Skip to main content

29-S: Los sindicatos UGT y CC.OO. cifran el seguimiento de la huelga en Galicia en un 80%

Los sindicatos UGT y CC.OO. cifran el seguimiento de la huelga general en un 80% en Galicia según los datos que manejan de las primeras horas de la convocatoria del paro.
Ambas plataformas sindicales hablan de «seguimiento masivo» y hacen hincapié en que las cifras superan por el momento las registradas en la huelga general de 2002. Informan de que la noche transcurrió con normalidad y sin incidentes destacables, y que los índices de seguimiento del 80% se mantuvieron constantes en las principales ciudades así como en las grandes empresas.

UGT y CC.OO. informan de paros masivos en el aeropuerto de A Coruña y Santiago de Compostela, en los puertos como el exterior de A Coruña y el pesquero de Vigo, y en empresas como Cespa, Repsol, Caramelo, Zara Logística, Pull&Bear Logística, Adif, Renfe Operadora, Navantia, Alcoa Inespal, Ferroatlántica y Citroën. También se ha notado el paro de la actividad en los servicios de recogida de basura, en la publicación de algunos periódicos, algunos de ellos a la venta en versiones reducidas, y en locales de hostelería.

La CIG dice que el paro en la industria es "masivo" y los principales polígonos industriales no tienen actividad

La CIG ha afirmado que la participación en la huelga en el sector industrial gallego es "masivo" y ha augurado que se superarán las cifras del paro general del 2002, que estuvieron por encima del 75%. Asimismo, ha destacado que permanecen sin actividad los principales polígonos industriales de la comunidad. El sindicato nacionalista ha valorado "muy positivamente" estos datos de seguimiento de la huelga en las primeras horas de la jornada. En este sentido, ha destacado que no hubo actividad en la recogida de basura en las principales ciudades y villas, mientras que los servicios de transporte urbano funcionan con los servicios mínimos pactados y algunas estaciones de autobuses, como el caso de la de Lugo, tampoco tienen actividad.

Además, la CIG ha destacado que una empresa "emblemática" como PSA Peugeot-Citroën no logró poner en marcha su línea de producción ni en el turno de noche ni en el de la mañana y que los datos de Red Eléctrica Española apuntan que el consumo energético son "como los de un domingo". Ha augurado, también, un paro "significativo" en muchas áreas comerciales, aunque aún no ha comenzado la actividad. También espera "una importante incidencia" en la enseñanza.

El sindicato ha criticado el papel de la Policía en algunas ciudades, en las que actúa "con una enorme agresividad contra los piquetes, yendo más allá en sus funciones del papel de vigilancia" y ha denunciado que se convierten, en algunos casos en "auténticos contrapiquetes". La CIG ha considerado esta situación es de "especial gravedad" y ha censurado las "identificaciones masivas" hechas en A Coruña y en Santiago, en la propia entrada del local de la central sindical.

Nota de prensa remitida por los sindicatos UGT y CC.OO.:

110.000 persoas manifestáronse hoxe con CC OO e UGT en diferentes manifestacións e concentracións polas principais vilas e cidades de Galicia. Para as organizacións sindicais, trátase do colofón a un «día histórico», pois a folga xeral que convocaron as dúas organizacións acadou un seguimento do 82,15%.

As traballadoras e traballadores galegos recorreron as rúas de A Coruña, Ferrol, Santiago, Ribeira, Lugo, A Mariña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Arousa e concentráronse nas vilas de Lalín e Cee baixo o lema “Así, non ¡rectificación xa!”. Vigo acolleu o acto central ao contar coa participación dos secretarios xerais de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, e do S.N. de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión.

Desde CC OO e UGT salientan que se trata dun «día histórico» debido ao 82,15% de participación na folga xeral. A convocatoria tivo un especial seguimento en sectores como recollida de lixo e limpeza viaria, transportes públicos, portos e aeroportos, sector naval, automoción ou comercio e hostalería.

Ambos sindicatos destacan que o éxito da folga no é mérito dos sindicatos convocantes, é sobre todo dos traballadores que fixeron súa a proposta de UGT e CCOO. O traballo sindical realizado nos últimos meses, a través dunha ampla campaña informativa e o traballo empresa a empresa, da un resultado que se reflicte no seguimento xeral da folga e nas principais empresas galegas que se atopan nestes momentos en situación de paro.

Este é o caso de empresas tan significativas como PSA-Vigo, Navantia, Alúmina Aluminio San Cibrao, Zara Loxística, Frinsa do Noroeste, Unisono Solucións, GKN Driveline, G.P.S.B. Galfor S.A., Cespa ou Vitrasa, entre outras.

Co aval deste «masivo apoio», UGT e CCOO reclaman a rectificación das políticas antisociais do goberno Zapatero, comezando pola reforma laboral que abarata o despedimento, aumenta a temporalidade, ameaza a negociación colectiva, recorta os dereitos dos traballadores e traballadoras e non crea emprego; e seguindo pola retirada do plan de Axuste, restablecendo os dereitos dos pensionistas, empregados e empregadas públicos e persoas dependentes, mantendo o investimento público.

Os dous sindicatos esixen tamén o mantemento da negociación colectiva como marco de protección das condicións de traballo, fronte aos intentos de individualizar as relacións laborais, a continuidade do sistema público de pensións como eixe do sistema de protección social, e a aplicación dunha política fiscal baseada na progresividade e na equidade, e non en xestos ou cencesións á galería.

Ambos sindicatos amosan o seu convencimento de que o 29 de setembro é o primeiro chanzo a cara un futuro mellor e para conseguir un xiro democrático das políticas do Goberno. O contrario sería unha irresponsabilidade por parte dun Executivo que se amosaría xordo e cego ante o clamor popular.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O seguimento da folga de empregados públicos na Administración xeral da Xunta de Galicia e os seus organismos dependentes acadaba un 14,4 por cento ás 10.00 horas do mércores 29 de setembro, na Administración de Xustiza esa porcentaxe se eleva ao 18 por cento, nos centros públicos educativos 8,7 por cento e nos centros sanitarios dependentes do Servizo galego de saúde foi do 9,9 por cento. No caso da Administración xeral e dos organismos dependentes, participaron na folga 1.885 dos 17.857 empregados públicos totais. Outros 2.062 forman parte dos servizos mínimos decretados pola Xunta, que se están a cubrir ao 100 por cento.

Especificamente no caso das delegacións territoriais -incluídas xa nos datos de Administración xeral e organismos dependentes-, o seguimento da folga foi do 15,5 por cento na Coruña; do 6 por cento en Lugo; do 8,5 en Ourense e do 16,4 na provincia de Pontevedra, nos ámbitos das delegacións territoriais de Pontevedra e Vigo. Nos centros xudiciais, a media de seguimento da folga é do 18 por cento. Por provincias, en Lugo é do 11,6 por cento, en Ourense do 7,9 por cento, en Pontevedra do 19,6 por cento e na Coruña do 20,5 por cento. O total de persoal neste sector é de 2.583 persoas, dos cales 791 forman parte dos servizos mínimos fixados pola Xunta.

Nos centros educativos públicos, o seguimento da folga foi do 9,2 por cento a nivel galego. Na Coruña chegou ao 9,4 por cento, en Lugo o 5 por cento, en Ourense un 11,9 por cento e en Pontevedra o 9,9 por cento. No caso da sanidade pública, o seguimento da folga foi dun 9,9 por cento nos centros sanitarios dependentes do Servizo Galego de saúde. No ámbito provincial o seguimento foi do 9,3 por cento na provincia da Coruña, do 5,2 por cento na de Lugo, do 4,6 por cento na de Ourense, e do 14,64 por cento na provincia de Pontevedra.

O grado de cumprimento dos Servizos mínimos da Xunta, cuxa validez foi ratificada onte polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, foi do 100% en todos os servizos, salvo o transporte de viaxeiros que sumou un 63,87%, nas rutas que a Xunta xestiona mediante concesión a través das correspondentes empresas privadas. Según información da policía autonómica, as incidencias foron mínimas, houbendo unicamente casos de roturas dalgunha porta ou manipulación con silicona de pechaduras.

A folga, cuxo desenvolvemento está previsto entre as 0.00 horas e as 24.00 horas, está convocada polas centrais sindicais Confederación General del Trabajo (CGT), Unión Xeral de Traballadores (UXT-Galicia), Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Galicia) e a Confederación Intersindical Galega (CIG) contra a política económica do goberno de Zapatero. A folga afecta a todas as actividades laborais e funcionariais desempeñadas polos traballadores e polos empregados públicos das empresas e organismos establecidos dentro do ámbito xeográfico e xurídico do Estado español.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias (manifestación en Lugo)
R.