Skip to main content

Acticado el Plan de Viabilidad Invernal para garantizar la circulación las carreteras gallegas hasta abril de 2012

Entre las novedades del plan de este año -que cuenta con una inversión de cuatro millones- es que su duración se alarga hasta los cuatro meses en las provincias de A Coruña y Pontevedra -anteriormente era de tres meses-, mientras que en Lugo y Ourense se mantendrá un total de seis meses. Otra de las novedades de este plan es la creación de 6 nuevos subcentros de vialidad invernal, así como el refuerzo de las reservas de fundentes con ocho nuevos silos de almacenamiento y 10 nuevas plantas de salmoria.

Las vías susceptibles de tener problemas de nieve suman 873 kilómetros -un 16% de la longitud total de carreteras en Galicia-, encabezadas por la provincia de Lugo con 291 kilómetros, seguida por Ourense con 270 kilómetros, A Coruña -190 kilómetros- y Pontevedra -122-.

Las medidas y actuaciones se dividen en dos grandes grupos, aquellas que permiten anticiparse a los posibles problemas que puedan aparecer y las destinadas a incrementar la seguridad en las carreteras.

Se ponen en marcha 29 centros operativos, 70 reservas fundentes -la Xunta dispone de casi 9.000 toneladas de sal-, 162 máquinas y más de 400 personas (técnicos y personal de carreteras). En el dispositivo de detección de incidencias trabajan la Guardia Civil, Protección Civil, personal de empresas contratadas para la conservación integral y de las concesionarias de la vía de alta capacidad. A través de un comunicado, el Gobierno gallego apunta a los usuarios la necesidad de informarse de la situación de las carreteras y la climatología antes de realizar cualquier desplazamiento.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, activou o Plan de Vialidade Invernal 2011-2012 co que se garantirán as condicións de circulación en case 5.500 (5.429) quilómetros da rede autonómica de estradas. Este plan de actuacións estará operativo ata o 30 de abril de 2012. Xustamente unha das novidades introducidas con respecto aos plans dos anteriores anos é que este plan se alonga a catro meses nas provincias de A Coruña e Pontevedra (nos anteriores eran 3 meses), mentres que nas provincias de Lugo e Ourense se mantén en 6.

Outra das novidades deste plan de vialidade invernal é a creación de 6 novos subcentros de vailidade invernal e o reforzo das reservas de fundentes con 8 novos silos de almacenamento e 10 novas plantas de salmoria. Este operativo da Xunta de Galicia implica un investimento de 4 millóns de euros. O Plan de Viabilidade invernal permite actuar para mellorar as condicións de circulación ante os efectos adversos que a meteoroloxía xera no período invernal. As medidas e actuacións divídense en dous grandes grupos, aquelas que permiten anticiparse aos posibles problemas que poidan xurdir e as que garanten a vialibidade e intentar incrementar a seguridade nas estradas.

Da rede autonómica total, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten identificadas as vías máis susceptibles de ter problemas de neve. En total suman 873 quilómetros (16% da lonxitude total da rede autonómica de estradas).

O plan de viabilidade implica a posta a disposición de diferentes medios en cada provincia, como os materiais (centros operativos, reservas de fundentes –sal ou salmoira- e maquinaria) e medios humanos.

A aplicación deste medios levarase a cabo a través dos axentes dos servizos de infraestruturas de cada provincia, contratos de conservación integral e das vías de alta capacidade. Isto implica a posta en marcha de 29 centros operativos, 70 reservas fundentes, 162 maquinas e máis de 400 persoas (técnicos e persoal de estradas).

En definitiva, trátase cumprir co obxecto de garantir mellorar as condicións de vialidade, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas de xeo, ou a aparición de neve. Cando aparece xeo ou neve nas estradas o principal problema para a condución é a perda de agarre dos vehículos, o que pode provocar deslizamentos, perdas de control, e, como última consecuencia, un accidente.

A Xunta de Galicia ten establecido un protocolo de actuación no que se prevé o procedemento para actuar en función das condicións meteorolóxicas nas que se atope a Comunidade Galega. No caso de prevención e detección de incidencias, situación normal, e aínda que non haxa previsión de xeadas ou neve, mantense unha constante vixilancia do tempo, consultando os partes e previsións meteorolóxicas emitidos pola propia Xunta de Galicia e por outros medios.

A análise anterior compleméntase co percorrido diario das estradas, o que permite detectar instantaneamente calquera incidencia que se poida producir. O operativo que fai posible esta detección é o seguinte: a Garda civil, Protección civil, persoal da Consellería, persoal das empresas contratadas para a conservación integral, persoal das concesionarias das Vías de Alta Capacidade e a colaboración cidadá. Mantense un permanente contacto entre o persoal encargado da conservación integral e das concesionarias das Vías de Alta Capacidade e o persoal da Administración, o que permite tomar coa suficiente antelación as decisións máis axeitadas para cada situación. Con previsión de xeadas ou temperaturas baixas aplicaranse tratamentos preventivos, como o esparexemento de fundentes, con dotacións baixas, nos treitos nos que se prevexa a aparición de placas de xeo e o control especial das zonas problemáticas, e repetición do tratamento se se detecta que, logo de fortes choivas, a calzada queda ‘lavada’ e perde o tratamento anterior.

O protocolo que se activará a existencia de xeadas ou placas de xeo nalgunha estrada complementarase o tratamento anterior co esparexemento de fundentes (sal ou salmoira), esta vez con dotacións máis altas. Con previsión de nevadas aplicaranse os seguintes tratamentos preventivos co esparexemento de sal ou salmoira nos tramos nos que se prevexan a aparición de neve; o control especial destas zonas problemáticas, e repetición do tratamento se se detecta, debido á choiva, a perda do tratamento anterior; e preparación dos equipos con cuña quitaneves, por se fose necesaria a súa intervención.

Cando se detecte a presenza de neve na calzada procederase ao paso da coitela quitaneves e á inmediata extensión de fundentes (sal ou salmoira). A partir de aí, realizarase un control intenso das estradas afectadas por si fose necesario realizar sucesivas aplicacións destas medidas. Como medida complementaria farase unha vixilancia especial do resto das estradas, sobre todo as que estean máis próximas a aquelas nas que apareceu a neve, para aplicar os tratamentos anteriores nos casos que se estime oportuno.

Respecto ao tipo de fundentes que se soe usar en calquera das situacións anteriores, podemos dicir que o principal é o sal (para a presenta campaña cóntase con preto de 9.000 toneladas en Galicia), que se emprega cando as temperaturas son superiores a -5ºC. Nestas mesmas condicións tamén se usa, cando as estradas están secas, a salmoira (solución de sal e auga). Para temperaturas inferiores a -5ºC é máis recomendable empregar mesturas de sal con cloruro cálcico, ou directamente o cloruro cálcico.

Dende a Consellería de Medio Ambiente anima aos usuarios a informase da situación das estradas se van a realizar algún desplazamento. Polo que, aos usuarios se lle trasladan as incidencias detectadas a través dos paneis de información variable, que permiten avisar ao usuario das inclemencias, para que circule con precaución, e poda elixir o percorrido máis idóneo; por teléfono, de Emerxencias de Galicia (112) e da Dirección Xeral de Tráfico (DGT 900 123 505); internet, navegando a través das páxinas web da DGT para coñecer a situación do tráfico (www.dgt.es) e das condicións meteorolóxicas no portal de MeteoGalicia (www.meteogalicia.es) e da Axencia estatal de meteoroloxía (www.inm.es).

Grazas a este plan a Xunta terá un perfecto coñecemento dos problemas que podan xurdir en épocas de inclemencias meteorolóxicas, o que permitirá a toma de decisións máis axeitadas para cada situación a tempo, e conseguirá dar a solucións aos problemas e á eliminación de riscos nas estradas.
R.