Skip to main content

Ley Industrial de Galicia: el Gobierno planificará la política industrial a través de un Consello

En rueda de prensa, el conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, ha presentado el texto que estará abierto a alegaciones durante 20 días y ha manifestado que prevé que entre en el parlamento para su debate en verano. Guerra ha explicado que con esta norma se elaborarán, además de este plan director a medio y largo plazo, programas específicos centrados en la innovación, la internacionalización y la competitividad, y que se creará la figura de los proyectos industriales estratégicos, que serán aprobados en el Consello de la Xunta y considerados prioritarios.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou o primeiro anteproxecto de Lei de Política Industrial de Galicia deseñado pola Xunta de Galicia para planificar e acelerar a dinamización económica e a consolidación e creación de emprego industrial na Comunidade Autónoma.

Os obxectivos do novo marco normativo para dinamizar a actividade industrial, explicou o conselleiro, son acrecentar a súa produtividade, competitividade e calidade; impulsar un novo modelo económico baseado nun crecemento sustentable; e contribuír a unha maior cohesión económica, social e territorial de Galicia.

Javier Guerra destacou que a Lei fará máis eficaces as políticas e programas públicos de apoio á Industria galega, a partir da posta en marcha de novidades significativas, como a creación dun marco legal para a planificación industrial; a institucionalización de espazos de participación e diálogo entre os axentes privados e a Administración; o recoñecemento e definición dos clúster empresariais como instancias colaborativas das empresas agrupadas sectorialmente; o establecemento dun Plan Director para a definición de políticas de longo alcance e a articulación de programas específicos de innovación, internacionalización e mellora da competitividade, como eixos transversais.

Ademais, o anteproxecto de Lei prevé mecanismos para favorecer a aplicación das iniciativas previstas, ao establecer a regulamentación e simplificación de procedementos administrativos, a regulación da execución dos Programas de Impulso da Actividade Industrial e a execución de Proxectos Industriais Estratéxicos, destinados a captar investimentos relevantes.

O titular de Industria apuntou que o deseño do anteproxecto desenvolveuse tendo en conta que a dinamización da Industria galega é un obxectivo transversal, no que están implicados numerosos axentes económicos e sociais, presentes na Xunta de Galicia, no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), nas entidades locais galegas, no novo Consello Galego de Industria e nos clústers empresariais.

No que se refire ao Plan Director da Industria de Galicia, o conselleiro adiantou que conterá políticas de longo alcance e que o seu desenvolvemento incluirá as liñas xerais e as directrices básicas da política industrial galega e engadiu que o texto tamén contempla a articulación de programas específicos de innovación, internacionalización e mellora da competitividade, como eixos transversais.

Por outra banda, Javier Guerra salientou a creación do Consello Galego de Industria como órgano de participación dos axentes públicos e privados implicados na planificación e execución da política industrial e asesoramento da Xunta de Galicia. O Consello será un espazo de participación para favorecer a cooperación entre os axentes económicos e da Administración, habilitado a xeito de canle de comunicación e transmisión de información entre os seus membros para formular, mediante o diálogo e a deliberación, propostas, estudos e informes.

A nova normativa porá en marcha tamén o Rexistro de Clusters Empresarias Galegos, posto que son estes conglomerados empresariais os que se amosan coa maior capacidade para a xeración de coñecemento e de creación e difusión da innovación dentro de cada eido de actividade industrial.

Para concluír, Javier Guerra sinalou que a nova lei está orientada a mellorar a transparencia e a eficacia da asignación dos recursos públicos, coordinando e concentrando os esforzos na estimulación da actividade industrial galega.
R.