Skip to main content

El ejecutivo gallego garantiza que la visita del Papa se autofinancia y produce excedentes

En una conferencia-coloquio del Fórum Europa. Tribuna Galicia, Núñez Feijóo ha contrapuesto los alrededor de tres millones de euros que se desembolsará para la visita del Papa a la comunidad con los 25 millones invertidos en el Reino Unido y ha señalado que más del 50 por ciento de la inversión en Galicia se destinará a la retransmisión.

"Cumplir con 150 millones de espectadores, que verán Santiago, Galicia y una de las plazas más hermosas de Europa, bien vale una retransmisión completa", ha sentenciado Núñez Feijóo, quien ha insistido en que su Gobierno aportará datos para "acreditar" que el desplazamiento de Benedicto XVI constituye "una inversión".

En este sentido, ha agradecido su esfuerzo a quienes han logrado que el Sumo Pontífice visite tierras gallegas -en referencia al arzobispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, y la Conferencia Episcopal-, aunque sea sólo durante ocho horas, y ha concluido que se podría "criticar" que no viniese a la comunidad, pero "nunca lo contrario".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Comisión autonómica para a visita do Papa Benedicto XVI a Galicia mantivo unha nova reunión de traballo, na que deu o visto bo á imaxe elixida para conmemorar o evento. Trátase dunha fotografía do Pontífice saudando, sobre a que se pode ler o lema Galicia, Camiño do Papa, o nome do Santo Pai –Benedicto XVI- e a data da visita, o 6 de novembro de 2010 (Vai en arquivo adxunto).

A comisión adicou a reunión a ultimar moitos dos detalles da organización do dispositivo. Entre outras cuestións, determinouse a colocación de cadeiras na Praza do Obradoiro, dado que se agarda que os asistentes pasen boa parte do día no recinto e poden ser en moitos casos persoas de idade e con problemas de saúde, que non aguanten de pé tantas horas.

Por outra banda, a comisión tamén coñeceu todos os detalles do Centro Internacional de Prensa, que estará instalado no Palacio de Congresos e Exposicións e no que se agarda a presenza dun milleiro de xornalistas. De feito, xa hai uns 500 acreditados, cando vai pouco máis dunha semana dende que se abriu o prazo habilitado para tal fin.

A comisión tamén seguiu avanzando na definición do programa cultural que se porá en marcha nas cidades galegas en torno ao día 6 de novembro, con motivo da visita, que incluirá concertos, exposicións e un ciclo de conferencias, entre outros eventos. Outros dos asuntos abordados tiveron que ver coa instalación de baños químicos e de vallas.

Finalmente, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, informou da súa visita a Londres, convidado por New Scotland Yard, para ver in situ o dispositivo que habilitou o Goberno británico para a visita de Benedicto XVI. Así mesmo, deu conta do operativo de mobilización de voluntariados que se porá marcha en Galicia, que contará co traballo conxunto e coordinado de Xunta, Concello de Santiago e Arzobispado.

Así, calcúlase que haberá 300 voluntarios do Arzobispado, que estarán despregados pola Praza da Quintana, no Obradoiro e na Catedral. A Dirección Xeral de Voluntariado contará con 200 voluntarios, que se encargarán de dar apoio e información ao público que asista á visita. Finalmente, Protección Civil plantexa un dispositivo doutros 300 voluntarios, que serán os que levarán a cabo tarefas sanitarias, de alerta e apoio.
R.