Skip to main content

Xacobeo 2010 y 40 Principales promueven conciertos con grupos destacados del pop español

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

Os grupos máis destacados do pop español actual actuarán en Galicia da man de Xacobeo 2010 e a cadena 40 Principales, dentro do programa 40 en XCB (40 en Xacobeo). Efecto Mariposa, Macaco, Melendi e El Sueño de Morfeo son os cabezas de cartel deste programa, enmarcado no Camiño da Música da programación de Xacobeo 2010, que chegará a catro cidades de Galicia este verán. Asemade, compartirán escenario con grupos e artistas galegos.

Enmarcado no Camiño da Música da programación de Xacobeo 2010, con 40 en XCB refórzase a aposta pola potenciación dos grupos pop actuais e incídese na intención de ofrecer contidos de diferentes estilos para dar unha resposta ás máis diversas demandas e a todos os públicos.

Os malagueños Efecto Mariposa serán o encargados de abrir o programa 40 en XCB o vindeiro 18 de xuño en Lugo, onde actuarán na praza de Santa María, a partir das 21.30 horas. Recibiron o galardón á mellor canción nacional de 2009 nos Premios 40 Principales polo tema Por quererte, que se converteu en número un no célebre listado semanal da cadea musical, irán precedidos no escenario por Carlos Bau e Ragdog. O primeiro é un cantautor coruñés, recentemente galardoado nos Premios da Música na categoría de mellor canción en galego polo seu tema Nada, e conta cunha gran traxectoria profesional compoñendo cancións para outros artistas como Nuria Fergó. Pola súa banda, Ragdog é unha banda viguesa de power pop nada en 2001 e foi o primeiro grupo lanzado polo Sello Espacio Movistar, co seu primeiro disco distribuído integramente a través de internet, non existindo formato físico do mesmo.

Logo diso, 40 en Xacobeo viaxará ata a súa próxima parada, na cidade de Ourense, onde Macaco ofrecerá un concerto o 22 de xuño nos xardíns do Posío xunto co grupo indie redondelán Belöp. O 16 de xullo, o asturiano Melendi chegará a Santiago de Compostela e actuará xunto coa banda viguesa Martynez. Pechará esta xira El Sueño de Morfeo e os galegos Dirty Socks en Pontevedra o 8 de agosto.

Esta iniciativa complétase coa emisión en directo desde Galicia do programa ¡Anda ya! o vindeiro 4 de xuño. A cita será en Vigo, no teatro Roberto Vidal Bolaño, no Centro Universitario de Vigo (CUVI) de 07.00 a 10.00 horas da mañá. ¡Anda ya! é o programa espertador líder das mañás na radio musical española, con case dous millóns de ouvintes diarios e conducido por Fran Blanco e Mar Montoro. Será a segunda vez que visiten Galicia, pois en marzo xa estiveron en A Coruña.

Non será o único programa de radio de difusión nacional que teña un escenario galego, pois o próximo 17 de xuño gravarase en Pontevedra o programa Atrévete! de Cadena Dial. A cita será no Centro Social de Caixanova na cidade do Lérez de 19.00 a 22.00 horas. O programa, presentado por Javier Cárdenas e que nesta ocasión contará coa actuación de Pedro Martín, emitirase ao día seguinte de 07.00 a 10.00 horas.
R.