Skip to main content

Las bibliotecas digitales del Congreso de los EE.UU., la Unesco o la British Libray, presentes en un congreso en la Cidade da Cultura

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Cidade da Cultura de Galicia acollerá os días 7, 8 e 9 de abril o seminario internacional “As Bibliotecas Dixitais”, no que participarán os responsables das principais bibliotecas dixitais do mundo, como a Library of Congress dos Estados Unidos, a British Library do Reino Unido, a World Digital Library da Unesco, Europeana da Comisión Europea, ou as Bibliotecas Nacionais de Australia e de España. O encontro abrirase tamén a empresas privadas, como Google Books España.

O seminario permitirá a difusión do traballo que está a realizar a Biblioteca de Galicia a través de diferentes proxectos de dixitalización co fin de que os usuarios poidan ter acceso ao patrimonio bibliográfico galego a través da rede. Así, aproveitarase a reunión desta elite de profesionais para presentar “Galiciana”, a biblioteca dixital galega, que por volume de fondos dixitalizados é xa unha das mais potentes de España e de Europa.

A conferencia inaugural correrá a cargo da estadounidense Sally McCalum, representante da Library of Congress, considerada a biblioteca mais prestixiosa do mundo. A súa intervención centrarase nas estratexias para facer mais accesibles as bibliotecas dixitais aos usuarios. Destaca tamén a presencia de John Van Oudenaren, que, como director da World Digital Library da Unesco, exporá o proxecto de “biblioteca dixital mundial” que promove este organismo. O seminario contará tamén co alemán Stefan Gradmann, que presentará o “libro blanco” de Europeana, a rede internacional de bibliotecas que xestiona a Unión Europea.

Os expertos analizarán os novos desafíos na creación de coleccións dixitais de fácil acceso e intercambiarán experiencias sobre os novos sistemas de busca e recuperación de información que se están a utilizar nestes centros. Ademais, abordaranse cuestións vinculadas a temas como os dereitos de autor, a relación entre bibliotecarios, investigadores e editores ou a definición de cales son as necesidades dos usuarios co fin de que as bibliotecas dixitais sexan o mais útiles posibles.

R.