Skip to main content

Carlos Núñez, María Pujalte y Quico Cadaval, entre los galardonados con los Premios da Cultura Galega 2011

La sesión de deliberación ha estado presidida por el conselleiro de Cultura, Roberto Varela, y ha contado con la participación del director xeral do Libro, Francisco Rodríguez; el presidente del Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; el presidente de la Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín; y representantes de las tres universidades gallegas y de la Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.

En su edición de 2011, los Premios da Cultura Galega reconocerán en el ámbito de las Letras al escritor lucense Arcadio López Casanova por su trayectoria; mientras que en el ámbito de las Artes Plásticas se premiará el trabajo creativo del escultor cambadés Manolo Paz. Asimismo, el dramaturgo Quico Cadaval recibirá el galardón de Artes Escénicas por su trabajo en favor del impulso del teatro gallego; y el gaitero Carlos Núñez recibirá el premio a la Promoción Cultural de Galicia por el impulso de la cultura gallega fuera de las fronteras de la Comunidad.

También la Fundación 'Aquae Querquennae' recibirá un premio, a las Iniciativas en Favor del Patrimonio Cultural, por su trabajo en el yacimiento 'Aquis Querquennis', situado en Bande (Ourense).

El Premio Cultura Galega de Música irá en esta ocasión para el compositor Rogelio Groba y en el caso del galardón a la Creación Audiovisual, recaerá en la actriz María Pujalte.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2011 determinou na reunión celebrada na Cidade da Cultura de Galicia os sete premiados que recibirán os galardóns en recoñecemento do traballo creativo da nosa comunidade e a súa expansión no exterior nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galicia, Música e Creación Audiovisual.

A sesión de deliberación estivo presidida polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e contou coa participación como vogais institucionais do director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López Rodríguez; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja Pérez; o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco Ramón Durán; o vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel José Fernández Iglesias, e o membro da Xunta de Goberno da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Ramón Yzquierdo Perrín. Como membros do xurado designados pola Consellería de Cultura e Turismo tamén participaron na xuntanza Miguel Fernández Cid, Natalia Lamas, Isabel Aguirre e Carmen Castro Pombo.

A relación de premiados é a seguinte:

- O escritor lucense Arcadio López Casanova é o galardoado co premio Cultura Galega das Letras en recoñecemento á súa traxectoria e á súa extensa produción en lingua galega e castelá.

- O escultor cambadés Manolo Paz recibe o premio Cultura Galega das artes Plásticas polo seu traballo creativo, a forza das súas creacións e pola nova mirada que fai sobre as tradicións.

- O premio Cultura Galega das Artes Escénicas recae no dramaturgo Quico Cadaval, en recoñecemento ao seu traballo en prol do impulso e constante actualización do teatro galego e á súa labor como director.

- A Fundación ‘Aquae Querquennae’ resulta distinguida co premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural, polo traballo desenvolvido no xacemento ‘Aquis Querquennis’, situado en Bande e que ten como finalidade a posta en valor dos recursos naturais, etnográficos e turísticos.

- O premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia recoñece a Carlos Núñez por ter feito da gaita un extraordinario instrumento para a expresión e difusión da cultura galega dentro e fora das fronteiras da comunidade autónoma.

- O compositor Rogelio Groba recibe o Premio Cultura Galega de Música pola súa extensa traxectoria e por ser un dos máis prolíficos compositores galegos e pola enorme relevancia do seu traballo compositivo.

- O premio Cultura Galega de Creación Audiovisual distingue á actriz María Pujalte en recoñecemento á súa importante carreira profesional desenvolvida no cine, na televisión e no teatro.

Con esta decisión, o xurado distingue a persoas e institucións que traballan nos distintos eidos da creación, da conservación e revalorización do patrimonio e da actualización e difusión do noso capital intelectual. O premio consistirá nunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por un artista galego de recoñecido prestixio.

Coa convocatoria dos Premios da Cultura Galega 2011, a Consellería de Cultura e Turismo pretende distinguir as persoas e institucións que traballan nos distintos eidos da creación, da conservación e revalorización do patrimonio e da actualización e difusión deste capital intelectual, na propia comunidade ou para o mundo.

Fotografía 2: Xunta de Galicia
R.