Skip to main content

Copito de Nieve llega a los cines intentando consolidar a Galicia como un referente en el campo de la animación

Así lo ha asegurado el conselleiro de Cultura, Roberto Varela, durante su participación en la presentación en Santiago de este film, que cuenta con apoyo de la Xunta de Galicia a través de la Cidade da Cultura -que tiene una aparición "sorpresa" en la cinta- y de la Axencia Galega das Industrias Culturais. Durante su intervención, Roberto Varela ha asegurado que 'Copito de Nieve' será "uno de los acontecimientos cinematográficos de la Navidad en España", que "acercará" la figura del gorila albino a los más jóvenes y transmitirá "un mensaje de tolerancia y respeto a las personas que son diferentes".

Una de las complejidades de la película ha sido precisamente la mezcla de imagen real con animación, un elemento que consolida a Galicia como referente dado que la mayor parte de la animación -que ha llevado un año- se ha realizado en los estudios de Filmax en A Coruña, donde han participado un centenar de profesionales del sector. Aunque la película fue grabada durante ocho meses como un film convencional, posteriormente se incluyeron más de 1.000 planos que combinan imágenes generadas por ordenador, en lo que, según ha explicado su director, Andrés G. Schaer, es un "trabajo muy laborioso".

http://www.copitodenievelapelicula.com/
Unos 200 cines de toda España recibirán a Copito de Nieve, una película que contará, además de la versión en castellano, con versiones en euskera, catalán y gallego -con cinco copias-. Asimismo, la cantante Gisella, que es la encargada de ponerle voz a los temas de la película, interpreta los temas en gallego y catalán en sus respectivas copias.

La película 'Copito de Nieve' se inicia cuando el único gorila blanco del mundo llega al Zoo de Barcelona. Su color hace que acapare todas las miradas y aplausos de los visitantes, pero también provoca el rechazo de sus nuevos compañeros gorilas. Cuando 'Copito' descubre que la famosa 'Bruja del norte' está de paso en la ciudad, decide ir en su búsqueda para que le de una poción que lo convierta en gorila negro. Sin embargo, 'Copito' no sabe que fuera espera Luc de Sac, un gafe malvado que quiere atraparlo, porque sólo el corazón de un gorila blanco puede acabar con su mala suerte.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asistiu na Cidade da Cultura de Galicia á presentación estrea da película de Filmax baseada no popular e emblemático gorila albino Copito de nieve, único no mundo. O filme, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, está coproducido por Muf Animation e Utopia Global, coa participación de Televisión Española e Producción Asociada de Televisió de Catalunya, Ayuntamiento de Barcelona (a través de Barcelona de Serveis Municipals- Zoo de Barcelona) e o ICIC (Institut de les Indústries Culturals). A estrea oficial da película en cines terá lugar mañá 23 de decembro.

No acto, o conselleiro estivo acompañado polo presidente de Filmax, Julio Fernández; polo director do filme, Andrés G. Schaer, e pola cantante Gisela. Asistiron ademais o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Juan Carlos F. Fasero, e a directora da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño. Na súa intervención, o conselleiro de Cultura e Turismo felicitou ao equipo de Filmax pola película que, segundo asegurou, “estou convencido de que será un dos acontecementos cinematográficos do Nadal en España”. Roberto Varela subliñou que o filme “contribúe a divulgar unha mensaxe de tolerancia e de respecto pola diferenza e a diversidade”.

O conselleiro definiu a Copito de nieve como unha película “tecnicamente brillante”, na que “o reto máis complicado e laborioso que enfrontaba a produción era a mestura de imaxe real con animación”. “Na mestría desa integración reside a súa meirande virtude”, engadiu. O titular de Cultura e Turismo celebrou “a calidade do traballo de animación, realizado en gran parte nos estudos de Filmax en Galicia e levado a cabo por profesionais da nosa terra”. Roberto Varela amosouse convencido de que Copito de nieve “vén a confirmar de novo a posición de referencia de Galicia entre os centros de animación máis sobranceiros de toda Europa”.

O conselleiro gabou o traballo de Filmax e mostroulle o seu “agradecemento polos máis de dez anos que levan traballando no desenvolvemento da industria audiovisual de Galicia e na formación de extraordinarios profesionais de animación”. Roberto Varela rematou a súa intervención “convidando aos galegos a gozar da historia do máis famoso gorila albino, contada por Filmax e animada en Galicia”.

A premiere da película Copito de nieve tivo lugar ás 19,00 horas nos cines Filmax de A Coruña. A proxección do filme nos cines Filmax de Galicia e Cataluña contará ademais cun pase previo dun spot promocional na Cidade da Cultura de Galicia, protagonizado por Copito de Nieve e o seu compañeiro Ailur.

Copito de Nieve, o único gorila branco do mundo, chega ao Zoo de Barcelona. A súa cor fai que acapare todas as miradas e aplausos dos visitantes, pero tamén provoca o rexeite dos seus novos compañeiros gorilas, que non o aceptan como un dos seus. Cando Copito descubre que a famosa Bruxa do Norte está de paso na cidade, decide ir na súa busca para que lle dea unha poción que o converta nun gorila negro, normal e corrente. Pero o que non sabe Copito é que fóra agarda Luc de Sac, un gafe malvado que quere atrapalo a toda costa, porque só o corazón dun gorila branco pode acabar coa súa mala sorte. Para facerlle fronte, Copito non estará só. O panda vermello, Ailur e a pequena Paula serán os seus amigos inseparables nesta fantástica aventura.

Dirixida por Andrés G. Schaer (‘Pérez, el ratoncito de tus sueños, 2’), e interpretada por Pere Ponce, Elsa Pataky e os pequenos Clàudia Abate e Joan Sullà. Copito de nieve é unha película para toda a familia, unha aventura para os máis pequenos da casa. Para pór voz aos personaxes animados, contouse con Constantino Romero (Ron) e Manel Fuentes (Ailur), entre outros. A cantante Gisela escribiu e interpretou as dúas cancións orixinais da película, ‘Debuxemos un lugar mellor’ e ‘Defende a túa cor’. Albert Val e Amèlia Mora foron os encargados do guión.
R.