Skip to main content

La exposición sobre el 50º aniversario de Memorias dun neno labrego llega a la capital gallega de la mano de Neira Vilas

Durante el acto de presentación, el escritor pontevedrés ha resaltado el especial valor de que la muestra llegue a la "primera ciudad" que visitó en su infancia, cuando era "un Balbino más". Según ha relatado, en ella pudo ver por primera vez "casas altas y pegadas", tras recorrer los 25 kilómetros que la separaban de su aldea natal, "toda una aventura en aquella época" y ha calificado de "emotivo" su regreso "de la mano de un niño de papel llamado Balbino, que a pesar de la notoriedad alcanzada, continúa con la misma humildad, afán por saber y rebeldía" que mostraba hace 50 años bajo la pluma del escritor que, por aquel tiempo, residía en la ciudad argentina de Buenos Aires.

La exposición que homenajea el medio siglo de vida de 'Memorias de un neno labrego' consta de un "túnel" con fotografías que ilustran la vida del narrador, poeta, periodista y ensayista gallego, completadas con datos sobre su biografía. Cuenta con 12 pinturas de otros tantos artistas gallegos que han plasmado sobre tela la imagen del pequeño Balbino que les inspiran las descripciones de Neira Vilas. Así, pintores y dibujantes como Antón Pulido, Paco Lareu, Xaquín Marín, Chema Pazos, o Sabela Arias, entre otros, han enriquecido la muestra con sus ilustraciones.

Los organizadores han invitado a todos a acudir a la muestra, que permanecerá estos días en la ciudad compostelana, así como a la proyección del documental de Israel González e Isaac Leira, Neira Vilas: memorias dun neno labrego, que tendrá lugar el 15 de septiembre a las 19.00 horas en las inmediaciones de la biblioteca.

En el acto también han estado presentes los responsables y colaboradores de esta iniciativa, entre ellos, el director xeral de la Editorial Galaxia, "amigo y editor" del literato, Víctor Freixanes, quien ha recordado que la novela es bien acogida aún hoy por niños y adolescentes, aun cuando la literatura gallega vive "acomodada a una franja de edad que ronda los 50 años". Además, ha señalado que Neira Vilas es un "activista de los libros y de la lengua", y en este sentido ha apuntado que, después de vender unos 700.000 ejemplares de su novela insigne, el autor de Vila de Cruces continúa con su producción literaria, y que dentro de pocos meses sumará una nueva publicación inédita a su obra.

El comisario de la exposición, Valentín García Gómez, ha resaltado que, a pesar del tiempo transcurrido tras la concepción de la obra, siguen vigentes muchos valores "que hay que reforzar e inculcar", como el "amor a los animales, la unidad familiar o Galicia". El director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López Rodríguez, ha invitado a "leer y releer" esta novela "para conocerse un poco más", y ha proclamado la universalidad de su protagonista Balbino, cuyas experiencias han sido traducidas a multitud de idiomas como inglés, alemán, chino, húngaro, rumano o esperanto, entre otras.

El director xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, ha cerrado el acto agradeciendo la implicación de la biblioteca Ánxel Casal en la organización de la muestra, a la que ha contribuido con una exposición de libros del autor y con un gran mural elaborado por 25 niños, que ha presidido el escenario de la presentación. Lorenzo ha coincidido con los demás oradores en recalcar el valor de que una obra sobre la infancia de hace medio siglo siga entusiasmando a "generaciones radicalmente diferentes", y ha agradecido la colaboración institucional en la puesta en marcha de este proyecto de reconocimiento de la obra más difundida de la literatura gallega.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle a exposición Querido Balbino. 1961-2011 Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego, un percorrido pola vida de Xosé Neira Vilas que tamén permite coñecer a traxectoria da obra máis lida da literatura galega. A mostra, que xa estivo itinerando polas principais bibliotecas e museos de Galicia, está organizada pola Consellería de Cultura e Turismo e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. Nesta xira galega, Querido Balbino reuniu xa a máis de 2.000 asistentes ao seu paso polas cidades de Lugo, A Coruña, Pontevedra e Verín. A presentación da exposición contou coa presenza do director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López Rodríguez, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o escritor Xosé Neira Vilas, o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, a directora da Biblioteca Ánxel Casal, Carina Fernández, e os comisarios da exposición Valentín García Gómez e Luis Reimóndez.

Na súa intervención, o director xeral do Libro asegurou que esta mostra supón un xeito de pagar ao autor de Vila de Cruces “unha débeda que tiñamos por ofrecernos hai 50 anos a Balbino, sen dúbida a personaxe máis internacional da nosa literatura”, así como “por todo o que leva escrito e polo que leva espallado a nosa cultura”. Francisco López lembrou a “infinidade de homenaxes, de recoñecementos e de distincións” que ten recibido Xosé Neira Vilas “con todo o merecemento”.

O director xeral apuntou que desde a Xunta de Galicia levamos a cabo unha acción de goberno que “se apoia sempre en persoas como Xosé e en obras como as ‘Memorias dun neno labrego’, cos seus 50 anos de existencia”. Neste sentido, Francisco López situou a principal prioridade en que “Galicia se abra totalmente ao mundo”.

Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística salientou “a mestría literaria e as virtudes humanas do autor, que explican en gran medida o éxito e a repercusión acadados polo libro nos seus cincuenta anos de vida". Anxo Lorenzo referiuse ao protagonista da obra, Balbino, como “un neno aldeán que se gaba da súa condición de labrego e que cuestiona as inxustizas sociais que padecen os da súa condición na Galicia do seu tempo, así como a marxinación que sofre a súa lingua, privada de ámbitos como o da escola". Finalmente, o responsable de Política Lingüística trasladoulle a Neira Vilas "o agradecemento do Goberno galego por darlles á literatura e á cultura galegas unha obra de tanta transcendencia”.

Asemade con motivo da inauguración da mostra e no marco da programación dedicada a Xosé Neira Vilas que promove a Biblioteca Ánxel Casal, presentouse o mural colectivo realizado po 25 nenos de entre 4 e 11 anos no que os rapaces deixaron a súa pegada artística. O deseño do mural e a coordinación dos rapaces para colorealo correspondeu a Xoana Almar (Xoana Álvarez Martín) e Miguel Peralta, dous ilustradores formados en Granada e afincados en Santiago, que ofrecen o seu bo facer dun xeito xeneroso e desinteresado para a realización desta obra colectiva.

Co proxecto expositivo Querido Balbino. 1961-2011 Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego a Xunta de Galicia quere render homenaxe e divulgar a un escritor tan identificado coa nosa terra e cuxa importancia nas letras galegas é sumamente recoñecida. Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega e tamén o máis traducido a outros idiomas (contabilízanse unha vintena de traducións), ademais da novela a través da que moitos lectores inícianse na lectura en lingua galega.

Con Memorias dun neno labrego ábrese seguramente o xénero de literatura infantil en galego, ademais de acadar a identificación dos lectores non habituais na nosa lingua coa vida de Balbino, acrecentando o valor que tivo a obra como de divulgación, denuncia e rebelión contra as duras condicións de vida daquela época no rural galego.

Comisariada polo secretario da Fundación Xosé Neira Vilas, Valentín García, a mostra Querido Balbino articúlase en torno a dous eixos que guían ao espectador a través dun túnel de vitrinas. Dunha banda, preséntase a traxectoria vital do escritor a partir de fotografías, documentos e correspondencia que serven para marcar diferentes momentos transcendentes da súa biografía: exilio en Arxentina e Cuba, amizade con outros exiliados ou o casamento con Anisia Miranda. Doutra banda, amósanse documentos e material referidos á traxectoria seguida polo propio libro e o seu protagonista. Neste sentido, a exposición lembra as edicións adaptacións teatrais e audiovisuais inspiradas en Memorias dun neno labrego, do que xa se imprimiron máis de 600.000 exemplares, e conta cunha sala onde se proxecta un documental sobre Balbino.

Querido Balbino presenta tamén 10 obras pictóricas de autores galegos, inspiradas no protagonista de Memorias dun neno labrego. Os autores que colaboran nesta iniciativa son: Paco Lareo, Chema Pazos, Rofer, Esperanza Lema, Federico Fernández, Xoán Domato, Antón Pulido, Herminda Salgueiro, Siro López e Xaquín Marín. A exposición conta cun catálogo explicativo, ilustrado por comentarios aparecidos ao longo deste medio século de vida de Memorias dun neno labrego, e exhibe ademais un documento único: a Carta a Balbino que dirixe Xosé Neira Vilás ao seu fillo literario.

Memorias dun neno labrego foi publicado por vez primeira o 5 de xaneiro de 1961 en Buenos Aires, onde Neira Vilas atopábase emigrado desde 1949. No país austral, Neira Vilas frecuentou a intelectuais do talle de Ramón Suárez Picallo, Luís Seoane, Rafael Dieste ou Lorenzo Varela. Este contacto coa intelectualidade galega no exilio serviulle para desenvolver as súas capacidades literarias e tivo como resultado a creación da editorial Follas Novas.

Xosé Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e La Habana, Premio da Crítica Española na categoría de narrativa e Premio da Crítica Galega na categoría de ensaio, recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra e numerosos premios literarios. Ademais, a través da Fundación que leva o seu nome e que ten sede en Vila de Cruces leva a cabo un importante labor de dinamización cultural no rural galego.
R.