Skip to main content

Núñez Feijóo prevé aumentar las exportaciones gallegas un 22% entre 2011 y 2013

El titular del ejecutivo autonómico ha precisado que este objetivo "irrenunciable" de la Xunta marcará el inicio de una agenda "económica e internacional" centrada en "abrir mercados y oportunidades de negocio, vender productos gallegos, ampliar la capacidad de las empresas y, en consecuencia, en apostar por el empleo en Galicia". Al regreso de su viaje oficial a México y Panamá, Feijóo ha hecho balance "positivo" de la agenda que llevó a los países centroamericanos, dirigida a "sembrar el futuro" y a "abrir la economía gallega a dos países emergentes, que están creciendo y que se encuentran en un momento extraordinario de su economía".

El mandatario gallego ha reconocido que en este momento, Galicia "está en una situación de dificultad debido a la caída del consumo en España", pero considera que "es necesario no lamentarnos, sino actuar". "La apertura de nuestra economía y empresas a países muy poblados son, sin duda, un objetivo irrenunciable de este gobierno", ha afirmado.

En su viaje oficial, el presidente de la Xunta ha mantenido sendas reuniones con los presidentes de la República de Panamá, Ricardo Martinelli, y de México, Felipe Calderón. Además, se ha reunido con dos ministros del gobierno panameño y dos del mexicano, así como con los "principales" empresarios de ambos países, según recoge la Xunta en un comunicado. Feijóo mantuvo un encuentro con el administrador de la Autoridad del Canal de Panamá y primer empresario del país, Alberto Alemán Zubieta; asistió a la presentación internacional de NCG Banco ante empresarios mexicanos; y presidió la apertura de la Plataforma Empresarial no Exterior (Pexga) de México D.F, financiada por la Xunta y que funcionará como una oficina permanente de relaciones económicas y comerciales entre Galicia y el país centroamericano.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantou que o obxectivo do Goberno galego nos vindeiros dous anos será incrementar o nivel de exportacións das empresas galegas nun 22 por cento, máis de 3.000 millóns de euros. O titular do Executivo autonómico precisou que este obxectivo “irrenunciable” da Xunta marcará o inicio dunha axenda “económica e internacional” centrada en abrir mercados e oportunidades de negocio, en vender produtos galegos, ampliar a capacidade das nosas empresas e, en consecuencia, en apostar polo emprego en Galicia.

Ao regreso da súa viaxe oficial por Panamá e México, Feijóo fixo balance da intensa axenda que alí desenvolveu, dirixida a “sementar para o futuro” e a “abrir a economía galega a dous países emerxentes, que están crecendo, que teñen ordenadas as súas contas e que están nun momento extraordinario da súa economía”, sinalou.

Feijóo avanzou que, no que queda de lexislatura, a Xunta buscará “incrementar as nosas exportacións, que máis empresas galegas exporten por primeira vez, que as empresas que xa están exportando o fagan con maior intensidade; en definitiva, incrementar a exportación un 22% nos vindeiros dous anos e incrementar en máis de 3.000 millóns de euros as exportacións actuais de Galicia”.

O mandatario galego recoñeceu que Galicia neste momento está nunha situación de dificultade como consecuencia da caída do consumo en España, polo que considerou preciso “non lamentarnos, senón actuar”. “A internacionalización e a apertura da nosa economía e das nosas empresas a países moi poboados son, sen dúbida, un obxectivo irrenunciable deste goberno”, reiterou.

Unha intensa axenda de traballo para impulsar o mercado internacional
Na súa viaxe, o xefe do Goberno galego mantivo sendas xuntanzas cos presidentes da República de Panamá, Ricardo Martinelli, e de México, Felipe Calderón. Ademais, reuniuse con dous ministros do goberno panameño e dous do goberno mexicano e, tamén, cos principais empresarios de ambos os dous países.

Neste punto, Feijóo citou o seu encontro co administrador da Autoridade do Canal de Panamá, Alberto Alemán Zubieta, o primeiro empresario deste país, apuntou, que xestiona una empresa que factura máis de 2.000 millóns de dólares. O presidente galego tivo, tamén, a oportunidade de asistir á presentación internacional de NCG Banco ante empresarios mexicanos de primeiro nivel.

Por último, na súa estadía en México presidiu a primeira apertura dunha plataforma financiada pola Xunta, a Plataforma Empresarial no Exterior (Pexga); unha plataforma permanente en México, explicou, que funcionará como unha oficina de relacións económicas e comerciais entre Galicia e o país norteamericano.

Fotografía: Xunta de Galicia.
R.