Skip to main content

Crisis económica: la Xunta destinará 113 millones de euros a fomentar contratos temporales e indefinidos

Así lo expuso la conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, en una rueda de prensa donde, acompañada por el conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, detalló los preacuerdos alcanzados en las mesas del diálogo social en materia de políticas activas de empleo, mejora de la competitividad empresarial, ámbito del sector textil y del bienestar y la cohesión social. Entre las políticas activas de empleo, Mato destacó, además, las orientadas al sector textil y concentradas en el programa 'Empregatex', con el que la Xunta aspira a recolocar entre 2010 y 2012 a unos 500 trabajadores de este ámbito de producción que se vieron afectados por la crisis económica.

La patronal y sindicatos (UGT y CC.OO.) representados en las mesas del diálogo social acordaron fomentar la contratación indefinida e incentivar la temporal para potenciar el empleo y la estabilidad de los puestos de trabajo, además de mejorar el servicio público de empleo. Por ello, la Xunta destinará 113,2 millones de euros en el periodo 2010-2013 al fomento de los contratos indefinidos, la transformación de los temporales en fijos y de los contratos eventuales con el objetivo de beneficiar a 24.000 personas. Aparte, invertirá otros 52 millones en el mismo periodo a fin de aumentar la eficacia del servicio público de empleo de Galicia para su transformación en un "instrumento de confianza" respecto a la inscripción de demandantes, su clasificación y a los procesos de orientación, intermediación, apoyo y formación.

La titular de Traballo e Benestar consideró que el empleo ha de ser la "primera de las políticas sociales", por lo que subrayó que la Xunta prestará una atención especial a los colectivos más vulnerables, cuya definición consensuaron patronal y sindicatos. Se trata de los parados de larga duración, los que agotaron su prestación por desempleo, los que superen los 45 años, jóvenes, víctimas de violencia de género, discapacitados y personas en riesgo de exclusión social.

En el ámbito de los servicios sociales, la conselleira destacó el preacuerdo para reformular la renta de integración social de Galicia (Risga) de forma que se convierta, como señaló, en "una auténtica herramienta de inclusión social" y no sea una mera subvención. Los beneficiarios de la Risga deberán cumplir un programa formativo personalizado para percibir la ayuda. Se trata, como expuso Mato, de que reciban una prestación para su supervivencia, además de los medios para abandonar esa situación de riesgo de exclusión social. Aparte, la Xunta realizará refuerzos puntuales para respaldar el proceso de inclusión social en situaciones adversas.

A preguntas de los periodistas, la titular de Traballo e Benestar Social, quien interpretó que es un "día importante" para Galicia y confió en que estos preacuerdos sean un "punto de partida" y "punto de inflexión" ante la crisis, expresó su deseo de que la mesa del diálogo social de Madrid sea "igual de fructífera que la del diálogo social de Galicia". Insistió en que es la "vía del consenso" la que debe verse "reflejada" en el proceso de debate que se desarrolla en el ámbito estatal. Asimismo, interpretó que lo que ocurra en Madrid "no debería afectar a la tramitación en Galicia" porque, aseguró, en la comunidad no se debate, entre otras cuestiones, una reforma laboral. "No existe ningún punto de fricción que esté parando el diálogo social en ninguna de las mesas", manifestó, al tiempo que reconoció cierta "lentitud" en el debate que gira en torno a las infraestructuras. Así, indicó que en la actualidad se están debatiendo cuestiones vinculadas a la prevención de riesgos, I+D+i o un plan de movilidad en materia de infraestructuras, que confió den lugar a preacuerdos y, posteriormente, sean recogidos en el marco general para articular el Plan de Empleo de la Xunta.

Patronal y sindicatos también consensuaron con la Xunta el borrador de proyecto de decreto de Ley de servicios sociales de Galicia, por el que se creará el Consello Galego de Benestar Social, y el proyecto de decreto de composición de la mesa de Servicios Sociales como órgano de control, evaluación, propuesta y consulta de las políticas en esta materia que impulse la Xunta.

El titular de Economía e Industria apuntó la creación de una nueva línea de apoyo al circulante, que se suma, como indicó, a las de capital y refinanciación de pasivos, orientada a pequeñas y medianas empresas y autónomos. A este fin se dedicarán 150 millones de euros. En concreto, los avales de entre 4.000 y 40.000 euros pasarán a contar con un límite máximo de 200.000 o 250.000 euros, de forma que se acercan al mínimo del segundo tipo de avales del plan 're-Imaxina', que oscilan entre los 300.000 y 3,5 millones de euros.

Guerra recordó que su departamento avala al 90 por ciento el primer tipo de avales del Igape porque las necesidades de financiación de las pymes "siguen siendo muy importantes". Según expuso, los preacuerdos adoptados en relación a la competitividad empresarial buscan dar "agilidad" a los procesos administrativos, facilitar el acceso a la financiación y crear estructuras básicas para la internacionalización de las empresas. Por ello, recordó el compromiso de la Xunta de pagar en 45 días todas las ayudas y de efectuar un anticipo parcial de la mitad de esas subvenciones. También se creará un servicio de asesoramiento integral para autónomos y pymes; un observatorio gallego de la internacionalización y una red de plataformas empresariales en el exterior vinculada al Plan estratégico de la Galicia Empresarial en la Diáspora.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A mesa de coordinación do diálogo social aprobou un total de oito preacordos, centrados nas políticas activas de emprego, na mellora de competitividade empresarial, no sector téxtil e no benestar e a cohesión social. Estes preacordos foron pechados nunha reunión presidida pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra.

Son os primeiros puntos de encontro derivados das mesas de diálogo social, nas que están presentes a patronal e os sindicatos, que levan traballando desde o mes de xaneiro cunha media de tres encontros por semana.

Antes de detallar os preacordos adoptados, Mato manifestou o recoñecemento do Goberno da Xunta “á responsabilidade” coa que se está a traballar neste diálogo por parte de todos e destacou que os puntos de encontro acadados son “froito dese espírito compartido polos axentes sociais”. Apuntou, así mesmo, que os acordos parten dun diagnóstico real da situación e dunha planificación estratéxica.

O primeiro dos acordos ten que ver coa definición e adecuación á situación actual dos colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego. Así, establecese como punto de partida a unificación destes colectivos para todas as ordes de axuda á contratación. Priorízanse nas axudas as persoas desempregadas de longa duración, as que esgotasen as prestacións por desemprego, parados de máis de 45 anos, mozas e mozos menores de 30 anos, vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade e colectivos en risco de exclusión social, segundo explicou a conselleira de Traballo e Benestar.

Esta priorización está contemplada xa na orde para as axudas de fomento da contratación publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 7 de maio e que inclúe o fomento da contratación indefinida inicial, a transformación de contratos temporais en indefinidos e incentivos á contratación temporal. As axudas contempladas oscilarán entre os 1.800 e 6.000 euros.

A orde que regula estas axudas está dotada con 113,2 millóns de euros repartidos entre este ano e o 2013, cifra coa que se espera poidan beneficiarse 24.000 galegos, arredor de 6.000 cada ano.

A iniciativa do Goberno galego establece unha maior contía do incentivo para as empresas que coas novas contratacións acaden maiores taxas de estabilidade, aínda que se elimina como requisito de acceso ás axudas acadar unha determinada taxa de estabilidade, a pesar de que a súa consecución é un criterio de maior intensidade da liña de subvencións.

O segundo asunto ao que se chegou á acordo na mesa 1 é a mellora do Servizo Público de Emprego de Galicia. Neste eido, Mato explicou que se recollen melloras para impulsar o traballo das oficinas de emprego e que estas sexan un mellor instrumento para o desempregado e o empregador. “En definitiva, establécense mecanismos para adaptalo ás necesidades dos demandantes de emprego e tamén dos empresarios co obxectivo de convertelo, por tanto, nun instrumento que conte coa confianza da sociedade para as funcións que lle son propias”, apuntou a titular de Traballo e Benestar.

Para acadar este fin impulsarase a orientación laboral, farase -no prazo dun ano- unha nova clasificación dos demandantes de emprego e poranse en marcha centros de apoio ao empregador, eido no que están previstos xa os da Coruña e Vigo para este mesmo ano. Todo iso deberá acompañarse cun impulso da intermediación, unha ratio que neste momento sitúase no 5%.

A terceira área refírese ao sector téxtil e en concreto o preacordo que se elevou á mesa de coordinación foi o do proxecto Empregatex. Mato lembrou que este plan foi o primeiro acordo do diálogo social, que conta con 3 millóns de euros durante 2 anos durante os que se aspira a reinsertar laboralmente, polo menos, ao 60% dos participantes no mesmo.

Máis de 400 persoas inscribíronse desde o pasado mes de abril no programa para participar nel. O proxecto inclúe o deseño de itinerarios de inserción laboral personalizados para determinar o programa no que pode encaixar cada persoa, xa que Empregatex porá en marcha ata seis plans de inserción diferentes. Unha vez elaborados os itinerarios, poranse en funcionamento os diferentes mecanismos para lograr o fin último, a inserción laboral.

Polo que respecta ás medidas de cohesión e benestar social atendidas especificamente na mesa 4 do Diálogo Social, os acordos, tal e como concretou Mato, son a elaboración das bases da Lei Galega de inclusión Social e do borrador de proxecto de decreto de cara á posta en marcha do Consello Galego de Benestar Social, tal e como se recolle na Lei Galega de Servizos Sociais, que será un órgano de asesoramento do Goberno da Xunta na planificación e programación dos servizos sociais.

Tamén destaca a posta en marcha da Mesa Galega de Servizos Sociais, coa elaboración do borrador de proxecto de decreto correspondente, que terá como misión analizar todas as pautas postas en marcha nesta área.

Dentro da Lei de Inclusión Social, inclúese a redefinición da Renda de Inclusión Social de Galicia, RISGA, de forma que “pase a ser unha auténtica ferramenta para a inclusión, e non só nunha subvención ou prestación económica”, incidiu Mato.

Por iso, esta nova Renda terá en consideración tres tramos: un tramo persoal e familiar, un tramo de inserción e un de transición ao emprego.

O tramo persoal e familiar establece a axuda para cubrir as necesidades vitais básicas, e incluiría os incrementos correspondentes para axudas á integración do menor, no caso de menores convivintes coa persoa en risco de exclusión.

O tramo de inserción é a novidade básica, que permite falar de salto cualitativo e cuantitativo no proceso de inserción. Trátase dunha axuda vinculada a un convenio de inclusión, asinado tanto pola Administración como polo beneficiario da prestación. Recolle o seu compromiso para o cumprimento dun proxecto formativo personalizado e a medida, orientado á inserción laboral.

“A meta última desta variación é a inserción, como punto de partida básico para o abandono do risco de exclusión e para o desenvolvemento dun proxecto de vida autónomo e independente. Esta nova Renda plasma ao cen por cen a intrínseca relación dos servizos de emprego e os de inclusión”, destacou a conselleira.

No tocante ao eido específico da industria, Goberno galego, patronal e sindicatos tamén chegaron, neste proceso do diálogo social, ao preacordo de por en marcha diversas propostas para mellorar a xestión e a área de financiamento do Igape.

Desta maneira, o conselleiro Javier Guerra explicou que a reordenación dos procesos administrativos é un paso fundamental para dotar ao Igape da axilidade que o tecido produtivo precisa.

Así, apuntou que a Xunta xa está a por en funcionamento períodos de presentación de solicitudes de axuda máis reducidos, en non máis de 45 días, e no caso dos de liquidación, non superiores a un mes. Ademais, dende o Igape se está a traballar para que a liquidación das axudas, dentro da anualidade orzamentaria, se realicen tamén nun período non superior aos 45 días, desde a solicitude de cobro. Neste sentido, o conselleiro engadiu que xa se está a facer efectiva a implantación da modalidade de administración electrónica, que acelerará todos os procesos.

Guerra tamén resaltou que se está a levar a cabo a reordenación dos proceso administrativos co fin de que as bases das liñas de axuda do Igape inclúan períodos de resolución mais curtos, novas modalidades de xustificación, pagos anticipados e exención de garantías, para facer máis eficaces os apoios do Instituto aos emprendedores galegos.

Con respecto aos incentivos económicos para proxectos de investimento empresarial, o conselleiro de Economía e Industria destacou que a Xunta porá en marcha, nas súas principais liñas de apoios empresariais, o anticipo parcial do 50 por cento da anualidade das subvencións concedidas; cumprindo, por primeira vez, co obxectivo dobre de facilitar a incentivación económica e, ao mesmo tempo, posibilitar o prefinanciamento parcial dos proxectos aprobados.

Segundo subliñou o responsable de Economía e Industria, “este preacordo será importante, xa que no Goberno galego somos conscientes das dificultades existentes para acadar créditos”.

Entre as iniciativas que se desenvolverán nesta materia destacan unha nova liña de apoio ao circulante, a ampliación de capital e prefinanciamento de pasivos, a través dun convenio con entidades financeiras e Sociedades de Garantías Recíprocas (SGR); unha nova liña para facilitar o acceso ao financiamento dos investimentos das microempresas e para apoiar novos investimentos en proxectos emprendedores galegos, e, por último, a creación dun servizo de asesoramento integral de apoio aos autónomos, micropemes e pequenas empresas, capaz de poñer en contacto a emprendedores e investidores e facilitar o proceso de reorientación das empresas en crise.

En materia de internacionalización e captación de investimento, o Igape porá en marcha un Observatorio Galego da Internacionalización; unha Rede de Plataformas Empresariais no Exterior (Rede Pexga), que se verá reforzada por un plan estratéxico da Galicia Empresarial na Diáspora, para canalizar os apoios e os intercambios cos empresarios galegos no exterior; un plan de apoio para a introdución da empresa galega nos organismos financeiros multilaterais; un programa de implantación promocional conxunta no exterior; a creación dunha oficina de captación de investimento estranxeiro e a elaboración dun Plan Estratéxico de Internacionalización 2011-2013.
R.