Skip to main content

Las Universidades gallegas piden a la Xunta que priorice la financiación universitaria

Las universidades gallegas han exigido que la Xunta "priorice" en el nuevo plan de financiación universitaria el apoyo a la actividad y al desarrollo de estas instituciones, a lo que el jefe del Ejecutivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, ha respondido con un llamamiento al "consenso" y un consejo en época de crisis: "apoyarse en la riqueza del capital humano". Son los principales mensajes que se han intercambiado el titular del Gobierno gallego y el rector de la Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan José Casares Long, que -en su primer acto solemne desde que asumió su cargo- intervino en nombre de las tres instituciones académicas gallegas durante el acto de apertura del curso universitario 2010-2011.

En este escenario, Casares Long ha calificado de "imperativo" que la sociedad gallega, a través de sus representantes, se comprometa con el sistema universitario, "priorizando", en el próximo plan de financiación, el apoyo a su actividad y desarrollo al arranque de la consolidación del nuevo modelo de "enseñanza y aprendizaje" sin que, "en ningún momento", las administraciones públicas hayan hecho "una valoración" del esfuerzo económico que supone.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:

Comezou o curso académico 2010-2011 nas tres universidades galegas. Foi nunha sesión protocolaria que presidiu o titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca da USC.

Nesta cerimonia, coa presenza dos tres reitores, o catedrático de Medicina Legal Luis Concheiro Carro impartiu a lección inaugural -Das relacións entre a medicina e o dereito- que, por outra banda, foi a súa última intervención oficial como catedrático en activo. Propuxo o profesor que o ensino e a investigación da Medicina e o Dereito conflúan en base a novas e imaxinativas formas de cooperación.

Nas súas primeiras verbas Juan Casares agradeceu ao profesor Concheiro a súa lección, “un excelente exemplo da mellor dimensión do universitario: saber conxugar a especialización nun determinado campo coa apertura e o contacto con outras áreas de coñecemento”.

Presentou o reitor compostelán o seu discurso a modo de reflexión sobre a identidade da Universidade en si e a realidade das tres universidades galegas no seu conxunto. Dende esta óptica, as universidades deben continuar a cumprir co seu papel “no compromiso social non escrito de xerar novo coñecemento, subministrarlle á sociedade cidadáns e cidadás informados e capacitados para liderar os cambios que están a vivir”, preparar profesionais competentes e achegar servizos e formación ao longo da vida.

A cambio disto Juan Casares demandou da sociedade apoio e achega ao financiamento universitario, ao tempo que “aceptación do criterio profesional e acreditación académica e concesión de autonomía institucional e liberdade de cátedra”. Trátase dun compromiso mutuo no que a institución universitaria ten que asumir unha obriga recíproca de “educación imparcial, de integridade persoal, de sensibilidade fronte ás necesidades da sociedade e de rendición de contas pública e completa”, tal e como se recolle na Declaración de Glion.

“Estamos a vivir un fito histórico”, subliñou o reitor Casares ao lembrar o proceso iniciado hai dous anos de substitución dende o primeiro curso de todas as titulacións polos novos graos no marco do Espazo Europeo de Educación Superior. A Universidade galega oferta neste contexto 128 graos e 206 posgraos “co que o novo paradigma de ensino-aprendizaxe se consolida”.

No eido da investigación -“función principal, xunto á docencia, de toda universidade”- o reitor referiuse aos graos de desenvolvemento acadado nas últimas tres décadas, evolución que permite actualmente afirmar que as galegas “somos universidades investigadoras”. A este respecto apelou á necesidade de fomentar a investigación básica, “a que vai adiantando novos horizontes científicos”, pois supón a adquisición de coñecemento sobre a realidade e permite os procesos asociados á investigación aplicada e orientada.

Dito isto, Casares concluíu resaltando a necesidade de priorizar no próximo Plan de Financiamento “o apoio á actividade e ao desenvolvemento das universidades para garantirlle un futuro de benestar ás xeracións futuras”. Nun contexto de consolidación do novo modelo de ensino-aprendizaxe, “sen que en ningún momento as administracións públicas fixesen unha valoración do esforzo económico que supón” e de recorte dos recursos para a investigación, para Casares é “imperativo” que a sociedade galega “asuma o compromiso co Sistema Universitario Galego”.

A cerimonia contou coa asistencia dun importante número de personalidades do eido político, civil e académico. Entre outros, asistiron a presidenta do Parlamento, o delegado do Goberno, os conselleiros de Educación e Sanidade, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o fiscal Superior, os alcaldes de Santiago e Lugo e os presidentes dos Consellos Sociais das tres Universidades galegas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, destacou, na inauguración oficial do Curso Académico Universitario 2010-2011, a importancia do tándem Galicia-Universidade en tempos de crise e aseverou que chegou o tempo da idea que ve a Galicia como “unha realidade global, con confianza en si mesma e gañadora”.

Feijóo, que afirmou que “a nosa sociedade atopa na súa universidade un acompañante, un estímulo e un guieiro nun momento de encrucilladas”, asegurou que para avanzar nese novo modelo de país, “Galicia ten que parecerse a súa Universidade e a Universidade parecerse a Galicia”. “Galicia e a Universidade están ancoradas nun mundo que obriga a ser singular e plural ao mesmo tempo; a estar presente cunha personalidade que resista ao uniformismo, sen por elo poñerlle cancelas ás influencias de todo tipo”.

O responsable do Goberno galego destacou que “é na Universidade galega onde naceu esta sociedade que madura ata atopar os seus intereses comúns. Durante séculos, as aulas da universidade foron o único lugar cara onde podía ollar o galego bo e xeneroso que anceiaba unha patria distinta. Aquí, podía albiscar unha futura Galicia aberta e plural, de intelixencia, tolerancia e entendemento. O seu desexo era que aquel país esgazado e esgotado, se parecese algún día á Universidade que sabía traballar de maneira mancomunada”.

Así, Feijóo subliñou que Galicia, “ante o perigo de competir entre nós mesmos, escollemos ser un país que se ve capaz de facelo no contexto español e europeo” e “en lugar de elixir tempos nos que os galegos estragaban as súas forzas, trasladámonos a outro ben diferente no que Galicia se concibe como unha realidade global e gañadora”, porque “gañou esa nova sociedade que medra pouco a pouco desde os comezos da autonomía e que é consciente do mundo que lle tocou vivir, ante o perigo dos medos, as incertezas, os ciumes e os localismos”.

“Palabras como fusión, converxencia, cooperación, diálogo ou acordo forman parte do noso vocabulario cotiá. Galicia é unha boa materia para os que queiran entender como se ergue un país”, dixo o Presidente que aludiu a Victor Hugo –“non hai nada máis poderoso que unha idea á que lle chegou o seu tempo”- para dicir que “este é o tempo da idea que ve en Galicia un país con confianza en si mesmo”, unha idea –dixo- “coa que podemos ter a certeza de que os procesos de unidade, converxencia, acordo, cooperación teñen entre nós un terreo propicio”.

Para o presidente da Xunta, esta nova cultura de unidade é a forza motriz que está facendo posible, por exemplo, a fusión das caixas. “Son testemuña de que nesta decisión transcendental influíron moitas persoas e organizacións relevantes que non deben ser esquecidas. Non ignoro que a xenerosidade foi decisiva para remover os atrancos que se interpoñían no camiño da unidade. Con todo, o impulso que impide que este gran proxecto descarrile está nunha nova cultura de unidade que latexa no máis fondo do noso país. Nin o Goberno, nin as caixas, nin os partidos, sindicatos e asociacións que pularon pola fusión, puideron subtraerse a ese novo paradigma da cooperación”.

Feijóo subliñou que no Acordo-Marco de Cooperación das tres universidades galegas, asinado o mes de maio pasado, “reflíctese a nova pauta que xa está marcando o presente da nosa terra”. “O Acordo do que falamos –dixo- contén avances inéditos en materia de cooperación docente e investigadora que xa teñen un reflexo en accións concretas” e parafraseouno: “sabemos que para ser cada vez máis competitivos é necesario tamén ser máis competentes e neste proceso, igual que noutros sectores da actividade, e de forma especial no ámbito público, as alianzas son tan importantes como as capacidades propias”.

Neste sentido, lembrou que “a adaptación ao Espazo Europeo de Educación superior é posible, grazas ao bo entendemento das universidades e a administración no Consello Galego de Universidades; e cada vez é maior o desenvolvemento de programas conxuntos así como a colaboración en diferentes proxectos de investigación con proxección nacional e internacional. Amais estase a traballar nunha Lei de Universidades de Galicia; e non podemos obviar as dificultades do novo Plan de Financiamento, pero cómpre lembrar que as liñas básicas para a súa elaboración, xa obtiveron o informe favorable do Consello Galego de Universidades celebrado no mes de xullo”.

Por último, o presidente da Xunta afirmou que a pesar da crise económica, a educación en xeral e o ensino universitario en especial, seguen a estar entre as grandes prioridades. “Nin o Goberno galego quere, nin a sociedade galega toleraría que fixéramos da Universidade unha das vítimas principais da crise. Sería esa a mellor maneira de lastrar a nosa recuperación. Nun momento no que os recursos son máis limitados que nunca; teño a convicción de que debemos apoiarnos na riqueza do noso capital humano, porque, máis que nunca, son necesarias as ideas xurdidas do estudo e a reflexión”.

Non obstante, Feijóo destacou que “haberá que afrontar decisións que espero sexan adoptadas mediante acordos. Estou certo de que a nosa cidadanía, que tanto ten aportado en recursos á súa Universidade, desexa un esforzo proporcionado, equilibrado e xusto. Farémolo co concurso de todos”, concluíu.
R.