Skip to main content

El Comité de Rutas Aéreas prima con 1,2 millones de euros a Vigo mientras que Santiago pierde Roma por Ginebra

Así lo ha señalado la secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, que ha dado cuenta del resultado de las negociaciones llevadas a cabo por ella misma en nombre del Comité de Rutas Aéreas de Galicia desde mediados del pasado mes de noviembre con un total de 12 compañías aéreas. En concreto, Carmen Pardo ha indicado que para 2011, "con menos presupuesto" que en el presente año, se repetirán "las mismas conexiones internacionales" en los tres aeropuertos gallegos que en verano de 2010, con la excepción de Roma desde Santiago, que se sustituirá por la ciudad suiza de Ginebra. Y con estos fondos, el aeropuerto de Peinador mantendrá para 2011 su vuelo a Bruselas y la conexión con Sevilla; mientras que el 1.050.000 euros para Alvedro servirá para patrocinar los enlaces con Ámsterdam y Valencia, que tendrán continuidad en 2011 como la tuvieron en 2010.

Paralelamente, el aeropuerto compostelano de Lavacolla mantendrá en 2011 los vuelos con Frankfurt, Londres, Zurich y París, mientras que el de Roma se perderá en beneficio de una conexión con la ciudad suiza de Ginebra. En particular, las conexiones con Frankfurt y Londres están garantizadas, según la Xunta, hasta 2013. Según ha apuntado Carmen Pardo, existiría además la posibilidad de añadir una segunda conexión internacional en los aeropuertos de A Coruña y Vigo que, de materializarse, sustituiría a sus conexiones nacionales con Valencia y Sevilla a partir del mes de abril. Para ello, la Xunta ha reclamado la colaboración económica de las entidades locales. El Comité ha negociado un enlace directo entre Peinador y Milán, que podría materializarse si el Ayuntamiento de Vigo aportase 272.000 euros; y un vuelo entre Alvedro y Roma, que se haría efectivo con una aportación de 289.000 euros por parte del Ayuntamiento de A Coruña.

El conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, ha enviado una carta con la propuesta a ambos alcaldes, que deberán mostrar su predisposición a esta inversión, como máximo, el 30 de diciembre. La Xunta negocia todavía un sexto enlace internacional para Lavacolla, a un destino europeo, que se haría sin compensación económica por parte del consistorio, dado que es el aeropuerto que recibe menos fondos. Sobre el posible destino, Agustín Hernández ha descartado totalmente que pueda tratarse de Roma, ya que este destino "no ha sido ofrecido por ninguna compañía" desde Santiago, aunque lo ha condicionado a la decisión que tomen los otros ayuntamientos ya que, entre otros, podría ser Milán.

Carmen Pardo ha rechazado concretar qué compañías realizarán qué enlaces gracias a los patrocinios publicitarios, aunque ha explicado que en Galicia operarán Ryanair, Air Nostrum, Vueling y, por vez primera, Easyjet, que realizarán vuelos con frecuencias desde las dos hasta las cuatro veces a la semana. Los enlaces nacionales desde A Coruña y Vigo -Valencia y Sevilla- estarán garantizados hasta mayo de 2011 y, en este mes, se cambiarán por los internacionales si los ayuntamientos están dispuestos a conceder fondos. Los restantes vuelos internacionales entrarán en funcionamiento a partir de marzo y, excepto Londres y Frankfurt, concluirán con la temporada de verano, el 31 de octubre de 2011.

Agustín Hernández, que ha visto "equilibrado" el reparto de fondos, ha destacado la consecución de los objetivos del Comité -el mismo número de conexiones- con "menos dotación". En este sentido, ha recordado que otras de sus metas en esta negociación han sido la de generar una "oferta coordinada" para los tres aeropuertos gallegos con "perspectiva de país" y la de "potenciar" con "absoluta lealtad" la conectividad gallega "de forma equitativa y equilibrada".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Tras un intenso traballo de negociación, a Xunta garante que Galicia terá no ano 2011 un mapa de rutas equivalente ao do ano Xacobeo, coa posibilidade incluso de mellorar o número de destinos internacionais nos tres aeroportos. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asegurou en rolda de prensa, na que estivo acompañado pola secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e polo director Xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, que “estamos en disposición de mellorar a conectividade aérea de Galicia con menos recursos que o presente ano, froito dunha importante labor negociadora”.

Hernández deu conta dos resultados das negociacións coas compañías aéreas que se viu realizando dende mediados do pasado mes de novembro, co obxectivo de lograr para os aeroportos de Galicia a mellor conectividade posible, optimizando os recursos dispoñibles por parte da Xunta de Galicia .

Sinalou que as negociacións realizáronse con criterios moi concretos. En primeiro lugar, intentar lograr unha oferta que iguale en 2011 o número de voos internacionais que os tres aeroportos galegos tiveron no Ano Xacobeo. “Un obxectivo que está totalmente garantido a día de hoxe a través de fórmulas de concursos e convenios de patrocinio publicitario respectando toda a legalidade vixente”, sinalou.

Tamén incidiu en que se trata dunha oferta coordinada para os tres aeroportos, de xeito que se garanta un número de rutas amplo a disposición de todos os galegos. “O Executivo autonómico traballou e seguirá traballando con absoluta lealdade para tratar de potenciar a conectividade dos tres aeroportos”. Hernández insistiu en que “isto foi posible, cun orzamento un 30% máis baixo”.

“O obxectivo foi manter as conexións dende unha perspectiva de país, é dicir, que os cidadáns teñan acceso dende Galicia ao maior número de destinos posible. O resultado que permite manter ou incluso mellorar o número de rutas do 2010 supón investir aproximadamente 1,2 millóns de euros en Vigo; 1,05 millóns de euros na Coruña e mais de 800.000 euros en Santiago”, explicou o conselleiro.

Pola súa banda, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, explicou o mapa dos voos en Galicia para o ano 2011:

• Dúas rutas para Peinador (Bruxelas e Sevilla), é dicir, manter o mesmo mapa que en 2010. Para o aeroporto de Vigo ábrese tamén a posibilidade dun segundo escenario, que é ter dúas rutas internacionais, barallándose Milán, en lugar de Sevilla, como segundo destino. Para elo, o concello ha de ter en conta que isto suporá complementar a aportación da Xunta cunha cifra adicional aproximada de 272.000 euros.

• Dúas rutas para Alvedro (Amsterdam e Valencia), é dicir, manter o mesmo mapa que en 2010. Para o aeroporto coruñés a Xunta traballou a posibilidade dun segundo escenario, que suporía, ao igual que en Vigo, acadar dúas rutas internacionais, barallándose Roma, en lugar de Valencia, como segundo destino. Para elo, o concello ha de ter en conta que isto suporá complementar a aportación da Xunta cunha cifra adicional de aproximadamente 259.000 euros.

• O mapa de rutas internacionais de Galicia complétase coas cinco rutas de Lavacolla (Frankfurt, Londres, Ginebra, Zurich, París), é dicir, o mesmo número de rutas que no ano Xacobeo. Ademais, dependendo das negociacións pendentes poderían converterse en 6 rutas. O voo de Roma, que se deixa de prestar en Santiago porque nestes momentos non hai compañías interesadas en mantelo, pasa a ser substituído por Xenebra.

Galicia tivo en 2010 a súa maior conectividade internacional directa, grazas á aposta do actual executivo. Na reunión do Comité Técnico de Rutas do 4 de novembro de 2010 estiveron representados a nivel técnico todas as administracións e organismos que forman parte do comité. Na mesma acordouse por unanimidade, incluíndo nesa unanimidade aos representantes municipais, o obxectivo de manter en 2011 o mesmo mapa de destinos que se tivo en 2010.

Con esta premisa reuniuse o 16 de novembro o Consello Xeral do Comité de Rutas. Lamentablemente, a falta de acordo entre os concellos (Coruña, Santiago e Vigo) respecto da proposta pactada poucos días antes deu ao traste co consenso no seo do Comité.

Ante esa falta de acordo, a Xunta viuse na obriga de negociar directamente e coa máxima urxencia coas compañías aéreas para garantir que Galicia non perda un nivel de conectividade tan importante como o que se acadou este ano, o ano do Xacobeo, intentando consolidar a cifra de voos de 2010, co compromiso de respectar o acordado no comité.

A partires dese mesmo día, dende a Secretaría Xeral de Turismo, co apoio da Dirección Xeral de Mobilidade, traballouse contrarreloxo con ese obxectivo. Mantivéronse contactos exactamente con unha ducia de compañías e reunións con aquelas interesadas a priori en aumentar ou iniciar actividade en Galicia.
R.