Skip to main content

El Círculo de Bellas Artes de Madrid acoge una exposición sobre la Cidade da Cultura de Galicia

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia organiza no Círculo de Bellas Artes de Madrid, do 7 de febreiro ao 13 de marzo, a exposición Peter Eisenman.Cidade da Cultura de Galicia, unha iniciativa enmarcada nas accións de promoción exterior da infraestrutura cultural do Gaiás.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentará a exposición nunha rolda de prensa que terá lugar ás 13,00 horas no espazo da Azotea do CBA. A continuación, Roberto Varela presidirá a inauguración da mostra nun acto que contará coa presenza ademais do arquitecto estadounidense Peter Eisenman; o presidente do Círculo de Bellas Artes, Juan Miguel Hernández León, e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega.

A exposición Peter Eisenman.Cidade da Cultura de Galicia reúne un total de 50 fotografías de gran tamaño do complexo arquitectónico do Gaiás. As imaxes amosan os dous edificios da Biblioteca e do Arquivo de Galicia, inaugurados o pasado 11 de xaneiro, así como diferentes detalles do proceso construtivo.
R.