Skip to main content

Crisis económica: la Xunta invertirá casi 400 millones de euros para aumentar un 133% la superficie empresarial

Galicia pasaría, así, de 13,7 millones de metros cuadrados de suelo industrial a 32,1 millones de metros cuadrados en los próximos años. El objetivo del Gobierno gallego es ajustar la oferta a la demanda, de forma que cada metro cuadrado se ponga a disposición de los emprendedores "con sentido común y de forma planificada". La Xunta pretende una "apertura planificada" de nuevos parques empresariales con el propósito de que toda Galicia sea "un territorio interesante, para las empresas, para invertir, desde el punto de vista de la confianza y de la solvencia".

El presidente gallego ha destacado la idoneidad de la ubicación de en medio millón de metros cuadrados del nuevo parque de Ponte Caldelas que supone la ampliación del pontevedrés de O Campiño. Según Feijóo, más de la mitad de las parcelas ya están vendidas y varias de ellas incluso cuentan con naves en pleno funcionamiento. "Eso significa, en plena crisis económica, un claro mensaje de que aún hay músculo industrial y económico de empresas que son capaces de apostar en los momentos más difíciles", ha defendido el presidente.

Feijóo ha insistido en la necesaria planificación del territorio en materia de prestación de servicios básicos, servicios sociales y cultura, vivienda, infraestructuras viarias y tecnológicas, y desarrollo económico.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Plan de solo empresarial de Galicia suporá investir 373 millóns de euros ata 2012 para incrementar un 133% a superficie empresarial dispoñible na comunidade autónoma, pasando de 13,7 millóns de metros cadrados a 32,1 millóns de metros cadrados nos vindeiros anos. Así o salientou o presidente da Xunta na inauguración do parque empresarial da Reigosa en Ponte Caldelas, onde destacou que o obxectivo do Goberno galego é axustar a oferta á demanda, “de xeito que cada metro cadrado se poña a disposición dos emprendedores con sentido común e de forma planificada”.

Feijóo remarcou que a apertura planificada de novos parques empresariais contribuirá a facer efectivo o empeño da Xunta de que toda Galicia sexa “un territorio interesante, para as empresas, para investir, desde o punto de vista da confianza e da solvencia, para traballar aquí e para vivir aquí”. “Sen planificación non cabe un futuro porque a planificación e o rigor son o contrario da improvisación, e da planificación e do rigor saen as posibilidades de emprego”, remarcou.

Nestas semanas, apuntou, estanse poñendo a disposición das empresas “tres grandes pulmóns industriais”: o polígono das Gándaras en Lugo, o da Sionlla en Santiago e o da Reigosa na comarca de Pontevedra. Supoñen, dixo, 2 millóns de metros cadrados, preto de tres cidades e de comarcas que precisaban “desde hai tempo” solo industrial.

Neste sentido, o presidente galego avogou pola planificación do territorio en materia de prestación de servizos básicos, servizos sociais e cultura, vivenda, infraestruturas viarias e tecnolóxicas, e desenvolvemento económico. Referente aos servizos básicos, Feijóo mencionou o Plan Auga que garante o subministro de auga potable a todos os núcleos de máis de 2.000 habitantes para o ano 2015, e o Plan de infraestruturas hidráulicas, que recolle o saneamento completo das rías galegas.

No tocante aos servizos sociais, asegurou que “son a clave da posibilidade da recuperación económica. No eido da vivenda, salientou o pulo ao aluguer cun 27% máis de axudas ao aluguer e á rehabilitación, mentres que en materia de infraestruturas lembrou o Plan Move e en tecnoloxía, o Plan de banda larga, para o que sinalou que se destinarán 1.200 millóns de euros.

O presidente galego destacou a idoneidade da ubicación do medio millón de metros cadrados do novo parque, “dotados dos servizos, das zonas verdes e de todo aquilo que é necesario desde o punto de vista da enerxía para producir con menor custe a pesar do incremento imparable do prezo da enerxía”, sinalou. Así o demostra o feito de que máis da metade das parcelas xa están vendidas e varias delas incluso contan con naves en pleno funcionamento. “Iso significa, en plena crise económica, unha clara mensaxe de que aínda hai músculo industrial e económico de empresas que son capaces de apostar nos momentos máis difíciles”, concluíu.
R.