Skip to main content

El VI Vía Stellae reúne en la capital de Galicia 14 conciertos de música barroca y experimental

La VI edición del Festival Vía Stellae, entre el 9 y el 22 de julio, traerá a Santiago de Compostela un total de 14 conciertos de música antigua y barroca, así como contemporánea y experimental, en un ciclo incluido en el Año de la Música de Galicia y en la celebración del 800 aniversario de la Catedral. Así lo ha señalado la directora gerente de la S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero, que ha presentado el programa de la edición de este año del Festival Vía Stellae junto con el director de la cita, Xosé Víctor Carou.

En su intervención, Camino Triguero ha recordado que la música barroca, protagonista de este "pequeño clásico" gallego, tiene "una implicación claramente jacobea", al tiempo que ha resaltado el objetivo del ciclo de "fomentar la música como actividad vinculada al Camino de Santiago".
Aunque la música antigua y barroca es el eje del festival, el Vía Stellae no olvida tampoco otras épocas y géneros, prestando una especial atención a la música contemporánea y a la creación actual, especialmente a los compositores gallegos.

La programación del Vía Stellae se inicia el 9 de julio a las 20.30 horas en el Teatro Principal de Santiago con un concierto homenaje a Farinelli con la participación de la mezzosoprano Ann Hallenberg y 'Les Talents Lyriques' bajo la dirección de Christophe Rousset. En la cita se interpretarán piezas de Broschi, Porpora, Giacomelli, Hasse y Leo.

El día 11 será el Centro Galego de Arte Contemporáneo el que albergue un concierto del Ciclo 20/21 protagonizado por Ars Combinatoria y con obras del compositor gallego Canco López; mientras que el día 12 será el turno de la Accademia Bizantina que, bajo la dirección de Stefano Montabari, llevará a escena en el Teatro Principal la ópera 'Semiramide reiconosciuta', de Porpora, tras más de tres siglos sin ser interpretada.
También la Orquesta Nova de la Sinfónica de Galicia actuará en el Auditorio de Galicia el miércoles 13, con obras de Falla, Turina, Tchaikovski y Rimski-Korsakov y el día 14 la Iglesia de la Universidade acogerá el concierto de Fahmi Alqhai (viola da gamba).

El ciclo nocturno 'Off Stellae' empezará el día 15 de julio a las 21.30 horas en el Auditorio de Galicia con un concierto de Siniestro Total, que cumple 30 años de existencia, en compañía de Taller Atlántico Contemporáneo. Asimismo, el lunes día 18 habrá una nueva sesión del 'Via Stellae 20/21' -de música contemporánea- con la participación de Vertixe Sonora Ensemble, con obras del compositor gallego Ramón Souto.

El ciclo Vía Stellae acogerá el día 19 en el Teatro Principal a 'Il Giraldino Armónico' bajo la dirección de Giovanni Antonini así como una nueva cita del 'Off Stellae' a cargo de The Ray Gelato Giants, que interpretarán "clásicos del swing" a partir de las 23.00 horas en la Sala Capitol. Al día siguiente, la Iglesia de la Universidade será la sede a las 20.30 horas del concierto de Dani Espasa -clave-, con Bach y Goldberg; mientras que a las 23.00 horas la Plaza de Abastos acogerá al 'Off Stellae' con el Xacobe Martínez Antelo Sexteto y sus 'Clásicos del Jazz'.

En la recta final del festival actuará el barítono José Antonio López, que interpretará la adaptación del volumen 4 del 'Manuscrito Guerra' junto con 'Ars Atlántica' el día 21 en la Iglesia de la Universidade. El día 22, como clausura del evento, la mezzo Magdalena Kozena y la Orquesta Barroca de Venecia ofrecerán un concierto a las 20.00 horas en el Teatro Principal y la Sala Capitol acogerá a las 23.00 horas la actuación 'Disco Barroco 2011: si Vivaldi y Haendel volviesen a levantar la cabeza', con la participación de la mezzo Magdalena Kozena, el contratenor Xavi Sabata y el dj LN Ripley.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Pavillón de Galicia acolleu a presentación da sexta edición do festival Via Stellae que terá lugar do 9 ao 22 de xullo na cidade de Santiago de Compostela no marco das celebracións do Ano da Música de Galicia e do 800 Aniversario da Catedral. Via Stellae constará de 14 concertos que integran na súa proposta as orixes das composicións musicais, principalmente no que se refire a música antiga e ao barroco, e os sons máis experimentais e innovadores. A presentación do evento contou coa participación da directora xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero e o director do Festival Via Stellae, Xosé Víctor Carou.

En verbas da directora xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, o festival Via Stellae a través da súa “especialización preferente na música antiga e barroca ten unha implicación claramente xacobea”. Segundo Camino Triguero “a música en Santiago e nunha importante parte de Europa non se pode comprender sen a influencia do Camiño de Santiago e os intercambios artísticos que en tal sentido o camiño propiciou”. Para a directora do Xacobeo, Via Stellae, e sobre todo, a súa sexta edición “fomenta a música como actividade vinculada ao Camiño de Santiago para seguir enchendo de valor engadido a vida cultural compostelá”.

A sexta edición do Via Stellae chega a Compostela tras cinco edicións de grande éxito, cun entusiasta recoñecemento da prensa especializada e o respaldo do público. Recoñecido como unha referencia a nivel nacional e mesmo europeo, unha das cualidades máis sobranceiras do Via Stellae é a categoría dos intérpretes. Ademais de contar coa estreita colaboración de destacados directores, agrupacións e orquestras como Christophe Rousset e Les Talens Lyriques, Andrea Marcon e a Orquestra Barroca de Venecia, Giovanni Antonini e Il Giardino Armonico ou Stefano Montanari a a Accademia Bizantina, o nome doutros artistas, tanto solistas como cantantes, que visitarán a nosa terra durante o mes de xullo fala por si só do altísimo nivel do festival. Magdalena Kozena, Ann Hallenberg, Delphine Galou, Maria Grazia Schiavo, Xavi Sabata ou Fahmi Alqhai serán tamén protagonistas neste Via Stellae 2011.

A riqueza e variedade da programación do festival ten na música antiga e barroca un dos seus argumentos máis sólidos. Nembragante o Via Stellae non esquece outras épocas e xéneros musicais, prestando unha atención moi especial á música contemporánea e a creación actual, especialmente aos autores da nosa terra como os compositores galegos Canco López e Ramón Souto a través do ciclo 20/21. Moitos dos programas que ofrece o Via Stellae son concertos únicos en España ou preparados en exclusiva para un festival que continúa e afonda na liña iniciada na especial edición do pasado ano e dá un paso adiante neste 2011 con concertos e espectáculos singulares nos que se misturan os máis diversos xéneros musicais, artistas de moi distinto perfil e variada procedencia, diferentes disciplinas artística e con frecuencia celebrados en espazos inusuais, no ciclo Off Stellae propoñemos, entre outras cousas, un especial encontro entre unha banda de rock e un conxunto orquestral contemporáneo ou unha sesión discoteca con cantantes de ópera, DJs e unha orquestra barroca, un tipo espectáculo ideado para os máis novos e un público sen prexuízos que tanto dou que falar na edición do 2010 e un ano despois continúa a ser unha novidade absoluta a nivel mundial.

A sexta edición do Festival Via Stellae terá lugar na cidade de Santiago de Compostela do 9 ao 22 de xullo de 2011. Con motivo do concerto inaugural do festival, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo, o Teatro Principal de Santiago acollerá o vindeiro sábado 9 de xullo a actuación de Les Talens Lyriques baixo a batuta de Christophe Rousset e acompañados pola mezzosoprano Ann Hallenberg que interpretarán arias de Broschi, Porpora, Giacomelli, Hasse ou Leo no concerto dedicado ao máis famoso dos castrati, ‘Farinelli, o mito vinte anos despois do filme’. Será a presentación en España do concerto espectáculo co que se conmemora o renacemento da figura do mítico castrato. En 2011 cúmprense vinte anos do filme de Gérard Corbiau cuxa laureada banda sonora foi responsabilidade do director do concerto inaugural deste Via Stellae 2011, o francés Christophe Rousset.

O martes 12 de xullo o Teatro Principal acollerá a estrea absoluta en tempos modernos da ópera ‘Semiramide Riconosciuta’ de Nicola Porpora, da man da Academia Bizantina dirixida por Stefano Montanari. O contralto Delphine Galou, o tenor Juan Sancho, as mezzosoprano Blandine Staskiewicz e Mary-Ellen Nesi e as sopranos Teodora Gheorghiu e Maria Grazia Schiavo recuperarán a ópera en versión de concerto coproducida co prestixioso festival francés de Beaune.

O mércores día 13 terá lugar no Auditorio de Galicia a representación de ‘Capricho e danza’ da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia que interpretará obras de Falla, Turina, Tchaikovski ou Rimski-Korsakov. O concerto ‘As voces da viola: España, Inglaterra, Francia, Alemaña’ terá como protagonista ao violagambista andaluz Fahmi Alqhai, un dos nomes máis salientables da música antiga e barroca que reproducirá composicións de Ortiz, Sanz, Hume, Corkine, Dolle, Marais, Forquerray, Bach e Abel.

‘A Venezia!’ é un concerto que Il Giardino Armonico baixo a batuta de Giovanni Antonini ofrecerá o próximo martes 19 de xullo no Teatro Principal, nel poderanse escoitar concertos e sonatas de Castello, Merula, Legrenzi, Vivaldi e Galuppi. O mércores 20 de xullo na Igrexa da Universidade, o clavecinista catalán Dani Espasa ofrecerá o concerto ‘Bach e as Variacións Goldberg’. Por outra banda, o barítono José Antonio López, o órgano de bruno Forest e a agrupación Ars Atlántica actuarán baixo a dirección de Manuel Vilas o vindeiro 21 de xullo na Igrexa da Universidade para dar forma a ‘O Manuscrito Guerra, volume 4’ e que posibilitará a cuarta entrega do proxecto de gravación deste manuscrito de tonos humanos conservado na Universidade de Santiago que o festival está a editar en colaboración co selo discográfico británico Naxos. ‘Si dolce è il tormento: o Seicento italiano’ será o concerto que abrirá a noite de clausura do Festival Via Stellae. A Orquestra Barroca de Venecia e a mezzo Magdalena Kozena actuarán da man do director Andrea Marcon no Teatro Principal o venres 22 de xullo.

O ciclo Off Stellae achega unha alternativa á programación do Festival Via Stellae a través da contemporaneidade e dos sons máis experimentais e innovadores. Siniestro Total abrirá o ciclo o venres 15 de xullo no Auditorio de Galicia a través da estrea de ‘Land Opportunity’ que conmemora os 30 aniversario da banda galega, coa colaboración do Taller Atlántico Contemporáneo nunha revisión moi especial dos seus grandes éxitos. ‘Land Opportunity’ será unha das grandes sorpresas do festival e os seus creadores avanzan que será semellante ao que fixo Frank Zappa co Ensemble Modern.

Ao abeiro do ciclo Off Stellae, terán lugar os espectáculos ‘Clásicos do swing’ da man da agrupación The Ray Gelato Giants, o19 de xullo na Sala Capitol e tamén ‘Clásicos do jazz: Kind of blue, tributo a Miles Davies’ a través do sexteto do contrabaixista compostelán Xacobe Martínez Antelo o 20 de xullo na sesión golfa da Praza de Abastos.

O ciclo Off Stellae pechará a sexta edición do Festival Via Stellae co concerto ‘Disco Barroco 2011:se Vivaldi e Haendel volvesen a levantar a cabeza...’. Este singular espectáculo conta co director de escena italiano Davide Livermore como mestre de ceremonias. O venres 22 de xullo na Sala Capitol, a Orquestra Barroca de Venecia, a mezzo Magdalena Kozena, unha das grandes estrelas da lírica dos nosos días, e o reputado contratenor Xavi Sabata actuarán baixo a dirección de Andrea Marcon e os membros do grupo de djs e música electrónica italiano LN Ripley

O ciclo 20/21 ‘Os nosos compositores’ do Festival está dedicado á música contemporánea, aos clásicos do século XX, as vangardas e de forma especial aos músicos galegos. Estes concertos que terán como sede o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) foron encomendados a dous conxuntos de orixe galega especializados na música contempóranea: Ars Combinatoria e Vertixe Sonora Ensemble.

O luns 11 de xullo o CGAC acollerá un concerto no que a agrupación Ars Combinatoria interpretará obras de Canco López a través do número ‘Diálogos sonoros, xogo de músicas e textos’. Unha semana despois, o luns 18 de xullo, o CGAC será de novo o escenario do ciclo 20/21 dedicado a Ramón Souto coa iniciativa ‘Detrito monocromía’. Vertixe Sonora Ensemble será a agrupación encargada de interpretar as partituras de Raón Souto e de novas figuras da composición actual de orixe rumana, xaponesa, turca e francesa como Arcent, Bardony, Rotaru, Lee, Koksal ou Bedrossian.
R.