Skip to main content

Nuevo mapa financiero: Núñez Feijóo, convencido del "efecto arrastre" de Castellano para la capitalización de NCG Banco

"NCG será una de las primeras entidades en captar inversores mediante un plan ambicioso y difícil, pero realista", ha proclamado Feijóo, quien ha puesto "en valor" el trabajo hecho por los directivos de la entidad y ha enfatizado la importancia de la fusión previa en un contexto marcado por el comportamiento "arbitrario" y las "improvisaciones" normativas del Gobierno central. Tras insistir en el "éxito" de un proyecto que, a su juicio, "trasciende" el marco "estrictamente financiero", el presidente ha lanzado un mensaje a los responsables de la caja, a quienes ha advertido de que la "confianza" que los gallegos han depositado en la misma tiene que "ser devuelta" en forma de apoyo a las familias y a las empresas de la comunidad. Si esto ocurre, ha añadido, "el enorme esfuerzo habrá merecido la pena".

Feijóo ha manifestado que si durante "mucho tiempo" se ha hablado del sistema financiero en Galicia, "en los próximos tiempos" confía en que se hable de "personas, ciudadanos, familias y emprendedores gallegos". Ha pedido, en este sentido, que "tanto esfuerzo -de la sociedad- suponga una apuesta desde la banca por los emprendedores y se traduzca en un compromiso real y efectivo de Novacaixagalicia y NCG Banco con el desarrollo económico, social y cultural de Galicia". En su comparecencia, el presidente gallego ha agradecido a los presentes su asistencia y los ha felicitado: "Presentamos una importante operación financiera para Galicia, pero también algo más; presentamos un acuerdo por el que Galicia alcanzó tener un presente financiero y ahora se asegura un futuro en este ámbito", ha dicho.

Esta resolución, ha agregado, es "un importante impulso a la confianza de Galicia en sus posibilidades" y demuestra que el modo de abordar las dificultades es "juntos, cooperando y anteponiendo el interés general". Feijóo ha defendido que, en su momento, la fusión de Caixa Galicia y Caixanova "fue el mejor de los resultados posibles para los intereses de Galicia" y ahora la comunidad "vuelve a alcanzar el mejor resultado posible para sus intereses: la creación del nuevo banco". De no haberse producido la unión de ambas cajas, el proyecto presentado este viernes no se podría poner en marcha, dado que las entidades de las que nació Novacaixagalicia "habrían quedado diluidas en otros proyectos foráneos". Los inicios de la caja única, ha proseguido el jefe del Ejecutivo gallego, eran "prometedores" y la entidad supo, pese a tener pocas semanas de vida, "reaccionar" a la "improvisación" del Gobierno central "gracias a la planificación, a la seriedad y la fiabilidad que marcó desde el primer día" el proceso.

Feijóo ha destacado el "rigor" de la entidad gallega, que "ha despertado el interés y la confianza de importantes emprendedores", lo que se traducirá en inversiones y en una apuesta por el territorio gallego. "En un contexto de tanta inestabilidad debe generarse confianza y la entrada de José María Castellano, sin duda, contribuye a generar confianza", ha asegurado para, a continuación destacar que se trata de "uno de los 50 directivos empresariales más valorados en el mundo". Así, se ha felicitado por que Galicia se mantenga en el mapa financiero estatal y ha garantizado "el mismo compromiso incondicional del Gobierno" gallego que existió, ha defendido, desde la toma de posesión de su equipo. El banco, ha subrayado, "mantendrá una vinculación con Galicia". "Del mismo modo que lo alcanzamos en una primera fase, ahora Galicia vuelve a evitar su empobrecimiento económico y social", ha destacado.

Feijóo ha relatado, además, que uno de los copresidentes de la caja, Mauro Varela, es de Lugo, mientras que el otro, Julio Fernández Gayoso, procede de Vigo; José María Castellano nació en A Coruña y él es originario de la provincia de Ourense. "Por fin aquí está Galicia entera", ha concluido.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que “para a confianza deste país, para a confianza propia e a que poden depositar en nós, é decisivo que un dos 50 líderes empresariais máis valorados do mundo, que ademais é galego, inicie, en plena crise, un novo proxecto e que este proxecto se sitúe en Galicia e que estea tan vinculado á nosa terra”. O xefe do Goberno galego pronunciouse así logo da xuntanza que esta mañá mantivo en Monte Pío co futuro presidente executivo de NCG Banco, José María Castellano, que estivo acompañado polos copresidentes de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso e Mauro Varela.

A creación de NCG Banco supón, en palabras de Feijóo, “unha importante operación financeira para Galicia, pero tamén algo máis”, xa que este avance no cumprimento do último dos decretos do Goberno en materia financeira supón “un importante impulso á confianza de Galicia”. A este respecto, indicou que, en poucos meses, “o rigor e a solvencia da entidade galega ten sido capaz de espertar o interese e a confianza de importantes emprendedores”.

Na súa comparecencia, o xefe do Executivo autonómico asegurou que o novo proxecto financeiro terá “o mesmo apoio incondicional da Xunta de Galicia que existiu desde 2009”, e puxo en valor o traballo da Consellería de Facenda e dos xestores da nova caixa, personificado hoxe en Julio Fernández Gayoso e Mauro Varela.

Advertiu de que queda por diante “un camiño difícil” que requirirá un “enorme esforzo” para saltar os obstáculos, pero resaltou que Galicia logrou dotarse “dun instrumento moi potente para facerlle fronte ás visicitudes, grazas á forza conxunta dos galegos”.

O presidente indicou que “a confianza que a sociedade galega ten empeñado nesta entidade ten que ser devolta á sociedade galega” e confiou en que “a permanencia de Galicia no sistema financeiro español se traduza precisamente niso”. Así, reclamou “un maior apoio ás familias desde as entidades”, “unha aposta desde a banca polos emprendedores” e “un compromiso real e efectivo de Novacaixagalicia e NCG Banco co desenvolvemento económico, social e cultural deste país”. “Estou seguro de que así será e, entón, tanto esforzo si que terá valido a pena”.

O xefe do Executivo autonómico dixo que, ao igual que fixo en maio de 2010 ao acordar a fusión das caixas, agora “Galicia volve acadar o mellor resultado posible para os seus intereses”, coa creación dun banco “que aglutinará unha importante porcentaxe do aforro galego e que manterá unha vinculación con Galicia como a caixa de aforros da que xurde”.

“Galicia, que acadou ter un presente financeiro, agora se asegura un futuro neste eido”, insistiu, e engadiu que, con este proxecto, a Comunidade “volve evitar o seu empobrecemento económico e social conservando o seu patrimonio financeiro”. Apuntou que Galicia non debía permitirse perder a facultade de que se xestionase “en Galicia e desde Galicia” o aforro dos galegos, nin perder “a vinculación social e territorial histórica da caixa”, nin perder “unha entidade de referencia para as familias e os emprendedores galegos”. “Acadámolo e imos volver acadalo”.

O titular da Xunta mostrouse convencido de que a entrada de José María Castellano “provocará un efecto arrastre” de capital galego e non galego cara á entidade financeira galega, e contribuirá a que “Galicia se reforce como o país estable que é, como un país no que se pode confiar e como país que ten na súa sociedade a mellor das opcións que se poden escoller”.

Remarcou que a entrada de Castellano contribuirá á xeración de confianza, tan necesaria de neste contexto de inestabilidade, e avanzou que NCG Banco será “das primeiras entidades en captar investimentos privados mediante un Plan de Negocio ambicioso pero realista”.

Feijóo defendeu a fusión das caixas como un proceso “ben planificado, analizado e estruturado”, e advertiu de que, “de non terse realizado, nestes momentos non poderiamos poñer en marcha este proxecto”.

Fronte á improvisación e aos cambios de criterio do Goberno, resaltou o presidente da Xunta que “Galicia ten sabido e ten podido reaccionar grazas á planificación, a seriedade e a fiabilidade”. Puxo en valor o traballo dos xestores da nova caixa galega, porque, cando a penas contaba con semanas de existencia soubo “facer fronte e resistir ante o maior cambio do sistema financeiro español na súa historia”.

Fotografía: Xunta de Galicia
R.