Skip to main content

El Mercado de San Miguel, en Madrid, acoge la promoción de productos gastronómicos gallegos

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura e Turismo a través da sociedade Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, presenta no histórico mercado de San Miguel de Madrid entre os días 12 e 21 de novembro a promoción Saborea Galicia, unha iniciativa que permitirá a presenza dos mellores produtos da gastronomía para todo o público madrileño.

Este acontecemento, organizado en colaboración coas consellerías de Medio Rural e Mar, servirá de escaparate para os produtos gastronómicos galegos máis senlleiros de Galicia e posibilitará a súa comercialización entre o público madrileño ao tempo que se difunden os valores turísticos da Comunidade galega.

Ao acto central de presentación, que ten lugar o venres día 12 ás 14.30 horas, asistirán o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; a conselleira do Mar, Rosa Quintana e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo.

Turgalicia instalará no mercado de San Miguel 12 postos de venda de produtos e cada un deles estará atendido por dúas persoas coñecedoras das características destes.

Dentro destes postos, que se disporán a xeito de carriños decorados coa imaxe característica desta promoción, exhibiranse produtos galegos das distintas denominacións de orixe p e indicacións xeográficas protexidas, relacionadas cos sectores dos queixos, a carne, o hortícola, a panadería, a pastelería, os produtos do mar, o mel e a castaña.

Ademais, promocionaranse os viños das cinco denominacións de orixe, así como os viños da terra e as bebidas espirituosas.

Nesta promoción da Xunta da Galicia, difundiranse tamén os valores dos produtos con certificación ecolóxica, e os visitantes, ademais de poder informarse e mercar produtos gastronómicos de Galicia de calidade, poderán obter información turística sobre as posibilidades que ofrece o territorio galego no eido gastronómico e turístico, grazas a un punto informativo que se instalará no propio mercado de San Miguel.

Na promoción Saborea Galicia, está previsto que se desenvolvan xornadas específicas para mercar e degustar os distintos produtos da gastronomía galega.

Así, os días 12 e 13, estarán dedicados aos cogomelos, as castañas e ás fabas, que serán protagonistas da cociña do mercado.

Os días 14 e 15 de novembro estarán dedicados ao peixe e ás conservas, mentres que os mariscos serán os protagonistas das xornadas do 16 e o 17 de novembro.

Os días 18 e 19 haberá promocións especiais das carnes galegas e dos queixos, os días 20 e 21 de novembro.

Ademais, realizaranse dúas catas maridadas diarias con viños, unha ás 13:00 horas e outra ás 21:00 horas.
R.