Skip to main content

Presupuestos gallegos: obras, cultura y economía soportan los mayores recortes anunciados por la Xunta que también afectan a sanidad y educación

Así lo ha indicado en rueda de prensa la conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, quien ha recordado el anuncio, hecho por el presidente, Alberto Núñez Feijóo, de que la Xunta reducirá el gasto en 129 millones de euros y se endeudará por otros 114 (que no computan en el déficit) para afrontar la negativa del Gobierno central de transferir este ejercicio los 243 millones de euros del Fondo de Cooperación. Fernández Currás ha explicado que el ajuste será finalmente de 103,5 millones, mientras que 25,5 se rebajarán al cierre del ejercicio bien con mayores ingresos, bien con ahorros en partidas que no se puedan ejecutar.

Los departamentos de Sanidade, Educación y Benestar (integrado en la Consellería de Traballo) sufrirán ahora un recorte del 0,4%, que se acometerá retrasando obras de mejora y reparación y reformulando partidas de ayudas públicas que no tienen la demanda esperada. En concreto, el área sanitaria pierde 14,2 millones; la educativa, 8,7; y la de Traballo e Benestar, 17,8 millones. La titular de Facenda ha defendido que la Xunta fue "responsable" al incluir el Fondo de Cooperación en los presupuestos de 2011 de la Comunidad gallega, puesto que son partidas que "llegaron" en 2009 y 2010 y el Ministerio de Economía y Hacienda "estuvo cerca de reconsiderar esta postura" de no hacer el ingreso hasta 2013. No fue hasta el Consejo de Política Fiscal y Financiera del pasado julio que se confirmó que este dinero no sería transferido, ha argumentado. La conselleira ha indicado que, de disponer del Fondo de Cooperación, el déficit acumulado por Galicia en el primer semestre sería del 0,58%, en lugar del 0,92% que figura en los cálculos del ministerio. Además, ha reiterado que antes de fin de mes estará presentado el recurso de inconstitucionalidad para reclamar al Gobierno central 805 millones del sistema de financiación.

El recorte representa el 1,2% del presupuesto gallego, que acumula un descenso del 11,8% en relación a 2010. La rebaja total es de 1.280 millones de euros y deja las cuentas de la comunidad en cifras similares a las de 2006. En cualquier caso, la titular de Facenda ha defendido que el ajuste presupuestario se ha hecho "blindando los servicios públicos fundamentales" y ha apuntado que las áreas de sanidad, educación y bienestar caen un 0,4%, frente al 3% del resto de departamentos.

Además de los recortes mencionados, cae un 2% el presupuesto de los órganos que dependen del presidente de la Xunta (4,5 millones menos); un 0,9% los fondos para la Consellería de Presidencia (1,8 millones); un 1,1% los de Facenda (0,6 millones); un 0,9% los de Medio Rural (4,7 millones), un 1,3% los de Mar (2,3 millones) y un 0,6% los gastos de diversas consellerías (0,3 millones). Fernández Currás ha sostenido que en Educación no se verán afectados los programas de transporte escolar, comedores o gratuidad de libros de texto, así como el decreto del plurilingüísmo, el plan de formación del profesorado, o la consolidación de las unidades de investigación de las universidades gallegas.

En Sanidade "están garantizadas" las partidas de receta farmacéutica, los programas de vacunación, los de salud mental, la coordinación de trasplantes y los equipamientos de atención primaria. Dentro de este departamento, los ajustes afectarán a los servicios que aportan menos valor y a inversiones que no hayan sido iniciadas. En Benestar "se blindan" el complemento de las pensiones no contributivas, la atención a la dependencia, las escuelas de cero a tres años, la renta de inserción social, la ayuda por hijo a cargo, las transferencias a ayuntamientos para centros de días y ayudas de cuidador y las subvenciones a asociaciones de discapacitados.

La consellería con un mayor ajuste, la dirigida por Agustín Hernández, preservará la seguridad vial, las actuaciones medioambientales, los planeamientos urbanísticos y la supresión de peajes. Además, se dará prioridad a las obras de titularidad propia y se retrasarán las que no hayan sido licitadas. Entre los ingresos que espera obtener el Ejecutivo gallego de aquí a fin de año están los procedentes por el nuevo impuesto sobre el juego online, para el que Facenda aún no tiene una estimación, dado que está a la espera de la información que aporte el Ministerio de Economía.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia garantiu a prestación dos servizos básicos e a calidade asistencial e educativa da comunidade autónoma no axuste orzamentario de 129 millóns de euros que se viu obrigada a realizar ao confirmarse o incumprimento do sistema de financiamento autonómico por parte do Goberno central, ao negarse a transferir este ano o Fondo de Cooperación, por importe de 243 millóns de euros.

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, explicou que o Goberno galego limitou ao máximo este axuste, que completará cun endebedamento adicional de 114 millóns de euros, e insistiu en que foi responsable orzamentando o Fondo de Cooperación, ao igual que fixeron outras comunidades, gobernadas por distintos partidos políticos, pois xa se recibiu tanto en 2009 como en 2010 e tamén tiña que terse percibido en 2011.

Neste senso, lembrou que estes 243 millóns de euros supoñen un 0,33% do déficit acumulado por Galicia este ano, do 0,92%, polo que en caso de telos recibido a finais do segundo semestre a comunidade estaría no nivel do 0,59%, por debaixo do 0,75% esixido polo Ministerio de Economía e Facenda.

Marta Fernández Currás tamén aclarou que o seu departamento non sabía cando elaborou as contas de 2011 que non recibiría o Fondo de Cooperación e engadiu que isto tan só se confirmou a finais do pasado mes de xullo no Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF). Con este axuste do 1,2%, o orzamento deste ano é un 11,8% inferior ao de 2010, cunha rebaixa de 1.280 millóns de euros, no nivel do ano 2006.

A titular de Facenda afirmou que a comunidade terá, por terceiro ano consecutivo, unhas finanzas sostibles, que permitirán manter a solvencia da autonomía, seguir pagando as facturas e preservando o gasto social, co obxectivo de tentar seguir cumprindo o compromiso de estabilidade orzamentaria, tal e como fixo en 2009 e en 2010.

Sinalou que para concretar este axuste o Goberno galego fixou dúas prioridades, o gasto social, de maneira estas áreas tan só se axustan nun 0,4%, fronte ao 3% do resto de departamentos; e o respecto aos compromisos adquiridos, polo que non se tocaron as actuacións financiadas por fondos finalistas do Estado e da Unión Europea, senón que os retoques tan só afectaron a fondos propios.

Desta maneira, nas áreas sociais se manteñen as liñas estratéxicas, cunha garantía de mantemento dos servizos públicos esenciais e da calidade asistencial e educativa. No departamento de Educación blíndanse programas como o transporte escolar, comedores, gratuidade dos libros de texto, o decreto do plurilingüísmo, o plan de formación do profesorado ou a consolidación das unidades de investigación nas universidades galegas; mentres que o axuste se centra en adiamento de obras, así como reestruturacións de actuacións de construción e reparación de centros e de axudas públicas.

En canto á area de sanidade, están garantidas as partidas fundamentais, como o gasto en receita farmacéutica, os programas de vacinación e xestión sociosanitaria e saúde mental, a coordinación de transplantes e os equipamentos de atención primaria. Así, o axuste afecta a partidas non executadas, de forma que non se paralizan proxectos en marcha; aplícanse criterios de eficiencia para reducir gastos nos servizos que aportan menos valor; e reprográmanse proxectos ou investimentos non iniciados.

Pola súa banda, en Traballo e Benestar blíndanse o complemento das pensións non contributivas, a atención á Dependencia, as escolas de 0 a 3 anos, a renda de inserción social e axudas de emerxencia social e a axuda por fillo a cargo. Neste caso, o axuste céntrase na reformulación de ordes de axudas que non están tendo a demanda esperada e na posta en marcha de servizos comúns que permitan optimizar os recursos, así como melloras de xestión nos centros.

En materia de infraestruturas o Goberno autonómico priorizou a seguridade vial, a execución das estradas en marcha, a conservación de estradas, as actuacións medioambientais, os planeamentos urbanísticos e a supresión de peaxes. Este departamento autonómico terá o axuste máis importante, de 30,6 millóns de euros, o que conlevará unha nova planificación de obras priorizando as de titularidade propia.

A conselleira de Facenda tamén citou outras materias que ser preservaron neste axuste, como a loita contra incendios, as infraestruturas gasistas, as axudas a investigadores e tecnólogos, o apoio á igualdade de xénero, as axudas a concellos, a xustiza gratuíta, as subvencións a industrias culturais e de apoio ao turismo, así como o servizo de gardacostas.

O Executivo autonómico axustou 103,5 millóns de euros de gasto, ao que se sumarán outros 25,5, que se acadarán nas operacións de peche de exercicio, ben con maiores ingresos, ben con aforros en partidas que non se poidan executar por algún motivo.

Marta Fernández Currás salientou que a Xunta fai o esforzo de novo de volver axustar o gasto corrente, neste caso en 32 millóns de euros, que se compensan con melloras de eficiencia; e que os capítulos VI e VII diminúen 67,3 millóns de euros como consecuencia de adiar actuacións non iniciadas.

Por outra banda, a titular de Facenda confirmou que o Goberno galego presentará este mes un recurso ante o Tribunal Constitucional co fin de reclamar os 805 millóns de euros que lle debe o Estado á Comunidade Autónoma por incumprimentos do modelo de sistema de financiamento autonómico.

Facenda constata que o Goberno está a empregar o modelo de financiamento autonómico de maneira discrecional e en función das súas necesidades de financiamento, xa que, por un lado, adianta os axustes do IVE e do Statu Quo a Galicia con base en estimacións e, por outro, adía o anticipo do Fondo de Cooperación de 2011 e os recursos adicionais de 2010, á espera de ter os datos definitivos.

Así, explica que a cláusula do Statu Quo, a pesar de que se incluíu como garantía de non perder capacidade financeira con respecto ao anterior modelo, é dicir, ten por obxecto evitar perdas de recursos, se non se incluíse, Galicia percibiría máis de 200 millóns de euros máis, o cal carece de sentido. Por outro lado, solicítase a transferencia este ano do Fondo de Cooperación, por importe de 243 millóns de euros, que a Comunidade xa o percibiu tanto en 2009 como en 2010.

Por outra banda, a Xunta de Galicia reclama os recursos adicionais do ano pasado correspondentes ao sistema de financiamento autonómico, por importe de 162,3 millóns de euros, así como os 171,6 millóns de euros polo axuste practicado á Comunidade polo Estado tras o incremento de tipos impositivos do IVE a partir de xullo de 2010.

Ademais, a Consellería de Facenda advirte de que o Executivo central está a crear inseguridade xurídica no sistema de financiamento autonómico, que é o que sustenta o Estado do benestar e permite sufragar a sanidade, a educación e os servizos sociais.

Fotografía: Xunta de Galicia
R.