Skip to main content

Lugo dispone de dos puntos de recarga de E.ON Begasa para favorecer la electromovilidad en Galicia

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, destacou “o traballo da Xunta para favorecer a electrificación das principais vías de comunicación de Galicia”, porque “a ausencia de infraestruturas, é dicir a falta de puntos de recarga, non pode converterse nun obstáculo para a implantación dun modelo de electromobilidade pioneiro”, a nivel nacional.

O titular de Industria fixo estas declaracións na presentación dos resultados dun proxecto da de E.ON Begasa , xunto con Miguel Antoñanzas, presidente de E.ON España, que inclúe a instalación de dous puntos de recarga para coches eléctricos na localidade e a substitución de parte da frota de vehículos de mantemento de E.ON España, na cidade de Lugo, por coches eléctricos modelo Citröen C-Zero.

Javier Guerra lembrou que a Consellería de Economía e Industria está a desenvolver unha estratexia integral de apoio á electromobilidade galega, fundamentada: na elaboración dunha planificación estratéxica concreta para a coordinación do sector, a través da Mesa para o Fomento da Mobilidade Eléctrica en Galicia; o desenvolvemento dunha normativa pioneira; o investimento en I+D+i, como acelerador do proceso de implantación e a posta en marcha de iniciativas que fagan accesible esta tecnoloxía ,eliminando barreiras económicas e técnicas, para a súa implantación.

Neste sentido, o conselleiro sinalou que a Xunta promove o desenvolvemento dun plan piloto de electromobilidade, cun investimento de 2,4 millóns de euros, para a posta en marcha de 7 estacións multifuncionais. Esta iniciativa conta coa compra de 28 vehículos eléctricos, a xestión da frota, a promoción do proxecto demostrativo e a análise e monitorización dos resultados obtidos.

Para concluír, Guerra lembrou que, nesta lexislatura, “o Plan re-Móvete Integral permitiu ao Goberno galego apoiar a aposta de Citroën e da industria auxiliar a favor do coche eléctrico”. Segundo o conselleiro,“a acción decidida da Xunta, a través de todas as liñas de apoio ao sector do automóbil, facilitou investimentos por valor de máis de 87 millóns de euros”, de xeito que “Galicia tense convertido no escenario máis favorable para implantar un modelo pioneiro de electromobilidade sustentable”.

R.