Skip to main content

El 75% de alumnos gallegos tiene un nivel intermedio en lengua y matemáticas, según un informe autonómico

El conselleiro de Educación, Jesús Vázquez ha presentado en rueda de prensa los resultados del informe de Evaluación de Diagnóstico realizado por la Xunta en el 2009 para medir estas competencias entre los alumnado escolarizados el pasado curso en 4º de primaria y 2º de la ESO.

El titular de Educación señaló que cerca de 42.900 escolares gallegos de 1.090 centros realizaron estas pruebas que muestras que muestran resultados «muy similares» tanto en competencias lingüísticas como en las matemáticas en ambos niveles. Así, el informe revela que mientras un 56% de los alumnos de educación primaria se sitúa en niveles de competencia lingüística medio-altos (niveles 3 y 4), un 25% está en niveles bajos (niveles 1 y 2) y sólo un 8% acredita nivel de excelencia (nivel 5). En competencia matemática, el 31,8% de los alumnos de educación primaria se encuentran en un nivel bajo, el 50,9% en un nivel medio alto y un 7,2 en un nivel de excelencia.

Con respecto al alumnado de la ESO, los resultados muestran un mayor porcentaje de alumnado en niveles bajos en detrimento de los medios altos, de modo que en competencias lingüísticas, Galicia tiene un 40,8% de alumnos en niveles bajos, un 50 % en niveles medio-altos y un 8,8% en nivel de excelencia. En competencias matemática, hay un 44,5% de alumnado en niveles bajos, un 48,3 % en niveles medio-altos y un 7,3% está en el de excelencia. En cuento a las diferencias por género, el conselleiro señaló que en competencia lingüística, las niñas evaluadas en educación primaria superan en 10 puntos a la media obtenida por los niños, mientras que en destreza matemática son los niños los que superan en 19 puntos a las niñas.

En la ESO se mantiene esta tendencia de modo que las alumnas superan en 17 puntos a la media obtenida por los alumnos en el comunicación lingüística, mientras que en el caso de las matemáticas los niños alcanzan una puntuación 22 puntos mayor a la media de las alumnas.

El conselleiro subrayó la «homogeneidad» que existe entre los centros educativos de toda la Comunidad y apuntó que no se detectaron diferencias significativas entre las puntuaciones medias de las cuatro provincias gallegas, lo que «permite hablar de un sólo sistema educativo gallego que va a un mismo ritmo». Vázquez realizó también una valoración de los resultados del informe del Programa Internacional para la Evaluación de Estudiantes del 2009, conocido como Informe Pisa, y destacó que en comprensión lectora el alumnado gallego alcanzó 486 puntos de media, lo que supone 5 puntos más que la media española pero 7 puntos por debajo de la media alcanzada por los países de la OCDE que fue de 493.

En el caso de la competencia lingüística, los escolares gallegos obtuvieron 506 puntos que los sitúa por encima de la media de los países de la OCDE y de la media española, de 501 y 488 puntos, respectivamente. Con respecto a la competencia matemática, la media del alumnado gallego es de 489 puntos, 6 por encima de la media del Estado aunque, siete menos que la media de la OCDE.

El conselleiro se mostró «contento» con el cambio de tendencia detectada en los últimos años si bien subrayó la necesidad de seguir trabajando con el fin de alcanzar «los máximos niveles de rendimiento y de calidad» del sistema educativo gallego y «solventar los muchísimos defectos que todavía existen». En este sentido, consideró «imprescindible» que las familias se involucren y sean «parte activa» del proceso educativo para la obtención de mejores resultados.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, valorou a tendencia á mellora do sistema educativo galego que veñen de poñer de manifesto os resultados obtidos polo alumnado nas probas de Avaliación de diagnóstico da Comunidade Autónoma de Galicia e no Informe PISA 2009, aínda que insistiu na necesidade de “seguir a traballar para que o sistema educativo galego acade os máximos niveis de excelencia e calidade”.

Nunha rolda de prensa na que presentou os resultados de ambos os dous informes, o conselleiro explicou que a finalidade desta probas é a de testar o estado actual da educación en Galicia co fin de seguir traballando na súa mellora, pero non o de establecer competicións entre os centros educativos nin entre o alumnado galego. “Trátase senón dunha análise dos puntos fortes e das eivas do nos sistema educativo que nos vai permitir apuntar as medidas desta Consellería cara os eidos axeitados”, puntualizou Vázquez Abad.

Ademais, Vázquez Abad lembrou que estas probas cumpren cunha función de transparencia e de reflexión sobre o funcionamento do sistema educativo. Por outra banda, a súa implantación facilítalle á Administración educativa a orientación das políticas educativas, así como a posta en marcha de actuacións dirixidas á revisión e mellora do sistema.

Respecto da Avaliación de diagnóstico, o conselleiro de Educación explicou que os preto de 42.900 escolares galegos de 1.090 centros escolares que realizaran as probas amosaran mellores resultados nas competencias lingüísticas que nas matemáticas.

Estas probas avaliaron o nivel de desenvolvemento dos alumnos e alumnas nas competencias básicas, nesta ocasión na competencia matemática e na competencia lingüística dos escolares que o curso 2008/2009 estiveron escolarizados nos cursos de 4º de primaria e 2º da ESO. Ademais, o alumnado tivo que resolver situacións que probaran a súa capacidade para aplicar os coñecementos á comprensión da realidade nos seus diversos contextos, e á resolución de problemas prácticos xerados na vida cotiá.

Os resultados da competencia lingüística en 4º de Primaria indican que o alumnado de educación primaria domina mellor a comprensión oral e lectora que a expresión escrita. No caso de 2º da ESO nesta mesma competencia, os resultados apuntan na mesma dirección.

Respecto da competencia matemática, as probas foron distintas para cada etapa educativa. Así, en 4º de Primaria avaliáronse os bloques de 'Cantidades', 'Espazos e formas', e 'Azar e probabilidade'. Os resultados para esta etapa indican que o alumnado non presenta dificultades nas cuestións referidas a cantidades, e azar e probabilidade, pero ten maiores dificultades no tratamento de espazos e formas.

En canto a 2º de ESO avaliáronse os bloques de 'Números', 'Álxebra', 'Xeometría', 'Funcións e gráficas', 'Estatística e probabilidade', e 'Contidos comúns'. Neste caso, os resultados indican que o alumnado presenta bos niveis de execución en números, álxebra, xeometría e estatística e probabilidade, destacando nestes dou últimos. Pola contra atopa dificultades ao enfrontarse a problemas relacionados con funcións e gráficas, nos que aínda están iniciando a súa aprendizaxe.

Tal e como explicou o conselleiro, en cada unha das competencias analizadas nesta avaliación os ítems foron clasificados en cinco niveis de dificultade, que permiten cuantificar a porcentaxe de alumnado que hai en cada nivel e describir as características asociadas á adquisición da competencia en cada nivel, é dicir, que sabe facer un alumno, como aplica os seus coñecementos e con que grao de complexidade.

En ambas as dúas competencias os resultados son moi similares nas dúas etapas. Así, na comunicación lingüística o 75% da poboación avaliada sitúase nos niveis intermedios (niveis 2, 3 e 4). En canto á competencia matemática case tres cuartas partes da poboación avaliada sitúase nos tres niveis intermedios.

Respecto doutro dos aspectos finalmente analizados nesta avaliación, a diferenza por xéneros, na competencia en comunicación lingüística as nenas avaliadas en educación primaria superan en 10 puntos á media obtida polos nenos nesta mesma competencia. Na ESO, mantense a tendencia da etapa anterior, e as alumnas superan en 17 puntos á media obtida polos alumnos na competencia en comunicación lingüística.

No caso da competencia matemática, en educación primaria os nenos obteñen unha puntuación 19 puntos maior que a media das nenas; e na ESO os alumnos superan en 22 puntos á media obtida polas alumnas na competencia matemática.

Doutra banda, o conselleiro fixo referencia á homoxeneidade entre os centros educativos de toda a Comunidade galega, xa que non existen apenas diferenzas entre as puntuacións medias das catro provincias da comunidade.

O conselleiro de Educación insistiu, tras presentar os resultados da Avaliación de Diagnóstico, na importancia do traballo persoal e diario do alumnado fóra do horario lectivo, cuestión fundamental para axudarlle a acadar mellores resultados tanto na competencia en comunicación lingüística como na competencia matemática.

O conselleiro de Educación fixo tamén na rolda de prensa unha valoración sobre os resultados acadados polo alumnado galego no Informe PISA 2009. Os 1.585 alumnos de 54 centros avaliados pola OCDE nestas probas acadaron unha puntuación de 486 puntos en comprensión lectora, a principal competencia analizada, o que supón 7 puntos máis que a puntuación obtida no ano 2006; e 5 máis que a media española. Nos procesos desta competencia, explicou o conselleiro, o alumnado galego obtén maior puntuación nos exercicios de reflexión.

En PISA 2009 iniciouse unha nova opción, a lectura de textos electrónicos ERA (Electronic Reading Assessment,) co obxectivo de avaliar a comprensión lectora neste formato. Unha competencia na que, explicou Vázquez Abad, “desde esta Consellería confiamos en que nas vindeiras avaliacións de PISA se produza unha mellora significativa, grazas á implantación das TIC nas aulas a través do Programa ABALAR”. “Doutra banda, a consellería de Educación seguirá a traballar na mellora da competencia lectora do alumnado galego, a través das diferentes iniciativas artelladas polo Plan LIA de Bibliotecas Escolares para o fomento da lectura entre os máis novos, como unha ferramenta para o éxito escolar”, engadiu.

No caso da competencia científica, PISA volve situar ao alumnado galego, con 506 puntos, por riba da media da OCDE e da media española, de 501 puntos, e 488 puntos, respectivamente.

Respecto da competencia matemática, a media obtida polo alumnado de Galicia nesta competencia é de 489 puntos, 6 por encima da media do Estado, e nun grupo intermedio no que tamén están Asturias, Cantabria, Cataluña e Murcia; aínda que 7 puntos menos que a media dos países da OCDE.

Tras a presentación destes datos, o conselleiro insistiu na necesidade da colaboración de toda a comunidade educativa para impulsar a cultura do esforzo; así como na utilidade dos procesos de avaliación que a Consellería de Educación está a realizar para mellorar a calidade dun sistema educativo galego “que comece xa a beneficiar aos que serán os cidadáns do mañá”.
R.