Skip to main content

Las siete principales ciudades de Galicia tendrán electrolineras antes del final de 2011

Así lo informó la Consellería de Economía e Industria, cuyo titular, Javier Guerra, ha visitado en Santiago la primera de estas estaciones, invitado por la Fundación Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA). Guerra recordó que esta iniciativa se enmarca en la «estrategia integral Re-Móvete, de apoyo a la automoción gallega, en el que el desarrollo de un nuevo modelo de electromovilidad para Galicia es una prioridad».

El proyecto está dotado con 2,4 millones de euros y sitúa a Galicia «como una de las regiones europeas con mayor proyecto de movilidad eléctrica interurbana de Europa». Cada ciudad gallega contará con dos puntos de recarga, uno normal, que permite recargar el 100 % de la batería en 6 horas, y otro, «más novedoso», de recarga rápida (BM Flash) del 80 % de la batería, en treinta minutos.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, acompañado polo alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, visitou a primeira estación de recarga rápida para coches eléctricos de Galicia, convidado pola Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA). Nesta electrolineira, Guerra e o rexedor compostelán comprobaron o funcionamento desta estación, que é desde hai dúas semanas a primeira que inicia a súa actividade dentro da rede de Estacións de Electro-mobilidade Mobega, impulsada pola Fundación CEAGA e a Consellería de Economía e Industria. Esta rede conta cunha flota de 28 coches e electrolineiras con tecnoloxía galega, que estarán en funcionamento nas 7 cidades galegas, antes de rematar o ano.

O titular de Economía e Industria salientou que este proxecto demostrativo estase a implantar ao abeiro “da estratexia integral Re-Móvete de apoio á automoción galega, na que o desenvolvemento dun novo modelo de electromobilidade para Galicia é unha prioridade” e lembrou que a Comunidade Autónoma “é un dos territorios que ofrece mellores condicións de desenvolvemento do coche eléctrico”.

Guerra apuntou que con esta estratexia “trátase de implantar un novo concepto de mobilidade sostible, eficaz no gasto de recursos e eficiente no consumo enerxético, con automóbiles respectuosos co medio ambiente, cun gasto inexistente en carburante, sen perder confort nin seguridade na condución. Coches pensados para facer das nosas cidades territorios respectuosos co medio ambiente e de mellorar o ben estar dos cidadáns”.

O titular de Economía e Industria explicou que este proxecto, dotado con 2,4 millons de euros (co cofinanciamento de fondos europeos), sitúa a “Galicia como unha das rexións europeas co maior proxecto de mobilidade eléctrica interurbana de Europa”. En total, poranse ao dispor dos usuarios unha flota de 28 coches eléctricos (20 Citroën C-Zero e 8 Peugeot iON ), en Santiago, Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol e Pontevedra.

Trátase dun servizo de aluguer que permitirá aos cidadáns familiarizarse co uso de vehículos eléctricos, “con cero gasto de carburante e cero emisións de CO2” á atmosfera e cunha tarifa de 15 euros, durante todo un día, ou 29,50 euros, unha fin de semana.

Cada cidade contará cun punto de recollida de vehículos nas oficinas National-Atesa adheridas ao Plan Mobega e cunha das electrolineiras da rede Mobega (deseñada por BlueMobility), con investigación, desenvolvemento e fabricación 100% galega, que ofrecerán un servizo de recarga gratuíta para os coches vinculados ao Plan.

As electrolineiras Mobega contan con dous puntos de recarga, un normal que permite recargar o 100% da batería, en 6 horas, e outro, o máis novidoso, de recarga rápida (BM Flash) do 80% da batería, en 30 minutos. Neste sentido, o conselleiro destacou que “este sistema pioneiro de recarga rápida implántase por primeira vez en Galicia e é o segundo que existe a nivel nacional”.

Fotografía: Xunta de Galicia
R.