Skip to main content

Os seráns do TAC concentra la música, el humor y la gastronomía en un ciclo de romerías en la Cidade da Cultura de la capital gallega

El conselleiro de Cultura, Roberto Varela, ha presentado la iniciativa, organizada por el Taller Atlántico Contemporáneo, y que invita a "redescubrir a algunos de los grandes renovadores de la música de las últimas décadas". Según ha destacado Varela, el ciclo unirá en un mismo escenario, en la Cidade da Cultura, "una selección de la mejor música contemporánea, la tradición festiva de Galicia y el talento del Taller Atlántico Contemporáneo". Para ello, Os seráns do TAC llevarán al complejo del Gaiás una combinación de "música, humor y gastronomía" como forma de acercarse de manera "festiva" a la música contemporánea.

La idea del proyecto es "recrear" en la Cidade da Cultura "las fiestas tradicionales que se celebran por las tardes en las parroquias gallegas, cuando los vecinos se juntan a bailar, tocar y comer". Para ello, cada sesión contará con un concierto introducido en tono humorístico por un presentador y terminará con la degustación de una tapa creada por alguno de los cocineros invitados.

El ciclo arrancará este martes 21 de junio, Día Mundial de la Música, a las 20.30 horas, con la Sinfonía IV en Sol mayor de Gustav Mahler presentada por Carlos Blanco. Al finalizar, los participantes podrán disfrutar de una tapa creación del restaurante Eirado da Leña, de Pontevedra.

El segundo concierto del ciclo será el día 28 de junio, donde los músicos del TAC tocarán junto con la formación Odaiko las composiciones 'Marimba Spiritual', de Minoru Miki; 'Obra para flauta y percusión', de Xavier Mariño; 'Trío per uno', de Nobojsa Jovan Zivkovic; y 'Fads and fancies in the academy', de John Cage. La sesión, presentada por Quico Cadaval, terminará con una tapa del restaurante Abastos 2.0 de Santiago.

El seis de septiembre, será el turno de la sesión 'Carta Blanca a Diego Masson', para la cual el TAC estará dirigido por Diego Masson e interpretará obras de Dallapiccola o Francesconi, así como la pieza 'Monitonadas', del gallego Carlos López García-Picos. La sesión contará también con una tapa del Abastos 2.0 y estará presentada por Carlos Blanco.

El cuarto concierto del ciclo será el 15 de noviembre, con el título 'Serán música única'. Presentado por Julián Hernández, de Siniestro Total, el TAC interpretará obras de John Cage, Gygory Ligeti y Terrence Mitchell Rele. La tapa será una creación de Pepe Solla. Para concluir, el TAC interpretará 'La ópera de las cuatro notas', de Tom Johnson, el día 18 de diciembre a las 12.00 horas. La sesión concluirá con una tapa de Eirado de Leña.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou o ciclo de concertos Os seráns do TAC, que se desenvolverán nos próximos meses na Cidade da Cultura de Galicia, como “unha iniciativa que nos invita a descubrir e redescubrir a algúns dos grandes renovadores da música das últimas décadas”. Ao acto de presentación, que se celebrou na Biblioteca da Cidade da Cultura, asistiron ademais a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; o director de Acción Cultural da Cidade da Cultura, Ignacio Santos; o director musical do TAC, Diego García Rodríguez; e os directores artísticos do TAC, Luis Soto e Nicasio Gradaille.

Roberto Varela destacou que arredor de Os seráns do TAC reunirase nun mesmo escenario “unha selección da mellor música contemporánea, a tradición festiva de Galicia e o talento do Taller Atlántico Contemporáneo, e todos eses ingredientes, fundiranse nun marco privilexiado: a Cidade da Cultura de Galicia”. O conselleiro recordou que o TAC xa ten demostrado “unha sobranceira capacidade para integrar música e espazo”, despois de haber interpretando a Satie no faro de Fisterra, ou pedaleado o Eine Brise de Mauricio Kagel con 111 bicicletas polo casco antigo de Compostela. “Nesta ocasión terán a oportunidade de facelo nunha icona da arquitectura mundial, un centro de vangarda dedicado integramente á cultura”, explicou.

En palabras de do titular de Cultura e Turismo, Os Seráns do TAC ofrecen “unha excelente oportunidade para celebrar o Ano da Música de Galicia xunto a unha formidable agrupación de talentos e un dos proxectos musicais máis prometedores e interesantes xurdidos na nosa terra nos últimos anos como son o Taller Atlántico Contemporáneo”. “Da súa man poderemos experimentar a vitalidade da música contemporánea como arte transversal, renovadora da tradición, e canle de cultura e vangarda”, asegurou.

Este ciclo de concertos inaugurarase mañá, 21 de xuño, Día Mundial da Música, dentro do Ano da Música de Galicia, coa interpretación da Cuarta Sinfonía de Gustav Mahler, “unha peza revolucionaria que racha coa tradición sinfónica de clásicos como Haydn ou Mozart, e contribuíu a cimentar a ponte coa modernidade que construíu o compositor austríaco”, asegurou Varela. O conselleiro destacou que esta iniciativa tamén inclúe obras de autores galegos, coma o ponteareán Xabier Mariño –que recibiu un encargo específico do TAC para a ocasión–, ou o xa falecido Carlos López García-Picos, “un dos grandes referentes da composición en Galicia”.

Co ciclo de concertos “Os Seráns do TAC”, a Cidade da Cultura de Galicia presenta unha forma festiva e atractiva de achegarse á música contemporánea apoiándose no humor de Carlos Blanco, Quico Cadaval ou Julián Hernández, e na creatividade dalgúns dos nomes máis coñecidos da nova cociña galega, como Pepe Solla ous os cociñeiros dos restaurantes Eirado da Leña ou Abastos 2.0.

Concibido, dirixido e interpretado polos músicos do Taller Atlántico Contemporáneo, formación creada para reivindicar a cercanía da música contemporánea a todos os públicos, a filosofía de Os Seráns do TAC é tentar recrear as festas tradicionais que se celebran nas aldeas e nas parroquias galegas á tardiña, cando os veciños se xuntan para bailar, tocar e comer. Así, cada sesión contará cun concerto introducido en ton humorístico por un presentador e rematará cunha degustación dunha tapa creada por algún dos cociñeiros invitados.

O ciclo arrincará mañá ás 20.30 horas na Biblioteca de Galicia co concerto “Sinfonía nº IV en Sol maior para soprano e orquestra” de Gustav Mahler. Os músicos do TAC estarán dirixidos por Diego García Rodríguez e a soprano será Elena de la Merced. Ao rematar servirase unha tapa creación do coñecido restaurante Eirado da Leña de Pontevedra. As entradas – 3 euros venta anticipada e 4 euros en taquilla- poden retirarse no enderezo electrónico www.servinova.es

No segundo concerto do ciclo (28 de xuño; 20.30 horas), os músicos do TAC tocarán xunto a formación Odaiko, grupo que toma o seu nome dunha variante moi voluminosa dun tambor xaponés: o taiko, de até 1,2 metros de diámetro, e que fusiona a música contemporánea co jazz, o flamenco, a tradición da India, ou cantos tribais do Senegal. “Marimba Spiritual” de Minoru Miki, “Obra para frauta e percusión” de Xavier Mariño, “Trio per uno” de Nobojsa Jovan Zivkovic e “Fads and fancies in the academy” de John Cage serán as obras que interpretarán. A sesión estará presentada por Quico Cadaval e finalizará cunha tapa creación do restaurante Abastos 2.0 de Santiago.

O 6 de setembro será a sesión “Carta branca a Diego Masson”. Para este concerto, o TAC estará dirixido por Diego Masson, director, compositor e percusionista que ten colaborado con algunhas das orquestras máis prestixiosas de Europa. No concerto interpretará obras de Luigi Dallapiccola ou Lucca Francesconi. Nun xesto de apoio a música galega, Masson interpretará tamén a obra “Monitonadas” do compositor Carlos López García-Picos. Nesta sesión, presentada por Carlos Blanco, servirase un tapa creación de Abastos 2.0.

O cuarto concerto será o 15 de novembro, co título “Serán música única”. Presentado por Julián Hernández (Siniestro Total), interpretaranse obras de John Cage, Gyorgy Ligeti e Terrence Mitchell Rele. A tapa desta sesión será unha creación de Pepe Solla. O ciclo rematará co concerto “A ópera contemporánea” (18 decembro / 12 horas). Presentada por Quico Cadaval, o TAC interpretara “A ópera das catro notas” de Tom Johnson. A tapa será creación de Eirado da Leña.

O TAC é un grupo estable, de formación aberta que ten como director artístico a Diego García Rodríguez. Dende a súa creación, o seu obxectivo foi explorar novas vías para achegar a música contemporánea a diferentes públicos, rompendo a idea de que se trata dun mundo pechado e reservado a uns poucos. Un dos seus recursos foi a organización de concertos introducindo elementos inesperados, como o que deron na praza do Obradoiro no 2010 con 111 ciclistas facendo música ou a colocación dun piano de cola no faro de Fisterra para interpretar integramente a obra de “Satie Vexations”, 18 horas de piano ininterrompidas. Nesta ocasión contouse coa colaboración de 27 pianistas.

Paralelamente abordou outro tipo de actividades destinadas a divulgación da música galega, así levo a cabo no CGAC un ciclo de seis concertos adicados á música de compositores galegos escritas para diversas formación de ensemble.
R.