Skip to main content

Nuevo mapa financiero: Núñez Feijóo dice que si Zapatero tiene la misma voluntad que Rajoy habrá fusión de cajas

Núñez Feijoo ha respondido de este modo durante la sesión de control al Gobierno autonómico en el Parlamento gallego, ante las dudas mostradas por el portavoz del BNG, Carlos Aymerich, sobre la postura de la Xunta que dice que se posiciona a favor de una fusión de las cajas gallegas y la del PP, que apuesta por eliminar los vetos autonómicos y que la supervisión sea a cargo del Gobierno. El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ha asegurado que si el jefe del Ejecutivo, José Luis Rodríguez Zapatero, tiene la «misma voluntad» que el líder del PP, Mariano Rajoy, habrá fusión entre las cajas gallegas.

«Esperamos tener confianza y que usted nos dé motivos», le dijo Aymerich a Núñez Feijoo, tras recordarle que hay que «pasar a los hechos». «Usted parece tener un compromiso por tener un poder financiero propio, pero hay que pasar a los hechos, porque la voluntad del PP español es otra: eliminar el veto autonómico a las fusiones y crear un nuevo tipo de cajas de ámbito estatal con supervisión del estado, no de las comunidades», apuntó.

«No voy a traicionar el compromiso del Parlamento. Ni un paso atrás en defender las competencias exclusivas y no voy a pactar nada que no suponga la fusión de las cajas gallegas. Tiene mi palabra», le contestó Núñez Feijoo a Aymerich. El titular de la Xunta indicó que va a «negociar hasta el final» con el Gobierno central para que retire el recurso ante el Tribunal Constitucional. «Si Zapatero tiene la misma voluntad que Rajoy habrá fusión gallega. No nos equivoquemos de aliados ni de enemigos», insistió Núñez Feijoo, que apuntó que la diferencia entre otras comunidades como Castilla y León, Cataluña y Andalucía con Galicia es que en ésas «están todos juntos para la fusión de sus cajas», mientras que en Galicia «hay un partido, espero que sea por el momento, que bloquea la fusión de las cajas».

El titular de la Xunta insistió en que hay dirigentes del PSOE que «no están a gusto» con la posición del Gobierno sobre las cajas gallegas y apeló a la unidad de todos los grupos políticos para lograr la fusión de las cajas en Galicia y tener un sistema financiero propio. Núñez Feijoo agradeció al BNG que actúe con responsabilidad, «sin provocaciones y sin recursos políticos, con la fuerza de la razón», ya que, según dijo, sería hacer un «flaco favor» a los intereses gallegos romper las negociaciones con el Gobierno antes de llegar al final, tras lo que se comprometió a negociar «sin límites».

El portavoz del BNG recordó al presidente gallego que mucha gente en Galicia quiere cajas gallegas, «pero no las que existen ahora», ya que la obra social «no puede ser la construcción de edificios de lujo o náuticos de lujo», un aspecto que cambia la ley aprobada en el Parlamento gallego, así como la democratización y la transparencia en los órganos de gobierno de estas entidades. En cuanto a la negociación sin límites, Aymerich señaló que sí los hay, ya que en junio vence el plazo para pedir ayudas al FROB, e indicó que mientras la ley gallega está «en las piedras», otros actores se mueven para dejar a Galicia sin cajas.

El líder de los socialistas gallegos, Manuel Vázquez, indicó al inicio de una pregunta sobre la situación de los servicios sociales en Galicia que la comunidad «necesita la verdad», también en el sistema financiero.
«Estoy de acuerdo en que hay que decir la verdad en todo. En el ámbito financiero también, y se sabrá que el recurso es una excusa para bloquear la fusión de las cajas gallegas», le respondió Núñez Feijoo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseverou que, neste momento máis ca nunca “necesitamos a unidade, necesitamos a unión e necesitamos remar todos xuntos” para conseguir a fusión das caixas galegas, que é o que demanda a maioría da sociedade galega, lembrou.

“Temos un traballo por facer”, remarcou Feijóo no Pleno da Cámara en resposta a unha pregunta parlamentaria, sinalando que lle consta que hai dirixentes do Partido Socialista que non están a gusto coa posición mantida neste asunto e amosándose confiado en que estes dirixentes, “ao final, convenzan ao resto do Partido Socialista para apoiar –insistiu-, o que quere a inmensa maioría dos galegos, os intereses xerais de Galicia e o que quere esta comunidade autónoma”.

“Estamos nun momento clave”, lembrou o presidente da Xunta sinalando que non se trata dunha transferencia máis, que non é simplemente “mellorar ou empeorar en relación a outra comunidade autónoma” senón que se trata “de estar ou non estar; de ser ou non ser; e de estar dentro das comunidades autónomas con caixas ou abandonar esa clasificación e estar dentro das comunidades autónomas sen caixas de aforro”.

Non dar un paso atrás en defender as competencias de Galicia
“Eu estou a disposición desta Cámara”, agregou Feijóo asegurando que non vai “traizoar o compromiso que asumimos neste Parlamento”, que non vai dar “un paso atrás en deixar de defender as competencias exclusivas de Galicia en caixas de aforro” e que tampouco vai pactar “nada que non supoña a fusión das caixas de aforro galegas”.

“Estamos e seguiremos respondendo ao mandato unánime deste Parlamento”, engadiu o mandatario autonómico salientando que este mandato era e sigue sendo “buscar a unión, buscar a fusión e conseguir a quinta gran caixa de España e conseguir unha das entidades financeiras que pode ser unha das entidades máis importantes desde o punto de vista das comunidades autónomas no mapa financeiro de caixas de aforro en España”.

Na súa intervención, o xefe do Executivo autonómico resumiu a estratexia do Goberno galego en relación ás caixas de aforro na máxima de “negociación sen límites e firmeza sen límites para conseguir a unión financeira de Galicia, a unión dos aforros, a unión das rendas dos traballadores e das empresas, a unión para tentar mellorar os sectores estratéxicos da nosa economía”, argumentou.

A este respecto, Feijóo matizou que “negociación sen límites” significa que a Xunta vai seguir negociando “ata o final”; e que “firmeza sen límites” quere dicir que non vai renunciar “ás competencias exclusivas de Galicia en materia de caixas de aforro nin a manter o espírito da lei que aprobamos neste Parlamento”.

“Actuamos con responsabilidade desde o principio e eu agradézolle que vostedes sigan actuando con responsabilidade agora tamén”, dixo Feijóo en alusión ao grupo nacionalista, “sen entrar en provocacións, sen entrar en recursos políticos, sen entrar en confrontacións, senón simplemente plantexando a forza da razón, a forza dos argumentos e a firmeza das posicións”.

“Comprendo, señoría, que non é fácil mais lle fariamos un fraco favor a Galicia se en vez de seguir negociando ata o final rachamos antes de que chegue ese final”, remarcou o mandatario autonómico manifestando a súa esperanza “de que se abandonen plantexamentos de discriminación, de que se abandonen plantexamentos espúreos e non explicados á sociedade galega e de que, entre todos, poidamos conseguir a unanimidade de Galicia”. Por iso, agregou, “eu agradézolle, señor Aymerich, o apoio do seu grupo parlamentario e do seu partido para que a gran maioría de Galicia consiga a unanimidade de Galicia e esa unanimidade consiga unha gran caixa de aforro para todos os galegos”.

Fronte a esta actitude, o presidente da Xunta contrapuxo a do Partido Socialista español: “no tema financeiro o recurso do Partido Socialista en España non é máis que unha desculpa, non é máis que unha escusa, non é máis que despistar sobre a verdadeira intención que ten o Partido Socialista, que é bloquear a fusión das caixas galegas”, sinalou.

Do mesmo xeito, lembrou que noutras comunidades autónomas hai unha alianza entre todos os grupos políticos para conseguir a fusión das caixas. “Aquí só falta un, de momento”, dixo en alusión ao PSdeG e subliñando que en Castela León e en Andalucía Partido Socialista e Partido Popular están empuxando a fusión das caixas e que tamén o Partido Socialista de Cataluña e o resto das forzas políticas están empuxando a fusión das caixas catalás”. “A única diferenza entre estas tres comunidades autónomas e Galicia é que aquí aínda hai un partido que está bloqueando a fusión das caixas”, aseverou.

“Se o señor Rodríguez Zapatero ten a mesma proposta e a mesma vontade que o señor Rajoy, haberá fusión das caixas galegas”, concluíu o mandatario autonómico ao respecto.
R.