Skip to main content

El presidente de la Xunta reclama al Gobierno central que impulse un "pacto de concentración" para afrontar lo que queda de legislatura

El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ha reclamado al Gobierno que impulse un "pacto de concentración" nacional para afrontar lo que queda de legislatura y las dos "urgencias" que, a su juicio, tiene el país, "el saneamiento de las cuentas públicas y la sostenibilidad de los servicios sociales básicos y, de forma concreta, del sistema nacional de salud". Feijóo ha sugerido que ese acuerdo "tan necesario" entre "las dos fuerzas políticas más representativas del país", puede "hilvanarse" en la próxima reunión del Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF) que se celebrará a finales de julio, y "cerrarse" en una conferencia de presidentes autonómicos.

Durante su intervención en un desayuno informativo del Fórum Europa, presentado por el presidente del PP, Mariano Rajoy, Feijóo ha advertido de que "es necesario salvar estas dos asignaturas, porque, de lo contrario, pueden dejar cicatrices serias en las próximas generaciones". "Yo propongo que en lugar de la soledad gubernamental, quien aún tiene la responsabilidad de dirigir los destinos de este país, fomente un gran acuerdo nacional para transitar el último tramo de la legislatura", ha declarado.

Ésta sería, a su juicio, "la respuesta extraordinaria" que necesita este país, "que vive una situación extraordinaria" de crisis. "Estoy convencido de que se iniciará después de las elecciones, pero creo que no tendríamos que esperar", ha señalado. Feijoo, además, ha sostenido que ese acuerdo es lo que esperan los ciudadanos de sus políticos, y ha dicho que le consta que sus colegas de otras autonomías "están dispuestos a trabajar por ello, empezando, por supuesto, por Galicia".

El presidente de la Xunta ha propuesto que se estudien las reformas legislativas necesarias para clarificar la responsabilidad civil de la clase política en el ejercicio de sus funciones relacionadas con la Hacienda Pública. "Cabe preguntarse si es lógico que hablemos de administraciones en quiebra o casi, de facturas ocultas en un cajón, de disparar el gasto público sin límite, y a la vez los responsables estén en la práctica exentos de responsabilidad", ha considerado Feijóo, tras criticar la "inmunidad" que tienen los responsables políticos a la hora de gestionar el dinero público. Afrontar esta cuestión "serviría para dar mayor firmeza a las arcas públicas pero también para incrementar el crédito de los ciudadanos en sus gobernantes". "Se ha pervertido la democracia", ha denunciado también Feijóo, quien ha considerado que ésta se ha puesto al servicio de los intereses partidistas en vez de los de los ciudadanos, y ha señalado que así lo reflejan los estudios demoscópicos. En este sentido, ha recordado que "primero se negó la crisis y luego se trató de gestionar primando los intereses partidistas".

Feijóo dijo que el Gobierno ha caído en dos "tentaciones", que han sido "responsabilizar de la crisis a las comunidades autónomas y ayuntamientos" y "recurrir al supuesto antipatriotismo". Asimismo, ha lamentado que el Gobierno perdiera la oportunidad de reaccionar ante la crisis de forma gradual, porque "las consecuencias han sido muy dolorosas". Frente a la política económica del Gobierno, el presidente de la Xunta de Galicia ha reivindicado la fórmula de "austeridad, planificación y estabilidad presupuestaria"", que ya está aplicando en su comunidad. Ha destacado que Galicia es una de las dos comunidades, junto con Madrid, que han cerrado el ejercicio 2009-2010 con estabilidad presupuestaria, lo cual le está permitiendo pagar a sus proveedores "en 35 días, por debajo del plazo legal y de nuestro compromiso electoral", al igual que le ha permitido colocar "el 75 por ciento de su deuda". Todo ello, "con el lastre de tener que hacerle frente a una factura del anterior bipartito gallego y a un impago del Ejecutivo estatal". Por lo tanto, son 2.600 millones de euros derivados "de las malas previsiones económicas en 2008 y 2009" del anterior gobierno autonómico, y de un total de 805 millones de euros correspondientes al sistema de financiación autonómica, que, a su juicio, está "incumpliendo" el Gobierno.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avogou por acadar un “pacto de concentración” para as dúas urxencias que, ao seu xuízo, ten a nación: “o saneamento completo da Facenda Pública e a sustentabilidade dos servizos sociais básicos e, de forma concreta, a sanidade pública”. O titular do Goberno galego, quen esta mañá pronunciou unha conferencia no seo do Forum Europa en Madrid, mostrouse convencido de que ese gran acordo, “tan necesario”, se iniciará logo das eleccións xerais, e apostou por non esperar para iso e comezar a buscalo “no Consello de Política Fiscal e Financeira que terá lugar este mes”, e pechalo “nunha Conferencia de Presidentes a celebrar no outono”.

Na súa intervención, o xefe do Executivo autonómico insistiu na necesidade de salvar “estas dúas asignaturas que, do contrario, poden deixar cicatrices serias ás próximas próximas xeracións”, e antepuxo o compromiso de Galicia a traballar nese sentido. A este respecto, sinalou que a Comunidade Autónoma xa iniciou o camiño de blindar o saneamento da Facenda Pública a través da disciplina orzamentaria e da revisión organizativa das distintas administracións. Do mesmo, xeito, puxo en valor as medidas adoptadas pola Xunta para sanear a sanidade, “de momento sen o apoio do Goberno e mesmo con obstáculos pola súa parte”, como o recurso ante o Tribunal Constitucional polo catálogo priorizado de medicamentos.

Alberto Núñez Feijóo chamou a reflexionar sobre a necesidade de que os responsables políticos da precaria situación económica das administracións públicas respondan dos seus actos. “Creo que entre todos deberiamos estudar as reformas lexislativas necesarias que clarifiquen a responsabilidade civil da clase política no exercicio das súas funcións relacionadas coa Facenda Pública”, resaltou, e engadiu que isto serviría para dar maior firmeza ás arcas públicas, pero tamén para “incrementar o crédito dos cidadáns nos seus gobernantes”.

O xefe do Goberno galego reclamou “un cambio de rumbo” na xestión administrativa española e afirmou que”hai alternativas políticas para facer políticas alternativas”. Iso e, sinalou, o que trata de facer Galicia, pese ás dificultades e “co lastre de ter que facerlle fronte a unha factura do anterior bipartito galego e a un impago do Executivo estatal”. Trátase, concretou, dunha débeda de 2.600 millóns de euros derivada “das malas previsións económicas en 2008 e 2009” do anterior goberno autonómico, e dun total de 805 millóns de euros correspondentes ao sistema de financiamento autonómico que o Goberno central se nega a aboar.

Esa situación deixa a Galicia cun orzamento similar ao do ano 2006 e coa obriga de prestar máis servizos públicos e asumir unha plantilla da Administración autonómica incrementada, destacou o presidente galego. Pese a iso, afirmou que a Xunta rexeitou continuar coa “estratexia xa experimentada de enganarnos durante algún tempo”, e, polo contrario, puxo en marcha “políticas alternativas que se demostraron necesarias eficaces”.

Os principais exemplos desa forma de xestionar son, segundo relatou o presidente galego, austeridade, que hoxe ninguén dubida en considerar como “algo fundamental” nas administracións públicas; a planificación, plasmada no Plan Estratéxico da Economía 2010-2014, horizonte 2020, coa que Galicia foi recoñecida polas autoridades comunitarias como unha das poucas rexións europeas en aprobar un documento semellante adaptado á estratexia da UE 20/20; e a estabilidade orzamentaria, grazas á que a nosa é, con Madrid, “unha das dúas comunidades que pechou 2009 e 2010 con estabilidade orzamentaria e unha das tres autonomías que reduciu a débeda das empresas públicas”.

Feijóo salientou que esta estabilidade lle está a permitir a Galicia pagar aos seus proveedores “por debaixo do prazo legal e do noso compromiso electoral”, así como fai posible que, “no medio desta treboada financeira, Galicia teña colocada xa a esta a altura do exercizo o 75% da súa débeda”.

O titular da Xunta rexeitou que esta “filosofía de prudencia” sexa coxuntural, e avogou por blindala “nunha lei de disciplina orzamentaria”, convertindo Galicia “na primeira administración pública española que fixa un teito de gasto e prioriza a a redución do déficit nas épocas de bonanza económica”. “Sería bo que as boas prácticas orzamentarias se blindasen nos tres niveis administrativos (estatais, autonómicos e locais”, engadiu.

Resaltou o xefe do Executivo autonómico que a Lei de estabilidade orzamentaria garantirá “non vivir nunca por riba das nosas posibilidades e pactar un teito de gasto”, ademais de ser previsores e limitar a débeda nos bos momentos para que “cando veñan mal dadas, como agora, teñamos maior marxe de manobra”.

“Galicia comprometeuse coa disciplina orzamentaria por lei, apoia que outras comunidades o fagan, e ademais cre lóxico que ese mesmo compromiso coa solvencia e a sustentabilidade das contas tamén sexa asumido polo Goberno central”, afirmou Alberto Núñez Feijóo.

Fotografía: Xunta de Galicia

R.