Skip to main content

Feijóo dice que la Presidencia española de la UE supuso un no al sector lácteo, un no al agrícola, un no al naval, un no a los fondos y un no al Xacobeo

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou, na rolda de prensa do Consello, que “a presidencia de España na Unión Europea supuxo claramente un non: non ao sector naval, non ao sector lácteo, non ao sector agrícola, non aos fondos de transición, non aos fondos transfronteirizos e un non ao Xacobeo”.

Feijóo lamentou así que, a pesar de que a Xunta de Galicia foi “leal e construtiva desde o primeiro día, traballando con ilusión e de forma activa”, o Goberno central foi “impermeable e insensible a todas as demandas lóxicas e razoadas que trasladou Galicia, ata o punto que, desde a perspectiva económica, -matizou- ningún dos compromisos asumidos polo Goberno central foron conqueridos durante a presidencia de España no primeiro semestre da UE”.

Neste sentido, o responsable do Executivo autonómico lembrou, nun primeiro termo, que a Xunta plantexou a oportunidade de falar das políticas de cohesión; “é dicir, de que Galicia non perdera de forma abrupta os fondos de cohesión no ano 2013 e, certamente, –subliñou- o presidente do Goberno central renunciou a liderar calquera debate sobre os fondos de transición e sobre os fondos transfronteirizos”.

“Presentamos, tamén, -engadiu- unha proposta para o sector lácteo e o sector pesqueiro. Pedimos por escrito, con fórmulas concretas, que era o que tiñamos que plantexar durante este mandato, pero non se transmitiu nin unha soa idea; iso si, se vetou a presenza da conselleira do Mar na Conferencia de consellos de ministros de Pesca que se celebrou en Vigo. Nin o sector lácteo, nin o sector pesqueiro hoxe están máis tranquilos que fai seis meses”.

No tocante ao sector naval, Feijóo salientou que se presentou “unha cuestión evidente e na que todos estabamos de acordo: o mantemento da capacidade de facer buques nos estaleiros que están en desuso. Sen embargo, o presidente do Goberno renunciou a plantexar este debate; nin sequera intentou falar do veto dos estaleiros de Fene-Ferrol, como acreditou o comisario da competencia, o señor Almunia”.

Sobre o Ano Santo, lembrou que, a pesar de que a Xunta presentou o Xacobeo para que fora relanzado durante a presidencia da UE, a realidade foi que o Cumio de Ministros de Cultura e Turismo que o ministro César Antonio Molina comprometera en Galicia se celebrou en Barcelona. E ningunha das nove reunións previstas en España durante a presidencia relacionadas coa cultura se celebrou en Galicia”.

Diante deste panorama, Feijóo afirmou que “este non foi o semestre da presidencia española de Europa senón da presidencia europea en España, onde todas as medidas económicas que tivo que adoptar España foron ditadas por Europa. Lamentablemente, esta foi unha presidencia perdida”.

A pesar disto, o presidente da Xunta aseverou que o Goberno galego vai seguir cos plantexamentos, “xa que cremos que temos que preparar unha aterraxe suave dos fondos como conseguiron outros países e outras rexións; cremos que temos a primeira flota de Europa e por iso debemos de falar sobre a política pesqueira; e cremos, por suposto, que a política agraria en toda a cornixa cantábrica ten moito que falar desde o punto de vista da nova Política Agraria Común que se vai a plantexar nos últimos meses”, concluíu.
R.