Skip to main content

La Xunta de Galicia reconoce que su única intención es garantizar que el AVE sea una realidad en 2015

La Xunta ha afirmado en un comunicado que la "obligación" del Gobierno gallego es "estar vigilante" para que 2015 "no se convierta en otro 2012", es decir, que no haya un nuevo retraso en las obras del AVE. Además, ha recordado que el Gobierno central tiene "un compromiso que cumplir con Galicia", el de garantizar que los plazos previstos "se hagan realidad". El Gobierno gallego ha manifestado su "preocupación", puesto que a finales de 2010 el cumplimiento de los objetivos de las obras "apenas se acerca al cuatro por ciento". La Xunta destaca que el Ejecutivo gallego "sólo quiere saber cuáles son las previsiones del Estado" y "cómo se van a hacer las cosas para que 2015 no sea una nueva frustración".

Hernández le ha pedido a Blanco que deje de "personalizar" y de sentirse víctima de ataques". La Xunta ha asegurado estar "actuando con lealtad", pero que su primera lealtad son "los intereses de Galicia". Asimismo, ha lamentado que el Ministerio "emplee a los medios de comunicación" para hacer anuncios que considera que se deberían haber debatido en la Comisión de Seguimiento, que la Xunta afirma llevar demandando desde el mes de octubre. Esto, afirma "no es precisamente lealtad por parte del Ministerio".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, lémbralle ao ministro de Fomento, José Blanco, que a única intención do Goberno galego é garantir que o AVE chegue a Galicia nos prazos comprometidos no pacto do Obradoiro, é dicir, no ano 2015. O Estado ten un compromiso que cumprir con Galicia, asinado polo ministro de Fomento, que é o que ten a obriga de facer as obras e de garantir que eses prazos van facerse realidade. A obriga do Goberno galego é estar vixiante para que o ano 2015 non se converta noutro 2012, é dicir, nun prazo que non se vai cumprir e, en consecuencia, noutro engano aos galegos.

Ao igual que a Xunta de Galicia recoñece que o Goberno central cumpriu o Pacto do obradoiro en 2009, e felicitou por elo ao ministro de Fomento. Nestes momentos, lamentablemente temos que manifestar a nosa preocupación porque estamos a piques de rematar o ano e o cumprimento dos obxectivos apenas se achega ao 4%, remarca Hernández. Os galegos só queremos saber cales son as previsións do Estado e cómo se van facer as cousas para que o 2015 non se converta nunha nova frustración, aclara.

Hernández tamén lle pide a Blanco que deixe de personalizar ou de sentirse vítima de ataques. A Xunta está a actuar con lealdade, pero non debe esquecer que a principal lealdade do Goberno galego son os intereses de Galicia. O único que quere o Goberno autonómico é que o Estado cumpra cos galegos.

Tampouco debe esquecer o ministro de Fomento que foi el quen libremente asinou o Pacto do Obradoiro e estableceu os mecanismos para facer o seguimento do mesmo. Desde a Xunta considérase que non é de recibo que o Goberno galego leve desde o mes de outubro pedindo a reunión da Comisión de Seguimento, que esta non se convoque e que nos teñamos que enterar pola prensa de cuestións de importancia relevante, como sucedeu coas cuestións relativas ao ancho do AVE. Iso non é precisamente lealdade por parte do Ministerio.
R.