Skip to main content

La gira española de la artista islandesa Björk arranca el 22 de junio en la Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

La artista islandesa Björk actuará el 22 de junio en la Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, en el que será su primer concierto en España en el marco de su gira de 2012, en la que presentará su último disco, Biophilia. Según ha informado el Gobierno gallego a través de un comunicado, se anunciará la fecha en la que saldrán a la venta las entradas para ver a Björk, a quien el conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, ha calificado como "una referencia de la música contemporánea de los últimos veinte años" y "alguien que con cada uno de sus trabajos ha revolucionado el mapa sonoro del momento".

Björk Gudmundsdóttir (Reikiavik, Islandia, 1966) es "un rara avis" que supone una referencia para compositores de los más variados estilos, con una inconfundible voz y un carisma que le han llevado a vender más de 15 millones de discos con multitud de fans en todo el mundo. Según explica la Xunta -el viernes 22 de junio en la plaza exterior de la Cidade da Cultura-, Björk creará toda una experiencia sensorial para la presentación de Biophilia, "una ambiciosa obra conceptual que trasciende el formato clásico".

Roberto Varela, conselleiro de Cultura, destaca que "esta actuación supondrá, además, el estreno de la Cidade da Cultura como escenario para artistas internacionales de primer nivel", y es que ha hecho hincapié en que "es un privilegio" contar con la islandesa en Compostela porque "es una artista que, como sus seguidores saben perfectamente, elige con mucho cuidado los lugares de sus actuaciones".

En este octavo disco, Biophilia, la actriz y cantante desarrolla una temática en la que fusiona distintos campos como la ciencia, la ecología y las nuevas tecnologías en la búsqueda de los sonidos más vanguardistas. Los temas de Biophilia fueron compuestos en un Ipad, pero interpretados con instrumentos acústicos fabricados especialmente para Björk, los cuales van desde un órgano tubular que se controla digitalmente hasta un arpa en forma de péndulo xigante que aproveita a gravedad de la Tierra para crear patrones sonoros. Cada canción fue compuesta como una expresión de fenómenos como los ciclos lunares ('Moon'), la estructura atómica del cristal ('Crystalline'), o el movimiento de las placas tectónicas ('Mutual Core').

Nacida en el seno de una familia 'hippie', Björk grabó su primer disco a los once años, el cual fue disco de platino en Islandia. Su primera banda, en la que tocaba la batería, fue Spit and Snot, y tras ella llegarían Exodus, Tappi Tikarrass, Kukl o The Sugarcubes. Ya en 1993, Björk lanza su carrera como solista con el álbum 'Debut', que la sitúa como solista femenina alternativa. En 1995 publica su segundo disco, 'Post', en el que sigue con una línea tecno, e dos años después llega 'Telegram'. Tras su incursión en el cine de mano de Lars von Trier con 'Bailar en la oscuridad', Björk regresa a la escena musical en 2001 con 'Vespertine', álbum con letras íntimas y canciones extremadamente introvertidas. En agosto de 2004 salió a la luz el álbum 'Medúlla', innovando con la utilización na súa maioría por timbres e voces humanas. En mayo de 2007 presentó 'Volta', disco producido por la misma Björk con la contribución del produtor de rap y hip-hop Timbaland, quien coprodujo tres de las diez pistas que componen el álbum.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A artista islandesa Björk actuará na Cidade da Cultura de Galicia o próximo 22 de xuño. Coa actuación dunha das grandes referencias da música contemporánea dos últimos vinte anos, o complexo do Gaiás estrease como escenario de grandes concertos internacionais. Este será o primeiro concerto en España de Björk dentro da súa xira de 2012, na que presentará o seu último disco: Biophilia, considerado pola crítica como un dos seus traballos mais ambiciosos. Proximamente anunciarase a data na que sairán á venda as entradas.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, cualificou a Björk como “unha referencia da música contemporánea dos últimos vinte anos, alguén que con cada un dos seus traballos ten revolucionado o mapa sonoro do momento”. “Este actuación suporá ademais o estreo da Cidade da Cultura como escenario para artistas internacionais de primeiro nivel”, engadiu.

Roberto Varela mostrouse moi satisfeito de que a Björk abra a súa xira 2012 no Gaiás, “porque esta é unha persoa que ao longo da súa carreira representa moitos dos principios que se atopan no programa cultural da Cidade da Cultura, como a exploración de novos territorios musicais ou a figura dunha artista comprometida e con valores”. “Asemade, tamén é un privilexio porque esta é unha artista que, como os seus seguidores saben perfectamente, elixe con moito coidado os lugares das súas actuacións”, asegurou.

Segundo o titular de Cultura e Turismo, “o concerto de Björk enmárcase nunha programación cultural que pretende, por unha banda, abrir o Gaiás como espazo para a proxección dos artistas e creadores galegos, pero tamén como un lugar aberto ao mundo, onde os galegos podan gozar dos mellores artistas internacionais”.

Björk Gudmundsdottir (Reikiavik-Islandia, 1966) pertence a esa rara avis de artistas que supoñen un punto de referencia para compositores dos máis variados estilos. Durante toda a súa traxectoria, cada paso revolucionou o mapa sonoro do momento. A súa voz persoal, o seu carisma e unha personalidade abraiante levárona a vender máis de 15 millóns de discos e atesourar unha lexión de fans en todo o mundo.

O venres 22 de xuño na praza exterior da Cidade da Cultura, Björk creará toda unha experiencia sensorial para a presentación de Biophilia, unha ambiciosa obra conceptual que transcende o formato clásico. Neste oitavo disco, a artista desenvolve unha temática global na que fusiona distintos campos como a ciencia, a ecoloxía, as novas tecnoloxías, con instrumentos feitos a medida, sempre na procura dos sons máis vangardistas. O proxecto inspírase na exploración das relacións entre as estruturas musicais e os fenómenos naturais, dende o átomo ao cosmos, demostrando o seu amor pola vida cunha mensaxe optimista.

Os temas de Biophilia foron compostos nun Ipad, pero interpretados con instrumentos acústicos fabricados especialmente para Björk: dende un órgano tubular que se fai controlar dixitalmente ata unha arpa en forma de péndulo xigante que aproveita a gravidade da Terra para crear patróns sonoros. Cada canción foi composta como unha expresión de fenómenos tan complexos como os ciclos lunares (Moon), a estrutura atómica do cristal (Crystalline), o movemento das placas tectónicas (Mutual Core), o ADN (Hollow), a música das esferas (Cosmogony) ou os lóstregos (Thunderbolt). E, á súa vez, cada unha desas cancións explora un determinado elemento musical, como as secuencias, a notación musical ou a harmonía. Dez cancións intimistas, cálidas e sosegadas que crean unha cosmogonía coherente e coidadosamente pensada.

Nada no seo dunha familia hippie, o seu talento creativo emerxeu moi cedo: aos once anos gravou o seu primeiro álbum, Björk, que foi disco de platino en Islandia. A súa primeira banda, na que tocaba a batería, foi Spit and Snot, e tras ela virían Exodus, Tappi Tikarrass, Kukl ou The Sugarcubes. Xa en 1993, Björk lanza a súa carreira como solista como álbum Debut, que a coloca como a mellor solista feminina alternativa.

En 1995 publica o seu segundo disco, Post, seguindo cunha liña tecno, e dous anos despois Telegram, unha colección de remixes e Homogenic, a gran peza musical desa época. Tras unha pequena incursión no cine, Björk regresa á escena musical en 2001 con Vespertine, álbum con beats microscópicos, letras íntimas e cancións extremadamente introvertidas. Tras unha grande espera por parte dos seus fans, en agosto do 2004 sae á luz o álbum Medúlla, innovando coa utilización na súa maioría por timbres e voces humanas.

En maio de 2007 presentou Volta, disco enteiramente producido pola mesma Björk coa contribución do produtor de rap e hip-hop Timbaland, quen coproduciu tres das dez pistas que compoñen o álbum.
R.