Skip to main content

El nuevo proyecto de Siniestro Total se estrena el 15 de julio en el Festival Via Stellae

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A lendaria banda galega Siniestro Total ensaia na Illa de San Simón o lanzamento do seu vindeiro proxecto, chamado Land of Opportunity e que se estrea o 15 de xullo no Auditorio de Galicia dentro do festival Via Stellae. A illa acolle estes días os ensaios xerais e a gravación de tomas para o seu novo clip. O proxecto Land of Opportunity nace dunha proposta do Taller Atlántico Contemporáneo (T.A.C.) a Siniestro Total: percorrer xuntos un territorio descoñecido para presentalo no festival Via Stellae 2011 de Santiago de Compostela. Se, nalgún momento, a cultura pop achegouse á música contemporánea, en Land of Opportunity o percorrido é á inversa: é a música contemporánea a que dá o primeiro paso para achegarse á cultura pop.

A estreita colaboración, durante estes meses, entre o Taller Atlántico Contemporáneo e Siniestro Total resultaron nunha suite sinfónica contemporánea baseada no repertorio da banda galega, desde os clásicos ata cancións máis recentes. O resultado é un proceso de recreación que amplía dito repertorio ata unha visión multidimensional do mesmo. Unha canción escrita especialmente para a ocasión (Bota sobre tierra ignota), a inclusión de breves intervencións faladas e a posta en escena con 20 músicos (5 de Siniestro Total e 14 do T.A.C., máis a dirección de Diego García Rodríguez) completan a estrutura xeral de Land of Opportunity.

Este proxecto coincide co trinta aniversario de Siniestro Total, dando así unha dimensión nova ao traballo da banda que foxe dos tópicos do rock para entrar nun territorio sonoro e literario absolutamente novo no panorama nacional e internacional.

A Illa de San Simón segue a acoller eventos nacidos da industria musical galega. Tras a presentación de resultados do Proxecto Creativa, foi a quenda do Festival Sinsal, o Foro Internacional de Festivais Vigo Transforma e, agora, unha das máis importantes bandas do panorama musical.

Fotografía: Xunta de Galicia
R.