, y de la edad de los titulares o el aislamiento, en el segundo.

Las nuevas ayudas de la PAC incluyen también los llamados pagos por superficies y aquellos que recibían los productores de ganado ovino y caprino, pero en un pago único, una medida que afectará a 26.000 solicitantes gallegos de estas ayudas. Este sector, el dedicado al ganado ovino y caprino y cuyas explotaciones se encuentren en zonas vulnerables, recibirá 7,2 millones a nivel nacional para mejorar la producción de leche y 26,2 millones si comercializa la carne a través de fórmulas asociativas con al menos 5.000 animales. El reparto de estas cantidades para Galicia se establecerá una vez la comunidad autónoma envíe al Ministerio de Medio Rural el censo de animales elegibles para dividir la cuantía global en función de cada uno de ellos.

Álvarez Robledo insistió en que los agricultores comiencen a solicitar ya las ayudas, cuyo plazo finaliza el 30 de abril, para evitar que se acumulen dudas u otro tipo de gestiones al final de proceso.

Un total de 38 entidades colaboran con el Fondo Gallego de Garantía Agraria (FOGGA) en la gestión de estas ayudas directas de la PAC, que ha firmado convenios con 13 entidades financieras, 24 de asesoramiento a explotaciones agrarias y con AGACA para su tramitación, que se puede realizar utilizando una aplicación web o el registro telemático de la Xunta.

Preguntado por la firma de contratos homologados por parte de las industrias lácteas, el director general de Producción Agropecuaria calificó de «anómala» la situación en la que una explotación no sabe si le van a recoger o no la leche, ni cuándo, por lo que abogó por un «diálogo serio» entre industria y productor a través de este tipo de contrato.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Medio Rural de la Xunta de Galicia:

Un total de 38 entidades colaboran co Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) na xestión das axudas directas da Política Agrícola Común (PAC) destinadas aos agricultores e gandeiros da nosa Comunidade Autónoma. Isto é posible porque o FOGGA –organismo autónomo de carácter comercial e financeiro adscrito á Consellería do Medio Rural– asinou convenios de colaboración con 13 entidades financeiras, 24 entidades de aconsellamento a explotacións agrarias e coa Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA). Estes acordos permiten poñer a disposición dos agricultores un elevado número de puntos para a tramitación deste tipo de axudas –que supón un certo grao de complexidade– en toda Galicia.

Así o destacou en rolda de prensa o director xeral de Produción Agropecuaria e do FOGGA, José Álvarez Robledo, quen explicou os detalles da convocatoria correspondente a 2010, regulada por unha orde da Consellería do Medio Rural publicada o pasado venres no Diario Oficial de Galicia (DOG). Álvarez Robledo lembrou que estas axudas tramítanse utilizando unha aplicación web e o rexistro telemático da Xunta, o que permite deixar constancia da solicitude no mesmo momento en que se completa na oficina da correspondente entidade colaboradora.

Na devandita orde de Medio Rural establécese a normativa para a tramitación e xestión de 25 tipos de axuda, dos que 13 son pagos directos a agricultores e gandeiros (entre eles o pago único e as axudas por vacas nutrices) e outros 12 corresponden a axudas ao desenvolvemento rural (entre as que está a indemnización compensatoria e as axudas incluídas no contrato de explotación sustentable). Solicitaron estas axudas no 2009 máis de 44.000 agricultores en Galicia. O importe total das pagadas o pasado ano e que se tramitan a través da solicitude unificada PAC Desenvolvemento rural superou os 177 millóns de euros para o total das explotacións solicitantes.

Na campaña 2010 introdúcense novidades na xestión das axudas derivadas do denominado “chequeo médico” por aplicación do Regulamento (CE) nº 73/2009 do Consello, de 19 de xaneiro de 2009. Por un lado, incorpóranse totalmente ao Réxime de Pagamento Único (RPU), na nosa Comunidade Autónoma, as seguintes axudas: Prima por cultivos herbáceos; prima base de ovino-cabrún e prima complementaria de ovino-cabrún.

Estas axudas xa estaban integradas no RPU desde o ano 2006, nun 75% no caso de cultivos herbáceos en nun 50% no caso do sector do ovino e cabrún. Incorpórase agora o 25% que permanecía ligado á produción no caso dos cultivos herbáceos (millo e outros cereais) e o 50% no caso das dúas primas de ovino-cabrún.

Tómanse como referencia para a incorporación ao RPU os importes da axuda nos períodos de referencia (anos 2007 e 2008 no caso da prima de cultivos herbáceos e ano 2008 para as primas base e complementaria de ovino-cabrún). Integraranse, segundo o caso, ao valor dos dereitos do RPU que dispoñan os produtores ou xerarán novos dereitos se non se dispón deles en función das superficies da solicitude presentada en 2010.

Intégrase de novo no pago único un importe total de 6,26 millóns de euros, dos que 4,31 proceden de cultivos herbáceos e 1,95 do sector ovino-cabrún, correspondentes a 29.566 agricultores galegos.

Comunícaselles a estes agricultores, xunto coa información para a solicitude unificada 2010, os importes en euros e unidades (cabezas de ovino-cabrún ou hectáreas de cultivos herbáceos), correspondentes ás campañas de referencia, despois de aplicar coeficientes correctores para axustar os importes aos límites orzamentarios establecidos regulamentariamente para cada sector. Poderán consultar no seguinte enderezo web: http://mediorural.xunta.es/nc/fogga/politica_agraria_comun/pac_2010/ da Consellería do Medio Rural –utilizando o seu DNI e a clave persoal que lles ten facilitado o FOGGA– estas novas alegacións provisionais de dereitos procedentes do “chequeo médico”, así coma os dereitos que xa tiñan na campaña 2009.

Os agricultores con novas asignacións poderán presentar alegacións, na Oficina Agraria Comarcal da súa zona –se é o caso– a esta asignación provisional, por algún dos seguintes motivos: Inicio da actividade durante o período de referencia para produtores de cultivos herbáceos; causa de forza maior ou circunstancia excepcional; cambio de titularidade dos dereitos provisionais ou corrección de erros. O prazo para presentar alegacións remata o vindeiro 30 de abril do presente ano , data na que finaliza tamén o período para a presentación da solicitude unificada de axudas PAC 2010.

Co “chequeo médico” establécense tamén novas axudas específicas ao sector agrario, das que son de aplicación en Galicia as seguintes: Axudas do programa nacional para a calidade das legumes; a produtores de ovino-cabrún con produción amparada por denominacións de calidade; para agricultores de ovino e cabrún con explotacións orientadas á produción de carne; a agricultores do sector lácteo en zonas economicamente vulnerables e para fomentar a produción de produtos lácteos de calidade.

As primeiras consisten nun pago pola superficie dedicada á produción de leguminosas de consumo humano (faba, garbanzo ou lentella) rexistradas como Denominación de Orixe Protexida (DOP), Indicación Xeográfica Protexida (IXP) –caso da Faba de Lourenzá– ou Agricultura Ecolóxica, así como en denominacións de calidade diferenciada recoñecidas a 31 de marzo de 2010.

As axudas a produtores de ovino-cabrún con produción amparada por denominacións de calidade van destinadas aos que comercialicen polo menos o 15% da produción de leite e/ou carne das femias da súa explotación baixo programas de produción de calidade (IXP, DOP, gandaría ecolóxica, etc.).

No caso das axudas para agricultores de ovino e cabrún con explotacións orientadas á produción de carne, estas destínanse aos que se agrupen entre si, co fin de garantir a súa permanencia na actividade a través da mellora da competitividade, a ordenación da oferta ou o incremento do valor da produción.

Das axudas específicas a agricultores do sector lácteo en zonas economicamente vulnerables poden beneficiarse os titulares de explotacións leiteiras localizadas en áreas de montaña ou desfavorecidas, primando, a través dun apoio adicional, a aquelas que dispoñan de superficie para a alimentación do seu gando produtor de leite.

Por último, as axudas para fomentar a produción de produtos lácteos de calidade son para os titulares de explotacións lácteas que a comercialicen ao amparo dunha denominación de calidade de ámbito comunitario –tales como as referidas DOP (en Galicia os catro tipos de queixo amparados con este selo), IXP, gandaría ecolóxica e outras– ou de ámbito nacional (gandaría integrada, esquemas de certificación de calidade recoñecida, etiquetado facultativo ou logotipo “Letra Q”).

No que atinxe ás axudas ao desenvolvemento rural, introdúcense tamén diferentes novidades. Entre elas salienta a supresión da obriga do solicitante de residir no termo municipal da explotación agraria, no caso da indemnización compensatoria. Tamén, para os novos solicitantes das axudas integradas no Contrato de Explotación Sustentable, establécese a condición necesaria de ser profesional da agricultura ou titular dunha explotación prioritaria, agás os que soliciten axudas para a conservación de razas autóctonas en perigo de extinción, nas que a condición é ser titular dunha explotación agraria.

Compre salientar finalmente que no 2010 actualizouse a ortofotografía áerea da metade occidental de Galicia (A Coruña e Pontevedra), sendo visible a correspondente ao voo realizado en 2008. Haberá 156 concellos con modificación de mallas catastrais por converxencia entre catastro e SIXPAC, que no caso de 3 concellos inclúe a renovación do catastro. O SIXPAC é o Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas, que permite identificar xeograficamente as parcelas declaradas polos agricultores e gandeiros, en calquera réxime de axudas relacionado coa superficie cultivada ou aproveitada polo gando.

R.