Skip to main content

Un programa de visitas guiadas por magos recorre el Museo de Galicia de la CdC hasta el 4 de enero de 2012

La actividad, que se realiza en dos turnos diarios -a las 12.00 y a las 18.00 horas- cuenta con la participación de cuatro magos que se encargan de guiar a las familias asistentes por este edificio, que todavía no ha sido abierto al público. Uno de los encargados de guiar las visitas, el mago Martín, ha indicado que la actividad se desarrollará "en un entorno mágico y con una compañía mágica". "El guía será un ilusionista que en lugar de hacer una simple descripción del edificio hará la visita más animada", ha destacado.

Martín ha resaltado, también, que las visitas duran una hora y que, además de mostrar el interior del edificio, pretenden "animar a todo el mundo" a acudir al complejo una vez sea inaugurado. La Consellería de Turismo e Cultura estima que la actividad contará con la participación total de 500 personas. Asimismo, el departamento de Roberto Varela ha calificado el interés del público por el programa de "excepcional" ya que, según ha comunicado, el conjunto de las plazas ofertadas ya fue cubierto en los cinco primeros días.

Al final de cada visita los participantes podrán retratarse y convertir su fotografía en una postal digital que podrá ser enviada desde la página www.cidadedacultura.org.

Además del programa de 'Visitas Máxicas ao Museo de Galicia', la Cidade da Cultura ha organizado otras actividades para esta Navidad. Este es el caso de los talleres 'Xoguetes Sonoros', donde niños a partir de seis años aprenderán a elaborar instrumentos vinculados a la cultura popular de Galicia. Esta actividad dará comienzo este martes y, según informa la consellería, también tiene todas las plazas agotadas.

El 3 de enero tendrá lugar el concierto solidario 'Cancións por regalos' que contará con la participación de bandas pop-indie del panorama estatal y que tendrá lugar en la Biblioteca de Galicia a partir de las 18.00 horas. El precio de la entrada será un regalo, que será entregado a menores sin recursos el día de Reyes.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Cidade da Cultura puxo en marcha o Programa de Visitas Máxicas ao Museo de Galicia, nas que nenos e maiores puideron descubrir un dos edificios máis abraiantes do complexo Gaiás da man de magos e ilusionistas. Á primeira destas visitas asistiu o director de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura, Ignacio Santos Cidrás, que enmarcou a actividade na oferta deseñada para que as familias galegas poidan gozar dun tempo xuntos neste Nadal.

Maxia, xogos e música serán do 26 de decembro ao 4 de xaneiro os protagonistas da programación da Cidade da Cultura, con actuacións de balde coas que poderán gozar tanto grandes coma pequenos e coas que a Fundación Cidade da Cultura de Galicia quere desexarlles un Bo Nadal. Mañá 27 de decembro comezan os obradoiros “Xoguetes Sonoros”, onde os rapaces aprenderán a fabricar e tocar instrumentos musicais tradicionais, e ademais, o 3 de xaneiro terá lugar o gran concerto solidario “Cancións por regalos” con cinco bandas de pop e no que para conseguir unha entrada só haberá que levar un agasallo para un neno.

No programa de Visitas Máxicas ao Museo de Galicia participarán un total de 500 persoas. A resposta do público foi excepcional e todas as prazas ofertadas para esta actividade de balde cubríronse nos cinco primeiros días. As visitas terán dende hoxe ata o 4 de xaneiro (coa excepción do 31 e do 1) en dúas quendas: 12:00 e 18:00 horas.

Ao rematar a visita, os participantes terán a oportunidade de converterse en protagonistas da súa propia postal de Nadal, retratándose nun decorado deseñado pola Cidade da Cultura para a ocasión. A fotografía será subida despois á web www.cidadedacultura.org, onde poderá transformarse en postal dixital á que será posible engadirlle un texto co que felicitar estas festas dunha forma orixinal.

Ademais das visitas, a oferta de actividades da Cidade da Cultura para este Nadal inclúe a celebración dos obradoiros “Xoguetes Sonoros”, onde nenos a partir de seis anos aprenderán a confeccionar e tocar sinxelos instrumentos moi vencellados á cultura popular galega. A actividade, que arranca mañá con todas as prazas esgotadas, desenvolverase durante tres sesións dunha hora cada unha e en dúas quendas: 11:00 e 13:00 horas.

Mehnai, La Familia, Jane Joyd, Alondra Bentley e Abraham Boba: o 2012 comezará no Gaiás con música da man de cinco das mellores bandas pop-indie do panorama nacional reunidas no concerto solidario “Cancións por regalos”, que terá lugar o 3 de xaneiro na Biblioteca de Galicia a partir das 18:00 horas.

Os grupos adaptarán o seu repertorio a un formato máis íntimo e destinado ao público familiar nun festa moi especial onde o prezo da entrada será un regalo. Cada participante elixe o que é máis axeitado: dende un xoguete novo ou usado, sempre que estea en boas condicións, ata roupa, libros… e a ONG Iniciativa Social Berce encargarase de repartilos entre os que máis o precisen durante estas datas. Un proxecto redondo no que todos gañan: o público levará para casa unhas cantas cancións para o recordo e algún pequeño terá unha agradable sorpresa o Día de Reis.
R.