Skip to main content

La Xunta anuncia la concesión de 84 nuevas frecuencias de FM durante la presentación del libro Galicia pola Radio

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, anunciou que a finais do vindeiro mes de abril convocarase un concurso no que se outorgarán 84 licenzas para outras tantas emisoras radiofónicas de frecuencia modulada (FM), dispoñibles para a Comunidade Autónoma de Galicia no Plan Técnico Nacional do ano 2006.

Así o avanzou hoxe no acto de presentación do libro Galicia pola radio. A historia falada 1993-2008, conmemorativo dos 75 anos da radio en Galicia, onde subliñou que o obxectivo da Xunta de Galicia tras a resolución do concurso da radiodifusión é a reorganización e racionalización do espectro radioeléctrico.

Segundo precisou, a resolución deste concurso permitirá ampliar a oferta radiofónica dispoñible en Galicia, favorecendo o pluralismo informativo coa entrada de novos operadores no mercado. De igual xeito, sinalou que axudará a que moitos cidadáns que non tiñan acceso ás actuais cadeas de radiodifusión poidan ampliar o dial e fomentará a difusión do idioma e a cultura galega nas ondas radiofónicas.

O secretario xeral de Medios concretou que un total de 40 concellos de Galicia se beneficiarán deste concurso. Así, na provincia da Coruña ofertaranse frecuencias nos concellos de Arzúa, Carballo, Cariño, Cee, Coruña, Ferrol, Muros, Ordes, Santiago e Vimianzo. Na provincia de Lugo, nos municipios de Becerreá, Chantada, Fonsagrada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, Palas de Rei, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.

Nota de prensa remitida por Bolanda Ediciones y Márketing

Presentouse en Compostela o libro Galicia pola radio. A historia falada. 1933-2008, a última fase do proxecto cultural “Galicia pola radio” que serviu para conmemorar os tres cuartos de século da radio nesta comunidade e que comezou cunha exposición e un congreso celebrado na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.

Esta publicación, que xa está dispoñibles nas librerías, recolle “todo o traballo de investigación e divugación das oito décadas de radio en Galicia”, segundo indicou hoxe Antonio Couto da editorial Bolanda. O coordinador da obra, o profesor Manuel Rodríguez, destacou o vangardista deseño da publicación e a inclusión “dunha cronoloxía comparada da historia da radio galega a modo de cartel realmente interesante”.

Ademais de Manuel Rodríguez, colaboraron no libro destacados profesionais da radio como Xosé Ramón Pousa, Xosé María García Palmeiro, Xosé Soengas ou Mónica Rebolo. Cada un deles encargouse dun aspecto diferente relacionado co medio. Así, Rebolo adicouse á radio da emigración “parte esencial da radio galega” posto que, como asegurou o catedrático de Comunicación Audiovisual, Xosé Soengas, a radio foi o “vínculo co exterior nunha sociedade rural e analfabeta como era a galega”. Soengas fai no libro un repaso á historia da radio a través dos diferentes momentos históricos que viviu, dende a República ata a democracia pasando pola Guerra Civil e a ditadura.

Xosé Ramón Pousa adica o seu espazo ao presente e futuro da radio mentres que Palmeiro fai unha fermosa crónica sentimental dun medio que marcou toda a súa vida “a profesional pero tamén a persoal”. Pero máis alá dos textos, a obra destaca pola ampla recompilación fotográfica que mostra “a influencia que a radio tivo na vida cotiá dos galegos e como quedou retratada nos momentos máis íntimos, festivos, difíciles e importantes das nosas vidas”, tal como asegurou Manuel Rodríguez.

O coordinador recordou tamén que Galicia pola radio. A historia falada. 1933-2008 é unha homenaxe a todos os que estiveron relacionados co medio e permitiron chegar ata o día de hoxe, por iso se fuxiu de nomes propios. Non obstante agradeceu a achega de numerosas persoas que “de xeito desinteresado ofreceron material propio para poder levar adiante todo este proxecto cultural que comezou en 2008 e remata agora con esta publicación”.

Na edición colaborou a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia cuxo responsable cualificou o libro como “obra necesaria” e asegurou que “a radio é e seguirá sendo un servizo público”. De aí o apoio da Xunta, que este ano “aumentará as axudas ás empresas radiofónicas, tal como recolle a convocatoria que se fará pública esta semana ou a próxima e que se enmarca na liña de axudas ás empresas xornalísticas”.

Así mesmo, Alfonso Cabaleiro anunciou a convocatoria a finais de abril dun “concurso no que se outorgarán 84 licenzas para outras tantas emisoras radiofónicas de frecuencia modulada (FM), dispoñibles para a comunidade galega no Plan Técnico Nacional do ano 2006”. Segundo o secretario xeral, a resolución deste concurso permitirá ampliar a oferta radiofónica dispoñible en Galicia, favorecendo o pluralismo informativo coa entrada de novos operadores. De igual xeito, sinalou que axudará a que moitos cidadáns que non tiñan acceso ás actuais cadeas de radiodifusión poidan ampliar o dial e fomentará a difusión do idioma e a cultura galega nas ondas radiofónicas.

Das 84 novas licenzas, 28 daranse na provincia da Coruña, 25 en Lugo, 21 en Ourense e 10 en Pontevedra. Con este anuncio o secretario xeral de Medios quixo deixar constancia da relevancia que ten para o Goberno galego a radio

Galicia pola radio quere homenaxear a un medio esencial de comunicación, pouco recoñecido como obxecto histórico ata o de agora en Galicia, e reavivar a memoria persoal e sentimental dos galegos na súa relación el. Ademais serve para mostrar aos máis novos a relevancia histórica e a singularidade da radio, poñendo en valor o patrimonio radiofónico e sonoro propio, que tamén forma parte da historia galega do século XX, tal como recordou o coordinador da obra.

A radio en Galicia naceu un día de xaneiro de 1933 en Santiago de Compostela, anunciada como un medio da modernidade para a cultura e a identidade propias. A primeira emisora foi a actual Radio Galicia. Nos dous anos seguintes xurdiron emisoras na meirande parte das cidades. Desde os anos corenta aparecerían RNE na Coruña e as numerosas emisoras ligadas ao réxime franquista. O inicio dos sesenta foi o das emisoras parroquiais da Igrexa, chegando logo a FM e a radio musical, para a finais dos setenta nacer, tras varios e relevantes intentos anteriores, a actual radio informativa galega, e nos oitenta, as novas emisoras e cadeas autonómicas e de alcance estatal.

Galicia pola radio amosa o devir deste proceso a través das iniciativas e programas que desde o inicio elaboraron as emisoras de Galicia e moitas outras que, desde o exterior, deron voz á emigración galega e permitiron manter un vínculo único coa terra marcando unha etapa única e irrepetible da historia desta comunidade.
R.