Skip to main content

La Xunta aprueba la declaración del barrio de Ferrol Vello como Bien de Interés Cultural

El Consello de la Xunta de Galicia ha dado luz verde al decreto de la Consellería de Cultura en el que se reconoce la importancia del conjunto como "elemento nuclear y originario" de la actual ciudad de Ferrol con la voluntad de "resaltarla como referente de lo que fue la trayectoria de una comunidad humana con una gran proyección de futuro en la valorización de su patrimonio histórico y urbanístico".

La aplicación de la figura de Bien de Interés Cultural, al tiempo que garantiza una protección integral vinculante para todas las administraciones, estimula su "plena recuperación" y constituye, ha explicado la Xunta, un "catalizador" tanto a nivel de difusión de la imagen de la ciudad como de actuaciones para su desarrollo sostenible.

La declaración de Ferrol Vello como Bien de Interés Cultural reconoce su interés artístico y arquitectónico, además del componente histórico que abarca. En el decreto se hace hincapié, además, en el mantenimiento del tejido viario original y de su parcelario urbano, así como en la presencia de una "arquitectura notable" y "diversa" que manifiesta la "personalidad única de la ciudad". Ferrol tuvo hasta mediados del siglo XVIII una imagen de ciudad marinera por su barrio típicamente portuario.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Concello de Ferrol:

O alcalde, Vicente Irisarri, e o concelleiro de Urbanismo, Angel Mato, compareceron en rolda de prensa para expresar a satisfacción da cidade pola aprobación da declaración do barrio de Ferrol Vello como Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de conxunto histórico. Unha declaración que esta mañá aprobaba o Consello da Xunta e que hoxe é posible porque o pleno do Concello de Ferrol votaba a favor de presentar un recurso de alzada contra unha resolución negativa inicial da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta. Nesta liña, alcalde e concelleiro lembraban que nese pleno PSOE, BNG e EU votaban a favor de presentar o recurso e Partido Popular e IF votaban en contra. Así mesmo, ambos atribuían este recoñecemento á sociedade ferrolá e, especialmente, Mato significaba o papel da asociación de veciños de Ferrol Vello, a primeira e máxima impulsora da declaración.

Ao respecto, Vicente Irisarri e Angel Mato destacaban a enorme trascendencia da noticia e, aínda que admitían que a mellora de Ferrol Vello non chegará da noite á mañá, aseguraban que a declaración supón un paso de xigante no proceso de rehabilitación. Apuntaban que esta viña da man da aposta decidida do goberno local socialista pola recuperación do barrio e lembraban que a día de hoxe están en proceso de urbanización cinco rúas e o centro cívico de Ferrol Vello, así como que se vén de materializar a compra da casa de Carvalho Calero e, no presente mandato, se actuou na rúa Virxe, na Alameda do Carbón e na Praza Vella. Actuacións que contrastan coas cero realizadas no anterior mandato. Así mesmo, o alcalde comprometía o esforzo do goberno local por continuar impulsando a rehabilitación do barrio no marco das súas competencias, adicando o 100% dos recursos municipais disponibles.

Doutra banda, alcalde e concelleiro anunciaron que a partir de hoxe o goberno local traballará na redacción do plan especial de protección da área afectada, cuxa aprobación definitiva requerirá o informe favorable da Consellería de Cultura. Segundo Mato, o goberno local debería estar en condicións de pechar a súa contratación no presente mandato. O documento debe contemplar as posibles áreas de rehabilitación integrada que permitirán a recuperación da área residencial e das actividades económicas adecuadas. Tamén deberá contemplar os criterios relativos á conservación das fachadas e cubertas e instalacións sobre as mesmas, así como os elementos máis significativos do interior das edificacións. Non se permitirán modificacións de alineacións, alteracións da edificabilidade, parcelacións nin agregacións de inmobles.

Así mesmo, Mato especificou que, namentras non se aprobe definitivamente o plan especial, a concesión de licenzas ou a execución das xa outorgadas antes da declaración de conxunto histórico precisarán resolución favorable da Consellería de Cultura. Polo tanto, non se paralizará a concesión das mesmas e, ao mesmo tempo, estase aberto a unha maior línea de axudas á rehabilitación.

Por último, tanto o alcalde como o concelleiro confiaron en que esta noticia vaia acompañada doutras novas positivas por parte da Xunta como a próxima sinatura dun convenio coa Administración autonómica no que se explicite o seu respaldo económico á recuperación dos barrios históricos, como o que expirou no 2010 para A Magdalena e Ferrol Vello e tal e como demanda de forma permanente o Concello de Ferrol.
R.