Skip to main content

El presidente de la Xunta pide un gran acuerdo nacional para asumir la realidad de las cuentas

"Al próximo Gobierno de España hay que pedirle que nos cuente la verdad; somos elegidos para gestionar la realidad y no para interpretar una película de ficción", ha manifestado Feijóo, quien también ha demandado al nuevo Gobierno que, "en lugar de la confrontación permanente y de Gobernar por decreto ley improvisado", forje un "gran acuerdo nacional" con las comunidades autónomas y las entidades locales, "para asumir la realidad, gobernar con sentido común y recuperar la unidad".

El presidente gallego ha subrayado la necesidad de "gobernar con la verdad", frente a la "la ficción económica". En este sentido, ha reprochado al Gobierno de José Luis Rodríguez Zapatero que primero dijera que España estaba a salvo de la crisis y luego la minusvalorase. Además, ha criticado la "improvisación" y los "bandazos" del Ejecutivo. "No digo que las políticas del Gobierno central hayan sido las causantes de la crisis, pero han sido el mayor lastre para salir de ella", ha aseverado.

Feijóo ha acusado al Gobierno de Zapatero de "lastimar el modelo de convivencia" del Estado autonómico y "desacreditar" y "cuestionar" a las comunidades autónomas al responsabilizarlas del déficit público. En este sentido, ha considerado "sorprendente" que el Gobierno haya culpado del déficit a los gobiernos autonómicos, mientras estos, que asumen el coste de la mayoría de los servicios públicos, ha constatado, tienen un déficit fijado del 1,3%, frente al 6% del Gobierno central, que asume las prestaciones por desempleo "y poco más". Según Feijóo, esto "no es sólo una irresponsabilidad, sino un ataque al sistema autonómico que ha funcionado en los últimos 30 años". Feijóo ha dicho que no defiende el actual sistema autonómico, pero no quiere "volver a hace 30 años" -"no soy un involucionista", ha señalado-, al tiempo que ha apostado por "mantener el sistema autonómico", pero "repensando las competencias, evitando duplicidades y siendo muy rigurosos en el gasto".

El presidente gallego ha exigido al Ejecutivo que surja del 20 de noviembre que aumente a 10 años el plazo de devolución al Estado de los anticipos a cuenta correspondiente a los ejercicios de 2008 y 2009, ya que, a su juicio, el Gobierno cometió una "falta de rigor premeditada" en los presupuestos de 2008 y 2009. Feijóo no ha descartado el copago, que, a su juicio, ya existe a través de las listas de espera, a las que se ha referido como "un copago injusto y silencioso". Según Feijóo, "antes de hablar de copago hay que hablar de pago", de la deuda del Sistema Nacional de Salud, que ha situado entre los 16 y 17 millones de euros, un problema que tendrá que abordar el próximo Gobierno "sentando a los presidentes autonómicos", ha señalado.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

“A Xunta vai aprobar unha batería de medidas para incentivar que os concellos xestionen con responsabilidade, sexan transparentes e busquen permanentemente eficiencias á hora de prestar servizos”. Así o puxo de manifesto nos Desayunos Informativos de Europa Press, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, quen aseverou que o Executivo autonómico primará a aqueles concellos que xestionen de forma máis responsable e eficiente.

Deste xeito, e ao longo da súa intervención, precisou que esta mesma semana aprobarase un decreto que regulará as condicións para poder outorgar subvencións e que, no ámbito local, establecerá –entre outras medidas novidosas- que aqueles municipios que non rendan contas de forma anual, tal e como é preceptivo, non van poder recibir axudas do Goberno galego.

Así mesmo, tamén precisou que de forma paralela, “iniciamos os trámites para que xa en 2012 as subvencións ás que podan aspirar as administracións locais primen a aquelas que se asocien con outras; é dicir, aquelas que se unan para prestar os mesmos ou mellores servizos aos cidadáns, pero de forma máis eficiente, que se unan para fusionar servizos e ofrecer conxuntamente servizos de maior calidade e a menor custe”.

O presidente autonómico galego afirmou que non ten ningún sentido que se lle esixa o mesmo a quen se esforza e cumpre que a quen non cumpre. E neste sentido lembrou que “Galicia sufriu esa inxustiza en varios momentos desta lexislatura por parte do Goberno central, que mediu a todas as autonomías coa mesma vara, independentemente da súa conta de resultados, e que desde logo foi bastante menos severo consigo mesmo”.

Do mesmo xeito que o Goberno galego intentou anticiparse no ámbito da austeridade, a planificación e a estabilidade, Feijóo asegurou que a pretensión agora é iniciar na práctica o camiño da simplificación e fusión da Administración local “que, na miña opinión, -dixo- tarde ou cedo terá que abordarse desde o punto de vista estatal”.

O responsable autonómico referiuse, tamén, á necesidade de incrementar a responsabilidade dos políticos á hora de xestionar o diñeiro público xa que, “cabe preguntarse se é lóxico que falemos de administracións en quebra –ou case-, de facturas ocultas nun caixón, de disparar o gasto público sen límite... e, á vez, aqueles que foron responsables deses actos estean, na práctica, exentos de ter que responder por eles”.

Neste sentido, fixo fincapé na necesidade de, “entre todos”, estudar as reformas lexislativas necesarias que clarifiquen a responsabilidade xurídica da clase política no exercizo das súas funcións relacionadas coa Facenda pública.

Dicir a verdade, administrar con sentido común e buscar a unidade
O presidente da Xunta amosouse convencido de que o novo goberno de España despois do 20 de novembro será un revulsivo para afrontar con enerxías renovadas as enormes dificultades que hai por diante. E resumiu en tres os valores que hai que recuperar para que guíen a acción política. “Tres comportamentos que, ao meu entender, convén xeneralizar no conxunto nacional: dicir a verdade, administrar con sentido común e buscar a unidade”.

No tocante ao primeiro comportamento, Feijóo lembrou que dicir a verdade é o primeiro que fixo á Xunta “e, consecuentemente, o primeiro que lle quixera pedir ao próximo Goberno de España”. “A ocultación da crise foi totalmente deliberada, pero tamén o foron as numerosas ocorrencias que o Goberno central foi tendo de forma sucesiva, primeiro para tratar de subvalorizar a dimensión da crise; despois, para desviar a atención do déficit que el mesmo xerou cun gasto descontrolado; e finalmente para amortecer a lóxica caída da súa popularidade. Aínda que por distintas razóns, a ficción económica foi tristemente a constante ata os nosos días e por iso, a necesidade de reivindicar a verdade ten máis actualidade que nunca”.

Feijóo salientou que Galicia leva gobernando coa verdade “desde o mesmo momento en que tomamos posesión en 2009, cando xa tivemos que revisar os presupostos que nos atopamos e facer fronte a un burato de 1.200 millóns de euros entre gastos inxustificados e ingresos irreais, aos que logo houbo que sumar máis de 2.000 millóns de euros polos orzamentos irreais dos presupostos 2008 e 2009”.

Mentres outros imitaron o comportamento do Executivo estatal e perderon a oportunidade de reaccionar á crise de forma gradual, o titular da Xunta resaltou que os galegos optamos por poñer en marcha políticas alternativas que se demostraron útiles. “Algunha xente sorpréndese de que, mentres outros presidentes autonómicos están anunciando drásticos axustes, Galicia vaia presentar por primeira vez desde os últimos anos un presuposto para 2012 no que non vai haber un descenso abrupto respecto a este exercizo”.

Entre esas políticas alternativas Feijóo referiuse, a modo de exemplo: á austeridade, salientando que Galicia reduciu á metade os seus altos cargos, e non deixou de aforrar alí onde aínda hai marxe, desde parque móbil, gastos de gabinete, teléfono ou enerxía, ata a Administración paralela, “onde xa eliminamos 42 organismos”, ou o gasto farmacéutico cun catálogo priorizado de medicamentos; á planificación, reflectida no Plan Estratéxico da Economía 2010-2014 horizonte 2020; e á estabilidade presupostaria, “onde Galicia é unha das dúas comunidades –xunto con Madrid- que pechou 2009 e 2010 con estabilidade orzamentaria e é unha das tres autonomías que reduciu a débeda das empresas públicas”.

“Pero non só iso, fomos a primeira comunidade en propoñer e a primeira comunidade en dar luz verde a unha lei de disciplina presupostaria que fixa un teito de gasto e que prioriza a redución de déficit nas épocas de bonanza económica. Moito antes de que se aprobara a reforma constitucional nese sentido, Galicia xa practicaba para o presente e lexislaba para o futuro a solvencia e a sostenibilidade das contas públicas”, engadiu.

A austeridade, a planificación e a estabilidade presupostaria permitiron en Galicia, segundo Feijóo, poder pagar aos provedores por debaixo do prazo legal “e do noso compromiso electoral”; ter menos dificultades que outras autonomías para colocar débeda; e xerar as eficiencias necesarias para blindar os servizos sociais.

“Só a través dunha xestión máis eficiente é posible que esteamos configurando unha sanidade con maior cobertura, con tres novos hospitais públicos e reducindo á metade a espera das patoloxías máis graves; unha educación con máis prestacións para os alumnos, con máis tecnoloxía e cunha aposta real polos idiomas por primeira vez na comunidade; e uns servizos sociais que chegan a máis cidadáns, con máis dependentes atendidos que na lexislatura pasada (252% máis), con máis prazas de residencia (2.000 prazas máis); e con máis prazas de garderías (incremento do 11%)”.

O titular da Xunta aseverou que os galegos non tiveron que sumar ao prezo da irresponsabilidade do Goberno estatal un sobrecuste pola irresponsabilidade do goberno autonómico. “E, en consecuencia, -matizou- Galicia non só non agravou os problemas de España, senón que axudou a minimizalos cunha xestión rigorosa e solvente”.

Feijóo afirmou que o actual Goberno central chegou no mellor momento económico de España “e o deixa no peor” “Foi incapaz –dixo- de salvagardar a nosa fortaleza cando viñeron mal dadas. Pero non só iso. Ademais, fixo impracticable a unidade tan necesaria nestes tempos. En lugar de aliarse co resto das administracións, tratou de desacreditalas cuestionando o propio modelo no seu conxunto. Cando o que fallou foron políticas concretas de gobernos concretos”.

O presidente da Xunta relatou as consecuencias deste comportamento reflectidas “nun sistema financeiro que se tambaleou a golpe de bandazos normativos tan rechamantes como pedir tal día coma hoxe que se priorizara o saneamento dos balances e, só quince días despois, dicir que o importante era a capitalización e non os balances. Ou decisións tan irresponsables como que o mesmo goberno decida valorar as caixas a mesma semana que renuncia a vender Loterías do Estado pola escasa valoración que tería no mercado. Lamentablemente, isto tivo consecuencias fóra e dentro do noso país. Dentro, desapareceron as caixas tal e como as coñecíamos. Fóra, seguimos sen xerar estabilidade e confianza”.

A falla de rigor na elaboración dos Presupostos Xerais de 2008 e 2009, é outra das consecuencias deste comportamento do Goberno central e “que obriga no caso de Galicia a unha devolución de máis de 2.000 millóns de euros, o equivalente a toda a política social dunha lexislatura”. Neste sentido, Feijóo expresou a súa confianza en que o próximo Goberno aumente o prazo de pago de 5 a 10 anos, “tal e como vimos reclamando”.

Así mesmo, referiuse, tamén, a un financiamento autonómico concibido para garantir a estabilidade do Goberno e do Partido Socialista. “Iso foi o obxectivo durante a negociación do modelo, pensado para garantir a maioría parlamentaria nas Cortes. E ese foi o obxectivo durante a súa aplicación, que incumpriu o acordado para tratar de cadrar as contas estatais a costa de quitar o que lle correspondía ás comunidades, 805 millóns de euros en Galicia este 2011”.

Un Goberno central xusto
Para o titular da Xunta, a ‘foto finish’ desta lexislatura, con case cinco millóns de parados, cun déficit público e un risco país alarmantes, con dificultades para acceder ao crédito e coa actividade económica incapaz de despegar, é a proba máis ilustrativa do prezo que ten negar a realidade. “Ten un prezo xestionar a irrealidade, ten un prezo gastar por encima das nosas posibilidades, ten un prezo malgastar no que non é prioritario en lugar de administrar, e ten un prezo reaccionar tarde á situación económica”.

Diante deste panorama, Feijóo aseverou que “en lugar da confrontación permanente, do gobernar a golpe de decreto lei improvisados, das contradicións, das superficialidades, o novo goberno ha de promover un gran acordo nacional que implique ao Goberno central, ás autonomías e á Administración local para asumir a realidade, para gobernar con sentido común e para recuperar a unidade”.

Por último, o presidente da Xunta concluíu recoñecendo ter grandes expectativas no futuro goberno de España. “Non porque espere –matizou- que sexa un goberno amigo, senón porque confío en que sexa un goberno xusto, polo ben de España e polo ben de todos”.

Fotografía: Xunta de Galicia.
R.