Skip to main content

España no aceptará la reducción de las cuotas pesqueras por parte de la CE sin estudios científicos

Coincidiendo con su presencia en A Coruña para informar al sector pesquero gallego sobre la regularización de embarcaciones, la secretaria general del Mar ha señalado que el Gobierno estudia la propuesta comunitaria, pero ha reconocido que "en principio" les preocupa.

Ha argumentado que se plantea "bajo una serie de principios "que no compartimos", ha indicado al señalar que la Comisión Europea "no puede escudarse en la falta de unos resultados que plantea sin base científica". Así, ha insistido en que "no se puede plantear una reducción de esa naturaleza" sin estos estudios.

Por el contrario, ha subrayado el aumento de cuotas que se plantea para especies como la merluza sur, aunque ha precisado que esta cuestión está pendiente del correspondiente análisis.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Representantes do goberno galego participaron na 39ª Asemblea Xeral da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas de Europa (CRPM), que está tendo lugar entre o 28 e 30 de setembro na cidade danesa de Aarhus, onde defenderon a aposta da comunidade galega por unha maior defensa da pesca artesanal e do marisqueo.

Os representantes do goberno galego expuxeron na reunión a preocupación das rexións atlánticas polo impacto socioeconómico da reforma, e avogou por unha maior rexionalización das decisións, así como por unha maior defensa da pesca artesanal e do marisqueo.

A Xunta de Galicia, que ostenta a vicepresidencia do Buró Político do Arco Atlántico da CRPM, e lidera o seu grupo “Pesca”, defendeu e liderou varios dos temas sobre os que centrará o seu traballo a CRPM no ámbito da pesca no vindeiro ano, salientando a resposta á proposta de Regulamento da Política Común de Pesca, e liderando un espazo común de datos e documentos que avalen a postura que defenden as rexións atlánticas, de insistir no impacto socioeconómico que teñen as medidas adoptadas nas pesquerías das distintas especies.

No decurso da xuntanza, que conta coa presenza dos máis altos representantes das Direccións Xerais de Política Rexional (DG REGIO) e de Pesca (DG MARE) da Comisión Europea, estanse a debater temas de especial relevancia para Galicia, como son as propostas para as perspectivas financeiras da UE para o vindeiro período de programación orzamentaria, ata o ano 2020, ou o debate sobre a política marítima integrada, na que se enmarcaría a estratexia para o océano Atlántico.

Tamén se debateu nesta sesión a posición a adoptar diante da proposta de Política Común de Pesca que formulou a Comisión Europea, e o Libro Branco sobre o transportes e a proposta sobre a Rede Europea de Transportes.
R.