Skip to main content

La Xunta prepara un plan integral de apoyo al sector gallego de la automoción

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Economía e Industria que dirixe Javier Guerra Fernández prepara un plan integral de apoio ao sector galego da automoción, que conforma a primeira industria da Comunidade Autónoma e supón un dos motores estratéxicos do desenvolvemento económico de Galicia cunha facturación que representa o 17% do PIB, e unha suma de máis de 21.000 empregados.

Por este motivo, existe un total apoio á industria do automóbil, ás empresas auxiliares e aos concesionarios por parte da Consellería de Economía e Industria, que lamenta o escaso apoio e a escasa sensibilidade que o Goberno central volve a demostrar co sector da automoción en Galicia en xeral, e coa importante planta que o grupo PSA Peugeot-Citroën ten en Vigo, en particular, á hora de repartir as súas axudas.

A Consellería de Economía e Industria apunta que o Goberno central, unha vez máis, decide primar a outras factorías e comunidades autónomas nas que a automoción ten moito menos peso na súa economía en detrimento da planta máis produtiva de España e de toda a industria auxiliar, mentres que o Goberno da Xunta de Galicia xa anunciou en varias ocasións que mobilizará todos os seus recursos para apuntalar o sector da automoción da man de inversións reais e da innovación tecnolóxica.

Deste xeito, o departamento que dirixe Javier Guerra salienta que a Xunta leva mobilizados case 370 millóns de euros en vendas nos concesionarios galegos grazas ao plan re-Móvete de axuda á compra de vehículos, que mantén a Galicia nas primeiras posicións en número de matriculacións. O plan foi consensuado con todo o sector (PSA, CEAGA e concesionarios), e está adaptado a estrutura da oferta e a demanda galega, con especial atención ás gamas que se fabrican en Galicia.

Asemade, a Consellería de Economía e Industria ten activo o plan re-Móvete Industrial, dotado con 60 millóns de euros, para financiar novos investimentos, o capital circulante asociado a eses novos investimentos e iniciativas de innovación no sector, sexan ou non pemes. O obxectivo do Plan re-Móvete Industrial é acelerar e aumentar o apoio financeiro ao sector, e suplir o problema que a automoción galega atopa na falta de apoio por parte do Goberno central.
R.